Franco a cabalo

moeda medieval francesa de ouro
Franco a cabalo
de Xoán II de Francia (1350-1364)
Franc à cheval 1360 73001139.jpg
O rei a cabalo con armadura. Arredor, lenda IOHANNES DEI GRATIA - FRANCORV REX Cruz composta cuadrilobulada, con flores de lis. Lenda + XP'C* VInCIT* XP'C* REGNAT* XP'C* INPERAT
Franc à cheval. Xoán II. 1360. Peso: 3,76 gr.

O franco a cabalo (en francés: franc à cheval) foi unha moeda de ouro medieval, a primeira moeda francesa denominada "franco",[1] introducida por Xoán II na segunda metade do século XIV.[2][3]

HistoriaEditar

O franco a cabalo emitiuse por vez primeira para financiar o rescate de Xoán II "o Bo" (1350-1364), que resultara apreixado polos ingleses na batalla de Poitiers, durante a Guerra dos Cen Anos.[4][5] En 1360, mediante o Tratado de Brétigny acadouse a súa liberación logo dun pagamento en moedas de ouro por valor de tres millóns de escudos.[6]

A moeda creouse con tal fin o 5 de decembro de 1360 e comezou a utilizarse a partir de febreiro de 1361, co valor dunha libra tornesa, feito polo que se comezou a coñecer indistintamente como "franco" ou como "libra".[6] Canto á orixe da denominación "franco", hai dúas hipóteses: a primeira pona en relación coa lenda da moeda, IOHANNES DEI GRATIA FRANCORV[M], e a segunda relaciónase co feito de que fose concibida para liberar (deixar "franco") o monarca.[7]

 
Franco a cabalo de Luís II de Flandres (1346-1384).

Posteriormente, a moeda foi cuñada tamén en Francia a nome de Carlos V (1364-1380),[8] Carlos VII (1422-1461),[9] Henrique III (1574-1589) e Henrique IV (1589-1610), así como nos Países Baixos, entre outros por Luís II de Flandres (1346-1384).[10]

CaracterizaciónEditar

O franco a cabalo era unha moeda de ouro de 24 quilates, cun diámetro de 29 mm un peso de 3,88 gramos ou, o que é o mesmo, 63 pezas por marco.[3][6][11]

  • Anverso: Xoán II "o Bo" a cabalo galopando cara á esquerda, con flores de lis na coroa e coa espada no alto; as proteccións do cabalo tamén con flores de lis. O conxunto está rodeado pola lenda en latín: IOHANNES DEI GRATIA - FRANCORV REX ("Xoán, pola graza de Deus, rei dos francos").[12][4]
  • Reverso: cruz con flores de lis, cun cuadrilóbulo central e inserida noutro cuadrilóbulo decorado con palmas e catro trevos. Lenda circular en latín + XP'C* VInCIT* XP'C* REGNAT* XP'C* INPERAT ("Cristo vince, Cristo reina, Cristo manda").[12][4]

NotasEditar

  1. "Franc". Larousse.fr
  2. "Franc à cheval". En Frey, A. R. (1916). Páxina 88.
  3. 3,0 3,1 "Franc à cheval". En Martinori, E. (1915). Páxina 173.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Golden Franc "on horseback"". Numista.com
  5. Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. Páxina. 23. ISBN 978-2915118094
  6. 6,0 6,1 6,2 Favier, J. (2005). "Décembre 1360: La naissance du franc". En D'or et d'argent. La monnaie en France du Moyen Age à nos jours. París. Páxinas 1-16. ISBN 978-2-11-093702-5
  7. Klütz, K. (2004).
  8. "Franc à cheval - Charles V Le Sage". Numista.com
  9. "Franc à cheval - Charles VII". Numista.com
  10. "Rider "Franc à Cheval" - Louis II de Male". Numista.com
  11. Belaubre, J. (1996).
  12. 12,0 12,1 "Le franc à cheval, description et analyse". Bibliothèque nationale de France.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3.

Outros artigosEditar