Francisco Río Barxa

xeógrafo e escritor galego

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo o 17 de novembro de 1919[1] e finado en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Francisco Río Barxa
Nacemento17 de novembro de 1919
 Lugo
Falecemento5 de xaneiro de 2011
 Tenerife
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióndivulgador científico
EstudosXeografía e Historia
PremiosMedalla Castelao, Premio Otero Pedrayo e Premio Trasalba
Na rede
Dialnet: 1350400
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de militar, estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo e aprobou as oposicións a Correos, coincidindo coa Guerra Civil española. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo bando nacional. Na posguerra licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e foi destinado como mestre a Viveiro. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a Ramón Otero Pedrayo e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático ourensán.

Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás illas Canarias, permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ingresou na Real Academia Galega en 1983 a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antón Fraguas cun discurso sobre a interpretación da paisaxe compostelá.

Foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro do Consello da Cultura Galega e da Academia das Ciencias de Galicia.

Defensor do nacemento do río Miño no Pedregal de Irimia, marcou quizais o punto de inflexión cara a esta paternidade en detrimento de Fonmiñá[Cómpre referencia].

Obra Editar

  • La revolución gallega de 1846 (1953)
  • Bibliografía de geografía económica de Galicia (1960)
  • La vivienda rural en el Miño Alto (1960)
  • Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de E.G.B (1980)
  • Didáctica da xeografía (1981)
  • Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII (1990)
  • Os ríos galegos: Morfoloxía e réxime (1992)
  • Estudios de xeografía de Galicia (1995)
  • Galicia, esa descoñecida (1999, 2005)

Obras colectivas Editar

Galardóns Editar

Notas Editar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Río Barja, Francisco Xavier". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 489. ISBN 84-8064-113-4.