Batallón Dimitrov

O Batallón Dimitrov ou batallón XVIII foi unha unidade militar das Brigadas Internacionais durante a Guerra Civil Española. O seu nome débese a Georgi Dimitrov, un gran defensor búlgaro da Fronte Popular na Segunda República Española.

Historial de operacións editar

Formouse con exiliados dos Balcáns[1] en decembro de 1936. Ao inicio contaba con 800 voluntarios, entre eles preto de 160 gregos.[2] Formou parte da XV Brigada a partir do 31 de xaneiro de 1937. Nela atopábanse outras dúas unidades que se fixeron especialmente famosas: o Batallón Británico e o Batallón Abraham Lincoln. Loitaron primeiro na Batalla do Xarama en febreiro de 1937, en que sufriron un gran número de baixas.[1]

O 20 de setembro de 1937 o batallón trasladouse á 45ª División Internacional da Reserva, onde foi reconstituído. O 13 de febreiro de 1938 formou parte da 129ª Brigada Internacional acabada de crear con superviventes doutros batallóns integrados por centroeuropeos. Permaneceu nela até a súa desmobilización o 5 de outubro de 1938.

O seu último comandante, Josef Pavel, chegou a ser ministro no gabinete de Alexander Dubček durante a Primavera de Praga en 1968.[3]

Catro dos brigadistas iugoslavos que combateron no Dimitrov e no Đuro Đaković acabaron dirixindo os catro grupos do Exército Partisano de Liberación contra os exército nazi na segunda guerra mundial: Peko Dapčević o I, Koča Popović o II, Kosta Nađ o III, e Petar Drapšin o IV.[4]

Membros destacados editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Beevor (2006) pag. 210
  2. Thomas (2001) pag. 574
  3. Thomas (2001) pag. 926
  4. Crusells, Magí. Las Brigadas Internacionales en la pantalla. Univ de Castilla La Mancha, 2001. ISBN 978-84-842-7149-9, p. 109

Bibliografía editar

  • Hugh Thomas, The Spanish Civil War, 4th Rev. Ed. 2001.
  • Antony Beevor, The Battle for Spain, 2006.

Ligazóns externas editar