Abrir o menú principal

O Partido Comunista de Bulgaria foi un partido político búlgaro de ideoloxía marxista-leninista[1] que gobernou a República Popular de Bulgaria en carácter de partido único entre 1946 e 1990, cando se renomeou a si mesmo como Partido Socialista Búlgaro.[2] Dende 1954 ata 1989, dirixíu o partido Todor Zhivkov, un gran defensor da Unión Soviética que mantivo estreitas relacións con ese país durante o mandato de Leonid Brezhnev. O seu goberno logrou unha relativa estabilidade política e un aumento nos niveis de vida.[3]

Partido Comunista de Bulgaria
Българска комунистическа партия
Partido político de Bulgaria
Dirixentes e organización
LíderPetar Mladenov
MocidadesLiga Xuvenil de Traballadores
Filiación internacionalComintern (1919–1943), Cominform (1948–1956)
Federación Comunista Balcánica (1921–1939)
Historia
Fundación1903
Disolución3 de abril de 1990
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-Leninismo
PublicaciónXuventude Comunista dos Traballadores

No ámbito das Revolucións de 1989, Zhivkov presentou a súa dimisión, sendo substituído por Petar Mladenov.[4] O partido adoptou unha posición máis moderada, abandonando o marxismo-leninismo en 1990 e renomeándose como Partido Socialista Búlgaro.

ReferenciasEditar

  1. "Bulgarian Communist Party (BCP)". The Great Soviet Encyclopedia (en inglés). 1979. Consultado o 5 de abril de 2012. 
  2. "BULGARIA: A REPÚBLICA POPULAR DE BULGARIA". Todo Atlas. Consultado o 5 de abril de 2012. 
  3. Library of Congress Country Studies. "Bulgaria. Domestic Policy and Its Results" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2012. 
  4. "O Parlamento búlgaro elixe presidente a Petar Mladenov". El País. 4 de abril de 1990. Consultado o 5 de abril de 2012.