Georgi Dimitrov

político búlgaro

Georgi Dimitrov Mijáilov (en búlgaro, Георги Димитров Михайлов), tamén coñecido como Georgi Mijáilov Dimitrov (Георги Михайлов Димитров), e igualmente pola forma rusa do seu nome, Georgy Mijáilovich Dimítrov (Георгий Михайлович Димитров) nado en Pernik o 18 de xuño de 1882 e finado en Moscova (URSS) o 2 de xullo de 1949, foi un político búlgaro, secretario xeral da Internacional Comunista entre 1934 e 1943 e Secretario Xeral do Partido Comunista de Bulgaria e Primeiro Ministro entre 1946 e 1949.

Георги Димитров Михайлов
Georgi Dimitrov Mijáilov
Georgi Dimitrov
Georgi Dimitrov

1946 – 1949

1934 – 1943

Datos persoais
Nacemento 18 de xuño de 1882 Pernik, Bulgaria Bulgaria
Falecemento 2 de xullo de 1949 (67 anos) Moscova, Unión Soviética Unión Soviética
Partido Partido Comunista de Bulgaria (BKP)
Profesión Avogado

Na rede
IMDB: nm1180210 Discogs: 2963123 Find a Grave: 44377092 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante comunista dende a súa xuventude, foi un dos dirixentes da infrutuosa insurrección revolucionaria en Bulgaria de 1923. Exiliouse do seu país e traballou para a Komintern en varios países, o que fixo que o detiveran en 1933 en Alemaña trala toma de poder por parte dos nazis, acusado da queima do Reichstag(esta acción serviu de pretexto aos nazis para encarcerar e perseguir aos militantes e activistas comunistas).

Tras ser encarcerado en Alemaña, estudou o dereito e as leis xermanas para expor a súa defensa perante un tribunal, finalmente absolvérono de todos os cargos e repatriárono á URSS, que lle concedeu a nacionalidade soviética. En 1934 foi elixido secretario xeral da Internacional Comunista e, como tal, presidiu o seu último Congreso en 1935, no que se aprobou a táctica das frontes populares, levada a cabo en países como Chile, Francia ou España.

Escribiu numerosas resolucións contra o fascismo e os seus métodos como 'O fascismo é a guerra'. Trala segunda guerra mundial e coas tropas do Exército Vermello no seu país, volveu a Bulgaria e foi elixido deputado pola Fronte Democrática, que gañou as eleccións por maioría absoluta. En 1946, os búlgaros declararon nun referendo o seu desexo de establecer unha república, poñendo fin á monarquía de Simeón II, e ao ano seguinte o Partido Comunista de Bulgaria (BKP) fíxose co poder, nacionalizando a economía. Dimitrov foi elixido secretario xeral do BKP.

Tras unha longa enfermidade, foi enviado a un hospital á URSS, onde faleceu en xullo de 1949. Na súa honra construíuse un mausoleo en Sofía, onde permaneceu ata a caída da República Popular de Bulgaria en 1990. Tamén se denominou na súa honra o Batallón Dimitrov a unha unidade das Brigadas Internacionais durante a Guerra Civil Española, formada por voluntarios procedentes dos Balcáns, Grecia e Europa Central.

Actualmente, continúa en pé unha estatua de Dimitrov na Place Bulgarie de Cotonou, no país africano de Benín. Tamén existe unha avenida co nome do político búlgaro en Phnom Penh, a capital de Camboxa. Ambos feitos sucederon nos anos nos que estes países eran repúblicas socialistas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar