Franco a pé

moeda de ouro medieval francesa
Franco a pé
de Carlos V de Francia (1364-1380)
Carlos en pé de fronte, sostendo espada, baixo arco gótico. Arredor, lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX. Marca de ceca: R (La Rochelle). Cruz con trevos nos extremos; flores de lis e coroas nos cuartos. Lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERAT
Franc à pied. Carlos V. 1365.

O franco a pé (en francés: franc à pied) foi unha moeda de ouro medieval francesa, introducida por Carlos V na segunda metade do século XIV.[1][2]

Historia editar

Logo do éxito do primeiro franco de ouro, chamado franc à cheval ("franco a cabalo"), cuñado baixo o reinado de Xoán II (1350-1364), o seu fillo e sucesor, Carlos V (1364-1380), emitiu tamén o seu propio franco de ouro en 1365.[3]

Este franco de ouro, coñecido como franc à pied, creouse o 22 de abril 1365, cun peso teórico de 3,82 gramos de ouro fino (64 pezas por marco); é dicir, algo máis lixeira ca a do seu antecesor, que pesaba 3,88 gramos de ouro fino (63 pezas por marco).[4]

Ambos os dous tipos de francos de ouro foron amplamente imitados polos mandatarios de territorios veciños, sinaladamente na Provenza e nos Países Baixos.[1][4]

Caracterización editar

  • Anverso: Carlos (1364-1380) coroado e con espada e "man da xustiza", baixo un arco gótico flanqueado por flores de lis. Arredor, a lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX ("Carlos, pola graza de Deus, rei dos francos").[5]
  • Reverso: Cruz ornamentada cun cuadrilóbulo no centro, cantonada con coroas e flores de lis, e con trevos nos extremos .Arredor, a lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERAT ("Cristo vence, Cristo reina, Cristo manda").[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Franc à pied". En Frey, A. R. (1916). Páxina 88.
  2. "Franc à pied Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 173.
  3. Gildas Salaün (2016). "Le franc à pied de Charles V". En Monnaie magazine. Maio. Páxinas 38-40.
  4. 4,0 4,1 Belaubre, J. (1996).
  5. 5,0 5,1 "Franc à pied de Charles V et Charles VI". Musée Départemental Breton.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3.

Véxase tamén editar