Georgina Orellano

prostituta, feminista e activista arxentina polos dereitos das traballadoras sexuais

Georgina Orellano, nada en Morón, Bos Aires o 28 de xullo de 1986[1][2][3] é unha prostituta, feminista e activista arxentina polos dereitos das traballadoras sexuais.[4] É a Secretaria Xeral Nacional da Asociación de Mulleres Meretrices da Arxentina (AMMAR) (en español, Asociación de Mujeres Meretrices de Argentina) desde marzo de 2014.[5]

Infotaula de personaGeorgina Orellano
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Morón, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprostituta , activista polos dereitos das mulleres , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -

Traxectoria laboral e sindical editar

Comezos na prostitución e en AMMAR editar

Georgina Orellano procede dunha familia peronista da clase traballadora.[1][5] Se ben naceu en Morón, pasou a súa infancia en Presidente Derqui.[6] Comezou a exercer a prostitución con 19 anos, cando, traballando como aia dos fillos dunha prostituta, a súa empregadora propúxolle acompañala para atender a un cliente.[7][8] Deixou de exercer ó se converter en nai, pero tornaría a traballar esporádicamente desde os 23, reincorporándose de novo á prostitución a tempo completo desde os 25.[8][9][10] No momento de volver a exercer, comezou a relacionarse máis coas súas compañeiras, decatándose de que moitas compartían problemas similares, concernentes á súa condición de nais solteiras, ao pago de facturas, ou á dupla vida que debían de levar como prostitutas, entre outros.[10]

Orellano comezou a militar en AMMAR no ano 2010.[5] Ese mesmo ano, un cliente abusivo, presidente dunha comunidade de veciños, empezou a exercer presión para botar ás prostitutas do barrio no que Orellano traballaba. Dado que nese momento as prostitutas do lugar víanse obrigadas a subornar aos policías da zona con parte dos seus ingresos para que as deixasen traballar libremente, non lles tivo sentido tratar de demandar ao cliente; sendo, ademais, que moitas traballadoras temían que a súa condición de prostitutas chegase a ser pública, con todo o estigma social que iso implicaría.[10][11]

Nese momento, Orellano e as súas compañeiras recurriron a AMMAR.[10] Até entón, Orellano participaba esporádicamente nalgunhas das charlas que AMMAR brindaba no seu lugar de traballo. Foi nunha desas charlas cando Orellano e as súas compañeiras expuxeron o seu problema ás voluntarias da organización. Estas denunciaron tanto a discriminación dos veciños como a violencia que o presidente da comunidade exercía como cliente, e explicáronlles que ninguén tiña dereito a facelas abandonar o espazo público, ou a obrigalas a deixar de traballar. O problema resolveuse, e Orellano comezou a traballar nas actividades que AMMAR organizaba na se local da Central de Traballadores da Arxentina (conglomerado de sindicatos ao que AMMAR está afiliada), iniciando de xeito efectivo a súa militancia.[5][10]

Pouco despois, o mesmo ano, houbo eleccións sindicais na zona na que ela traballaba, e Orellano foi elixida polas súas compañeiras como delegada sindical.[5] Sería convidada ao Encontro Nacional de Mulleres dese ano en Paraná, onde tería o seu primeiro encontro co feminismo e comezaría a formarse no tema.[5] Ao ano seguinte, no 2011, converteríase, primeiro na tesoureira da filial de AMMAR na súa zona e, posteriormente, na tesoureira nacional a finais dese ano. Converteríase na Secretaria Xeral de AMMAR, cargo que ostenta até o día de hoxe, en marzo do 2014, tras unhas eleccións sindicais a nivel nacional.[5]

Como Secretaria Xeral de AMMAR editar

Xa confirmada coma Secretaria Xeral, Orellano tornaría, xunto ás súas compañeiras, ao Encontro Nacional de Mulleres en Salta en outubro do 2014, onde terían un evento propio como traballadoras sexuais.[12] Desde 2015, Orellano e AMMAR seguirían volvendo anualmente aos Encontros, retomando desde esa data os obradoiros de traballo sexual que a organización daba até 2010.[7][13] Estes obradoiros non están exentos de polémica e teñen provocado enfrontamentos coas feministas abolicionistas participantes dos Encontros.[14] En 2015 foi tamén invitada, en tanto representante de AMMAR, a unhas xornadas feministas de traballo sexual dadas en Barcelona.[15]

O 2 de xuño do 2017, Orellano organizou coas súas compañeiras o primeiro Encontro Nacional de AMMAR no Hotel BAUEN de Bos Aires.[7] A finais dese ano viaxaría a Barcelona, Madrid, Ámsterdam e París co obxectivo de trocar experiencias sindicais e feministas con outros colectivos de traballadoras sexuais e as súas aliadas.[16]

A comezos do 2020, Orellano participaría nunha polémica que implicaría a Jimena Barón. A cantante acababa de publicar un single, «Puta», que fora promovido mediante unha campaña de mercadoloxía con carteis da propia Barón, semiespida, xunto a un número de teléfono. Os devanditos carteis xeraron moita polémica, ao seren similares aos usados polas traballadoras sexuais auténticas (e repudiados socialmente ao ser asociados á trata de persoas).[17] Barón púxose en contacto con AMMAR ante as críticas, e posteriormente reuniuse con Orellano, publicando por redes sociais fotos de ambas xuntas posando.[17][18] Orellano denunciaría posteriormente por redes sociais o feito de ter recibido ameazas e insultos tras a súa reunión con Barón.[19]

Máis adiante o mesmo ano, Orellano mostrouse moi crítica perante o feito de que o Ministerio de Desenvolvemento Social dese marcha atrás á creación dun rexistro de traballadores de economía popular que incluía unha categoría para traballadores sexuais.[20] A citada categoría estivo activa durante unha fin de semana, e nese tempo, segundo Orellano, anotáronse no rexistro preto de 800 traballadoras sexuais.[20] O formulario concernente aos traballadores sexuais daríase de baixa horas despois de que a noticia fose difundida pola propia Orellano, por mor da presión xerada por Gustavo Vera, titular do Comité Executivo para a Loita contra a Trata.[20] Orellano considerou que a situación resolveuse de xeito moi violento, cun home chamando a outro home sen consultar ao colectivo.[20] Orellano e AMMAR pedieron, subsecuentemente, explicacións ao ministro de Desenvolvemento Social, Daniel Arroyo, mediante carta, e organizaron unha recollida de firmas de personalidades e referentes feministas e LGTB para esixir o retorno da categoría.[20] A categoría para traballadores sexuais non foi restablecida, pero Arroyo e a ministra das Mulleres, Elizabeth Gómez Alcorta, reuníronse con Orellano e se comprometeron a traballar nunha axenda común que tivese en conta ás traballadoras sexuais.[21][22]

No contexto da pandemia, Orellano tamén criticou a extrema precariedade das traballadoras sexuais debidas ás medidas anti-COVID, fixo énfase na necesidade dunha resposta colectiva das traballadoras e organizou, xunto ao resto de AMMAR, potas populares e comedores sociais para axudar ás prostitutas vulnerábeis.[23]

Desde a súa escolla como Secretaria Xeral de AMMAR, Orellano gañou un gran posicionamiento nos medios, falando con numerosos medios de comunicación e expoñendo neles os seus puntos de vista favorábeis á despenalización do traballo sexual. Entre outros, foi entrevistada polo diario Clarín,[11] por Página/12,[6] por Infobae,[24] por France24,[25] por El Salto[26] e pola revista Marie Claire.[27] As súas declaracións tamén foron referenciadas en medios como La Nación,[23] El País,[28] a revista Vice,[29] ou a axencia EFE.[30] Así pois, colaborou escribindo para revistas coma Viento Sur[31] ou Anfibia,[32] realizando asemade a súa propia TED Talk.[33]

Posicións políticas editar

Orellano defínese coma “puta feminista e peronista".[4][7] Xunto con AMMAR, busca a despenalización do traballo sexual (definindo este coma o maior logro que poden conseguir),[34] eliminar todas as sancións penais ao exercicio da prostitución para persoas maiores de 18 anos, sacar ao TS do Dereito Penal e poñelo no seu lugar dentro do dereito laboral na Arxentina, e incluír a categoría de traballadores sexuais no monotributo que permite aos diferentes gremios laborais acceder á seguridade social e á xubilación. A súa premisa é que as penalizacións vixentes no país e no resto do mundo criminalizan ás traballadoras, e exponas a violencia institucional e policial.[4][35]

Georgina Orellano posiciónase claramente contra os abusos por parte do poder policial contra as traballadoras sexuais, e é moi crítica do feminismo radical abolicionista da prostitución.[26] Ten vinculado en determinados momentos ás feministas abolicionistas e transexcluíntes con elementos non feministas, cos cales estarían aliadas. Entre ditos elementos, Orellano inclúe a políticos conservadores, coma Bolsonaro, Trump, ou Macri, ás igrexas católica e evanxélica, e ao Departamento de Estado dos Estados Unidos, do cal recibirían financiamento.[36][37]

Orellano cre que a debate no seo do feminismo de regulacionismo contra abolicionismo non pode ser saldada nos termos actuais.[7] Polo tanto, apela á creación dunha nova corrente feminista integradora que supere a discusión.[38] Dita corrente tería como suxeito político protagonista ás traballadoras sexuais, ás vítimas da trata, e ao colectivo trans e travesti, deixando ás persoas non involucradas directamente na prostitución nun papel de debate secundario. Implicaría, asemade, o recoñecemento do traballo sexual como unha opción lexítima e con dereitos, ó tempo que esixiría ao Estado a xeración de políticas públicas de reinserción laboral para aquelas persoas que quixesen outra alternativa.[38]

Orellano é, tamén, moi crítica respecto ás normativas, leis e ordeanzas aprobadas na Arxentina durante os últimos anos para atacar a trata de persoas. Denuncia que as devanditas medidas confunden deliberadamente prostitución con trata, e volveron a vida das prostitutas arxentinas moito máis precaria e clandestina. Aduce que as voces das traballadoras sexuais non foron escoitadas, nin formaron parte das mesas de discusión para a redacción de ningunha desas normativas.[11][26] Considera a Arxentina, máis que un país abolicionista, un país punitivista.[31]

Vida persoal editar

Georgina Orellano ten un fillo, nado no ano 2007, froito dunha relación ao longo de varios anos cun cliente do cal namorou. É bisexual e para 2021 estaba a saír cunha funcionaria do Ministerio Público da Defensa.[6]

Orellano tivo que saír do armario ante familia e amizades dúas veces, tanto como traballadora sexual, como por bisexual (tendo que saír ademais, neste último caso, ante as súas compañeiras de sindicato). Relatou publicamente a dificultade implícita en ambos procesos.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Georgina Orellano: ««Entre el abolicionismo y el regulacionismo, quienes estamos en medio somos las trabajadoras sexuales»". Ethic (en castelán). 2019-08-23. Consultado o 2021-11-11. 
  2. "AMMAR - Sindicato de trabajadorxs sexuales de Argentina - Hoy cumple años, Georgina Orellano, nuestra secretaria general a nivel nacional. ¡Felicidades, compañera. Gracias por tu lucha incansable! ❤❤❤ | Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2021-11-11. 
  3. "365 mujeres ilustradas: BBYWACHA - Argentina Fuente: Revista Anfibia | Facebook". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Pedagogía virtual de Georgina Orellano: ¿cómo es el trabajo sexual en Argentina? - Colombia Informa Géneros". Colombia Informa (en castelán). 2021-02-01. Consultado o 2021-11-11. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Quiroga, Por Sofía (2016-04-25). "Las putas rebeldías. Entrevista a Georgina Orellano". La Cascotiada (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Curia, Dolores (1615920481). "“A mí me ha hecho más daño el amor romántico que el trabajo sexual” | Entrevista a Georgina Orellano: yirar, militar y amar a una mujer". PAGINA12. Consultado o 2021-11-11. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Georgina Orellano - El hada de las putas". Revista Anfibia (en castelán). 2018-02-16. Consultado o 2021-11-11. 
  8. 8,0 8,1 "PressReader.com - Digital Newspaper & Magazine Subscriptions". www.pressreader.com. Consultado o 2021-11-11. 
  9. "Mi experiencia sexual con una persona Down". Nómada, Guatemala. (en castelán). 2017-12-06. Consultado o 2021-11-11. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "La historia de Georgina Orellano – MamaCash". www.mamacash.org (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Virzi, Sabrina Díaz (2014-10-22). "“El sistema penal actual confunde trata y trabajo sexual”". Clarín (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  12. "AMMAR PARTICIPÓ DEL XXXIX ENCUENTRO NACIONAL DE MUJERES - SALTA 2014". webcache.googleusercontent.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-11. 
  13. "31º Encuentro Nacional de Mujeres - Entrevista a Georgina Orellano (AMMAR)". RadioCut (en inglés). Consultado o 2021-11-11. 
  14. "Georgina Orellano denunciada: “Son la yuta del feminismo”". Diario El Ciudadano y la Región (en castelán). 2018-10-18. Consultado o 2021-11-11. 
  15. "Prostitutas del Raval debaten en el CCCB cómo ejercer legalmente". La Vanguardia (en castelán). 2015-12-15. Consultado o 2021-11-11. 
  16. Popular, Poder (2017-11-20). "Georgina Orellano: “Todos los cuerpos dentro del sistema capitalista terminan siendo mercancía”". Poder Popular (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  17. 17,0 17,1 "Jimena Barón hizo publicidad con afiches sobre las trabajadoras sexuales y dividió al feminismo". myhnt.info. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-11. 
  18. "Jimena Barón se reunió con Georgina Orellano, líder del sindicato de trabajadoras sexuales | Rumbos". Vía País (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  19. "Georgina Orellano asegura que recibió amenazas tras el escándalo con Jimena Barón". www.ratingcero.com. Consultado o 2021-11-11. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 "Georgina Orellano: "es discriminatorio quitarles la posibilidad de registrarse a las trabajadoras sexuales"". El Resaltador (en castelán). 2020-06-08. Consultado o 2021-11-11. 
  21. "Nuevo diálogo entre trabajadoras sexuales y el Gobierno nacional". El Resaltador (en castelán). 2020-06-18. Consultado o 2021-11-11. 
  22. "ammar.org.ar". www.ammar.org.ar. Consultado o 2021-11-11. 
  23. 23,0 23,1 Recoaro, Nicolás G. (2020-07-23). "Más de 100 días sin amor: cómo viven la pandemia los trabajadores sexuales". La Nación (en castelán). ISSN 0325-0946. Consultado o 2021-11-11. 
  24. "Prostitución y feminismo: ¿contradicción o reivindicación de derechos?". infobae (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  25. "La Entrevista - Georgina Orellano: "El trabajo sexual es muy distinto a la trata de personas"". France 24. 2020-03-13. Consultado o 2021-11-11. 
  26. 26,0 26,1 26,2 autoria. "Georgina Orellano: "Las trabajadoras sexuales en Argentina estamos integradas en una central obrera"". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2021-11-11. 
  27. Peuscovich, Stephanie (2020-09-23). "Georgina Orellano: “Luchamos para que las políticas contra la trata de persona no criminalicen a las trabajadoras sexuales”". Marie Claire (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  28. Barreiro, Ramiro (2016-09-30). "Buenos Aires prohíbe cualquier tipo de prostíbulo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-11-11. 
  29. "ORGULLO VICE: Georgina Orellano y los derechos de lxs trabajadores sexuales". www.vice.com (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  30. "Prostitución y feminismo, una mirada a la lucha sindical en Argentina". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  31. 31,0 31,1 "Cómo se organizaron las trabajadoras sexuales para enfrentar la crisis sanitaria y socioeconómica - Viento Sur" (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  32. "El 17 de octubre de las putas". Revista Anfibia (en castelán). 2018-11-08. Consultado o 2021-11-11. 
  33. Orellano, Georgina. "Transcript of "A whore and a feminist: Chronicles of a sex worker | Georgina Orellano | TEDxRíodelaPlata"". www.ted.com (en inglés). Consultado o 2021-11-11. 
  34. "Georgina Orellano". Revista Anfibia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-25. 
  35. "Georgina Orellano - Revista Anfibia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021. Consultado o 2021-11-11. 
  36. ""¿Por qué la puta es explotada y la que trabaja en una fábrica no?" | Georgina Orellano". El Grito del Sur (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2021-11-11. 
  37. Peuscovich, Stephanie (2020-06-10). "Georgina Orellano: "El departamento de Estado estadounidense financia abolicionistas"". Marie Claire (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  38. 38,0 38,1 "Entrevista a Georgina Orellano: "Nuestro discurso no le es funcional al proxeneta, es totalmente contrario al capital"" (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar