Xesús Corredoyra

pintor español

Xesús Rodríguez Corredoira de Castro (asinaba artisticamente Xesús Corredoyra), nado en Lugo en 1889 e finado en Portela de Roxos, Santiago de Compostela a principios de decembro de 1939,[1] foi un destacado pintor retratista galego.

Infotaula de personaXesús Corredoyra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1889 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMercedes Bahaamonde
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende mozo destacaron as súas habilidades nas artes plásticas, polo que recibiu unha bolsa da Deputación de Lugo en 1903 para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde entrou en contacto cos obradoiros de artistas como Joaquín Sorolla, Cecilio Plá ou Ignacio Zuloaga. Participou nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1908 e 1910, e noutras diversas exposicións nacionais e internacionais. Entre 1910 e 1916 a súa obra foi marcada por un intenso sentimento relixioso, época na que comezou a traballar con grandes lenzos, poboados de figuras humanas que miran directamente ao espectador.

 
Con Alejandro Padilla, embaixador de España nos EEUU, en marzo de 1927.

En 1915 contraeu matrimonio con Mercedes Bahaamonde e instalouse na Coruña. Pouco despois trasladáronse á aldea de Portela, en Santiago de Compostela, onde tivo moito éxito entre o clero e a burguesía. En 1917 foi galardoado coa Segunda Medalla na Exposición Nacional pola obra Schola Cantorum Compostellanae.[2] A popularidade do artista chegou ata a outra beira do océano Atlántico polo que entre 1922 e 1928 viaxou por América, realizando numerosos retratos. A súa obra foi exposta en cidades como Montevideo, Santiago de Chile, Buenos Aires, A Habana, Washington ou Nova York.

Enfermo de gota, volveu a Galicia no ano 1929. Entre 1934 e 1935 preparou dúas exposicións en Madrid e París que non chegaron a realizarse polo estalido da Guerra Civil. Morreu en 1939, ao final da contenda.

Obra editar

Xesús Corredoyra foi considerado por moitos dos seus coetáneos o iniciador da escola pictórica galega. Outorgou á súa obra un carácter espiritualizante e simbólico ata entón nunca visto na pintura galega. Rexeitou o costumismo, tan estendido entre os artistas da época, para destacar os compoñentes anímicos dos personaxes, as cores apagadas e as formas elegantemente estilizadas —en ocasións incluso deformadas— para crear unha atmosfera triste, apagada e espiritual, case onírica. Foi tamén un gran retratista, cun estilo moi característico marcado polo escuro cromatismo e o ambiente propio do seu estilo.

Teñen obras súas, entre outras institucións, o Museo Provincial de Lugo (31 obras),[3] o Museo de Belas Artes da Coruña,[4] o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, a Colección Afundación,[5] o Museo Provincial de Pontevedra, a Colección BBVA,[6] o Concello de Santiago de Compostela, o Musée Goya de Castres e o castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar