Abrir o menú principal

Galicia Nueva foi un semanario editado en Montevideo en 1931.

TraxectoriaEditar

Subtitulado Semanario Popular de la Colectividad Gallega en el Uruguay, apareceu o 11 de xaneiro de 1931. Fundado por José Silva Barros e A. San Román, Eduardo García del Río era o xefe de redacción. Entre os colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Salvador Cabeza de León, Vicente Risco, Valentín Paz Andrade, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Roberto Blanco Torres, Camilo Díaz Baliño, Ramón e Antón Vilar Ponte, Salvador García-Bodaño, Basilio Álvarez, Víctor Casas, Ánxel Casal, Xaime Quintanilla, Imeldo Corral, Ricardo Carballo Calero, Antón Fraguas e Xosé Filgueira Valverde. Tiña as seccións fixas Comento semanal, Literatura hispanoamericana, Sociales, Teatro e Información de Galicia. Facíase eco dos acontecementos e dos proxectos de Galicia, como o funcionamento do Seminario de Estudos Galegos ou a evolución do Estatuto de autonomía. Cesou a súa publicación o 30 de agosto de 1931.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar