Grande Esfinxe de Gizeh

(Redirección desde «Grande Esfinxe de Giza»)

Coordenadas: 29°58′31″N 31°08′16″L / 29.97528, -31.13778

A Grande Esfinxe de Gizeh (árabe: أبو الهول Abū al-Haul, literalmente: Pai do Terror), comunmente coñecida como a Esfinxe de Gizeh ou simplemente a Esfinxe, é unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano.[1] Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén.[2]

Grande Esfinxe de Gizeh
Grande Esfinxe de Gizeh
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísExipto Exipto
LocalizaciónGizeh, Exipto Exipto
TipoCultural
Criteriosi, iii, vi
Inscrición1979
Rexión da UNESCOEstados Árabes
Identificador86

Esculpida sobre o substrato, a forma orixinal da esfinxe foi restaurada con capas de bloques.[3] A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde a farpa ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas.[4] É o monumento escultórico máis antigo de Exipto e crese que foi construído polos antigos exipcios do Reino Antigo durante o reinado do faraón Quefrén (arredor dos anos 2558-2532 a.C.).[5]

Orixes e identidade editar

 
A Grande Esfinxe parcialmente enterrada na década de 1870
 
Auguste Mariette (sentado á esquerda) e o emperador Pedro II do Brasil (sentado á dereita) xunto a outros fronte a Esfinxe, 1871
 
A Grande Esfinxe parcialmente escavada, cara 1878.
 
A Grande Esfinxe cara 1880, por Beniamino Facchinelli.
 
A Grande Esfinxe fronte a Pirámide de Quefrén, 2005.

A Grande Esfinxe é unha das máis grandes e antigas estatuas do mundo. Porén aspectos básicos sobre ela aínda son obxecto de debate, como a data da súa construción, os autores e o seu propósito.

Nomes da Esfinxe editar

Resulta imposible identificar o nome co que os construtores nomearon a estatua, xa que a Esfinxe non aparece en ningún escrito do Reino Antigo e non hai inscricións que describan a súa construción ou o seu uso orixinal. Durante o Reino Novo, a Esfinxe foi chamada Hor-em-akhet e o faraón Tutmosis IV (1401-1391 ou 1397-1388 a.C.) referiuse especificamente a ela na súa Estela do soño.

O nome habitualmente utilizado Esfinxe comezou a utilizarse na antigüidade clásica, aproximadamente 2000 anos despois da data aceptada da súa construción, facendo referencia á besta mitolóxica grega con corpo de león, cabeza de muller e ás de aguia. Porén, como moitas outras esfinxes exipcias, a de Gizeh ten rostro masculino e non ten ás.[6]

Os escritores árabes medievais, incluíndo a al-Maqrīzī, chamaron á esfinxe balhib e bilhaw, o que suxire unha influencia copta.

Construción editar

Aínda que houbo varias probas e varios puntos de vista enfrontados ao longo dos anos, a postura que mantén a exiptoloxía moderna é que a Grande Esfinxe foi construída arredor do ano 2500 a.C. polo faraón Quefrén, o construtor da segunda pirámide de Gizeh.[7]

Selim Hassan, escribiu en 1949 durante as escavacións do recinto da esfinxe, resumindo o problema:

Taking all things into consideration, it seems that we must give the credit of erecting this, the world's most wonderful statue, to Khafre, but always with this reservation: that there is not one single contemporary inscription which connects the Sphinx with Khafre; so, sound as it may appear, we must treat the evidence as circumstantial, until such time as a lucky turn of the spade of the excavator will reveal to the world a definite reference to the erection of the Sphinx.
Tendo en conta todas as cousas, parece que debemos dar crédito da construción disto, a estatua máis marabillosa do mundo, a Quefrén; por tanto, soe como soe, debemos tratar a evidencia como circunstancial, ata que nalgún momento un afortunado xiro das escavacións revelen ao mundo a referencia definitiva da erección da Esfinxe.
Selim Hassan.[8]

A evidencia circunstancial mencionada por Hassan inclúe a localización da esfinxe no contexto dun complexo funerario arredor da segunda pirámide, que está tradicionalmente relacionada con Quefrén.[9] Ademais da calzada, a pirámide e a esfinxe, o complexo tamén inclúe o templo da esfinxe e o templo do val, no que ambos mostran un deseño similar nas súas estancias interiores. O templo da esfinxe foi construído utilizando bloques cortados no recinto da esfinxe, mentres que os do templo do val, foron extraídos, pesando algúns deles ata 100 toneladas.[10]

Unha estatua de diorita do faraón Quefrén, descuberta enterrada boca abaixo, xunto a outros cascallos no templo do val, utilizouse como apoio á teoría de Quefrén.

A Estela do Soño, erixida moito despois polo faraón Tutmose IV (1401-1391 ou 1397-1388 a.C.), asocia á esfinxe con Quefrén. Cando a estela foi descuberta, as súas liñas de texto estaban xa danadas e incompletas, e só referíanse a Khaf, e non Quefrén. Un fragmento foi traducido:

que traemos para el: oxen ... e todos os novos vexetais; e debemos abalar a Wenofer ... Khaf ... a estatua feita para Atón-Hor-em-Akhet.[11]

O exiptólogo Thomas Young, atopou o xerográfico Khaf nun cartucho danado empregado para rodear un nome real, inserido no glifo ra para completar o nome de Quefrén. Cando a estela foi re-escavada en 1925, as liñas de texto referidas a Khaf danáronse e quedaron destruídas.

Descrición editar

A Grande Esfinxe de Gizeh representa un ser híbrido metade león metade ser humano que se presenta como nunha divindade. Deste xeito, alúdese á forza do animal depredador máis poderoso e a intelixencia do ser humano. Na esfinxe materializada, a forza animal cálmase dominada pola intelixencia humana, repousando en actitude maxestática, a modo de divindade. A pedra da que está feita é calcaria.

Cabeza editar

A cabeza da Grande Esfinxe de Gizeh posúe unhas dimensións de, aproximadamente, 5,20 m de alto e 4,20 de anchura. Isto perfílaa como un volume de dimensións case cadradas e de tendencia grosa. Como toucado, a esfinxe leva a forma máis antiga, completamente plisada, do Nemes, que é o mesmo que se pode ver no fragmento da cabeza dunha estatua de Queops que se conserva no Museo Metropolitano de Nova York. A estatua posúe un uraeus na altura da fronte que arranca do bordo inferior do pano que lle cobre a cabeza e que se caracteriza por ser moi plástica. Amósanse detalles naturalista no pescozo e nas escamas da serpe. Tamén posúe unhas cellas moi marcadas, vigorosas, arqueadas cara a arriba e descendentes nas tempas. Os ollos son grandes, moi abertos e afundidos. As orellas son moi grosas e están pregadas cara a adiante. A esfinxe carece de barba no queixo.

Nariz e barba editar

 
Fragmentos da barba da esfinxe, conservados no Museo Británico.[12]

O nariz, dun metro de ancho, está perdido. Segundo os exames realizados ao rostro da esfinxe, descubriuse que unhas longas barras ou ciceis foron cravadas no nariz, unhas desde a parte do óso nasal e outras desde os orificios.[13]

O historiador árabe al-Maqrīzī, atribuíu a perda do nariz ao iconoclasta Muhammad Sa'im al-Dahr-a, tras descubrir a algúns campesiños facendo ofrendas á esfinxe en 1378 para aumentar os seus cultivos. Enfurecido, destruíu o nariz, e foi máis tarde executado por vandalismo.[14] Al-Maqrīzī describiu á esfinxe como o talismán do Nilo do cal os campesiños locais pensaban que dependía o ciclo de inundacións.[15]

Hai unha lenda que afirma que o nariz quedou destruído tras recibir un disparo de canón por parte dos soldados do exército francés de Napoleón.[16] Outras versións afirman que foron as tropas británicas ou os mamelucos. Varias imaxes da esfinxe realizadas por Frederic Louis Norden, en 1738 e publicadas en 1757, mostran xa a esfinxe sen o seu nariz.[17]

Ademais da perda do nariz, tamén falta a barba cerimonial do faraón, que segundo se cre estaba pegada. Porén, esta puido ser engadida posteriormente en períodos posteriores ao da súa construción orixinal. O exiptólogo Vassil Dobrev suxeriu que de ser a barba unha peza orixinal da esfinxe, danaría o queixo da estatua antes de caer.[18] A falta de restos visibles de danos apoian a teoría de que a barba foi incluída posteriormente.

Quedan residuos dun pigmento vermello aínda visibles en varias partes do rostro da esfinxe. Tamén se atoparon trazas de pigmentos amarelos e azuis noutras partes da estatua, os cales levaron a que Mark Lehner suxerise que o monumento estivo decorado con belas cores de cómic.[19]

Notas editar

  1. "The Great Sphinx of Giza". Ancient History Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  2. "Pyramids of Giza - New World Encyclopedia". www.newworldencyclopedia.org. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  3. "Saving the Sphinx — NOVA | PBS". www.pbs.org. Consultado o 2016-12-07. 
  4. Rigano, Charles (2014). Pyramids of the Giza Plateau. p. 148. 
  5. Dunford, Jane; Fletcher, Joann; French, Carole (ed., 2007). Egypt: Eyewitness Travel Guide Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. Londres: Dorling Kindersley, 2007. ISBN 978-0-7566-2875-8.
  6. "sphinx | mythology". Encyclopædia Britannica. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  7. "Sphinx Project: Why Sequence is Important". 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  8. Hassan, Selim (1949). The Sphinx: Its history in the light of recent excavations. Cairo: Government Press, 1949.
  9. Lehner, Mark (Spring 2002). "Giza As Is:Unfinished Business Reveals the Human Hand" Arquivado 12 de novembro de 2020 en Wayback Machine. in Aeragram, 5:2 (Spring 2002), 10–14. Consultado o 23 de decembro de 2008.
  10. "Sphinx - Khafre's Giza Monuments as a Unit - Mark Lehner - Ancient Egypt Research Associates". www.aeraweb.org. Consultado o 23 de outubro 2017. 
  11. Colavito, Jason (2001). "Who Built the Sphinx?" at Lost Civilizations Discovered. Consultado o 19 de decembro de 2008.
  12. "British Museum - Fragment of the beard of the Great Sphinx". britishmuseum.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  13. Lehner, Mark (1997). Thames & Hudson, ed. The Complete Pyramids. p. 41. ISBN 0-500-05084-8. 
  14. napoleon-series.org (ed.). "Faq#11: Who shot off the nose of the Sphinx?". Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  15. Joseph E Lowry; Shawkat M Toorawa; Everett K Rowson (2017). Boston Brill, ed. Arabic Humanities, Islamic Thought: Essays in Honor of Everett K. Rowson. p. 263. ISBN 9789004343245. OCLC 992515269. Consultado o 11 de outubro de 2017. 
  16. "What happened to the Sphinx's nose?". Smithsonian journeys (en inglés). 8 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  17. "F.L. Norden. Travels in Egypt and Nubia, 1757. Plate 47, Profil de la tête colossale du Sphinx". Brooklyn Museum. Consultado o 24 de xaneiro 2014. 
  18. Fleming, Nic (2004-12-14). "I have solved riddle of the Sphinx, says Frenchman" in The Daily Telegraph. Actualizado 14 de decembro de 2004. Consultado 28 de xuño de 2005.
  19. Evan Hadingham (febreiro de 2010). "Uncovering Secrets of the Sphinx". Smithsonian Magazine. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Schulz, R. e Seidel, M. (2004) Egipto. El mundo de los faraones. Colonia (Alemaña): Ed. Könemann. (en castelán)

Outros artigos editar