Ulfilas

(Redirixido desde "Wulfila")

Ulfilas (en gótico Wulfila: pequeno lobo), nado cara o 311 e finado cara o 383, foi un bispo, misioneiro e tradutor da biblia godo, que viviu no auxe da controversia ariana. Era de orixe grega, máis concretamente capadocia.

Ulfilas
Bischof Ulfilas erklärt den Goten das Evangelium.jpg
Nacementoc. 310
Falecementoc. 383
 Constantinopla
Nacionalidadevalor descoñecido
RelixiónAcacianismo
Ocupaciónmisioneiro, sacerdote, tradutor, tradutor da Biblia e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus avós, capadocios helenizados, foron vítimas dos ataques godos en Asia Menor na fin do século III a.n.e. e Ulfilas naceu no seu reino, na beira do Mar Negro. Ademais de aprender a lingua dos seus donos desde a máis tenra infancia, falaba tamén o grego, que aprendeu a escribir ao estar destinado probablemente á carreira eclesiástica.

O seu talento valeulle ser embaixador en favor do seu pobo adoptivo ante o Imperio romano de Oriente. Alí entrou en contacto co bispo ariano Eusebio de Nicomedia, que o consagrou bispo o ano 341. Co fin de evanxelizar os godos, dedicouse a traducir a Biblia á lingua gótica, coa axuda dun alfabeto que inventou para tal fin. Convertido en apóstolo dese pobo bárbaro, dirixiuse a Constantinopla en moitas ocasións, especialmente a un concilio sobre o arianismo, en 360, e en 383 para defender o Arianismo contra o emperador Teodosio I.

 
O alfabeto gótico de Ulfilas (s. IV).

Morreu pouco despois.

O seu arianismoEditar

Ignórase precisamente as circunstancias da conversión de Ulfilas ao arianismo: esta herexía era a relixión dominante baixo o emperador Constancio II. En calquera caso, Ulfilas mostrouse un ariano fiel ata a fin da súa vida e foi baixo a súa influencia cando os godos, e logo outros pobos xermánicos orientais adoptaron esta versión do cristianismo. A el débese, aínda que indirectamente, o rexurdimento do arianismo en Occidente nos séculos VII e VIII, por medio dos godos, dos vándalos e dos burgundios, e finalmente dos longobardos.

A biblia de UlfilasEditar

 
Codex Argenteus, ode se conserva a súa tradución da Biblia.

A tradución da Biblia que el fixo consérvase ata hoxe e constitúe un dos documentos dos que dispomos para o coñecemento da lingua gótica.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar