Historia do alfabeto grego

O alfabeto grego é, na historia o primeiro alfabeto utilizado para escribir unha lingua indoeuropea. Non é unha creación ex nihilo pois deriva dos alfabetos empregados na costa de Fenicia, o alfabeto fenicio. Foi o primeiro alfabeto en notar as vogais, unha necesidade para a transcrición dos idiomas indoeuropeos. Este alfabeto foi evolucionando ao longo do tempo e é a orixe de numerosos alfabetos ulteriores.

Convén notar que o alfabeto grego non é o único sistema de escritura empregado polos gregos; en efecto, moitos séculos antes da adaptación do alfabeto fenicio, tomaron adaptaron o sistema de escritura dos minoicos (o lineal A), creando o lineal B.

Mitos e lendas gregas sobre a orixe do alfabeto editar

A Grecia Antiga, nos seus escritos, deixounos o testemuño das súas crenzas sobre a orixe da súa escritura.

«<Preto enviou a Belerofonte a Licia>, e facendo mortíferas sinais nunha taboíña que se dobraba, entregoulle os perniciosos signos coa orde de llos amosar ao seu sogro, para que fosen a súa perdición
  • Hecateo de Mileto, un logógrafo (cronista) de metade do século -VI, atribúe a invención da escritura grega a Dánao.
  • Heródoto, a finais do século -V, afirma que a escritura grega foi adaptada dos fenicios. Afirmaba que este préstamo se realizara por intermedio dunha colonia fenicia que se instalara en Beocia. Os gregos utilizaban o termo phoinikeia, as cousas fenicias, para designaren o seu alfabeto.

Orixe do alfabeto grego editar

As investigacións históricas confirman a tese da orixe fenicia do alfabeto grego, aínda que refugando a hipótese dunha colonia fenicia en Grecia.

A pesar de modificalas formalmente, os gregos conservaron as palabras que designaban as letras fenicias. Así, o A fenicio, que representaba un boi, era chamado aleph por estes. O <A> grego, a pesar de ter cambiado na súa transcrición, chámase alpha, cousa que indica a súa orixe, pois alpha non significaba nada en particular en grego. A maioría dos nomes de letras gregas pódense explicar dun xeito semellante. A perda do senso do nome acentuou ademais a propia modificación do nome.

Outro indicio é a orde das letras que se conservou entre o alfabeto fenicio e o alfabeto grego.

Os diferentes dialectos gregos utilizaban menos consoantes que o fenicio; pola contra, a transcrición das vogais era necesaria para transcribir eficazmente as linguas indoeuropeas. Ademais, os gregos modificaron o sentido fonético dalgunhas letras. Engadiron tamén algúns símbolos novos, como o ípsilon, phi, khi e psi: situáronos ao final do alfabeto (é dicir, tras o tau).

Os alfabetos arcaicos utilizados en Grecia presentaban variantes, ata tal punto que o senso da escritura non era fixo (de dereita a esquerda, de esquerda a dereita e ás veces mesmo en bustrófedon); porén algúns trazos comúns (o mesmo erro de denominación de certos nomes de letras en relación ao termo orixinal, por exemplo) indica que a importación no mundo grego foi un fenómeno único. Grazas ao estudo dos alfabetos locais é posíbel emitir hipóteses acerca do lugar onde tivo lugar este intercambio cultural.

Estes alfabetos locais poden dividirse en dous grupos, denominados a miúdo azul e vermello. Nestes dous grupos, as letras utilizadas para transcribir os sons /ps/, /kh/ e /ks/ son diferentes. Nos alfabetos azuis, /ks/ transcríbese co símbolo xi, /kh/ con khi e /ps/ con psi; nos alfabetos vermellos pola contra, /ks/ transcríbese con khi, /kh/ con psi e /ps/ non se representa cun signo illado, senón ben con phi-sigma, ben con pi-sigma, en función da pronunciación.

Con axuda destas variantes, e dalgunhas outras, dámonos conta de que os alfabetos arcaicos forman grupos e debuxan as rutas comerciais do mar Exeo.

Destes estudos resulta que o préstamo do alfabeto do fenicio tería acontecido ao norte da actual Siria e que, seguindo as rutas comerciais da época, o alfabeto se estendeu a través do mundo grego, empezando pola Eubea e Atenas.

Evolucións na época clásica editar

Entre os alfabetos arcaicos, a variante xónica foi a que se impuxo no mundo grego. No -403 o seu uso volveuse obrigatorio en Atenas para os documentos oficiais. Nesta época, o alfabeto xónico xa evolucionara e utilizaba letras diferentes para transcribir os /e/ e /o/ longos e breves. O alfabeto xónico continuou a evolucionar pola súa banda, volvéndose entre outros bicameral. Malia terse convertido en universal no mundo grego, subsistiron pequenas variantes gráficas durante toda a Antigüidade.

Alfabetos derivados do alfabeto grego editar

O alfabeto etrusco, utilizado desde o século -VII, do que xurdirá máis adiante o alfabeto latino, é un derivado do grego, vía as colonias da Magna Grecia. Convén facer notar que o alfabeto utilizado nesas colonias non era o alfabeto xónico, senón o alfabeto empregado en Eubea. Así a escritura etrusca deriva non do alfabeto grego moderno, senón dun alfabeto arcaico.

O alfabeto gótico, inventado probabelmente polo bispo ariano Wulfila é unha adaptación do alfabeto grego na súa grafía uncial.

Os coptos de Exipto servíronse do alfabeto grego, ao que engadiron algúns caracteres adaptados do demótico, para escribir a súa lingua: é o alfabeto copto.

No século IX, un discípulo de San Cirilo adaptou este mesmo alfabeto grego, sempre na grafía uncial, para transcribir o antigo eslavo; nacera o alfabeto cirílico.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar