Filomena Dato

escritora galega
(Redirixido desde «Filomena Dato Muruais»)

Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada na Coruña o 27 de febreiro de 1926, foi unha escritora galega.

Filomena Dato
Filomena Dato Muruais.jpg
Nome completoFilomena Dato Muruais
Nacemento1856
Lugar de nacementoOurense
Falecemento1 de maio de 1926
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pouco se sabe da súa vida, e a meirande parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e cultural. Colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou o Album Literario. Igualmente, participou do movemento literario que iniciara Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. En 1906, foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega.

 
Placa na casa onde viviu a escritora, en Ourense.

Filomena Dato Muruais foi unha fervente feminista. Canda Rosalía de Castro, é unha das máis senlleiras representantes da lírica feminista do século XIX, un momento en que o machismo era a ideoloxía dominante, non só entre a xente sen formación cultural, senón tamén entre a intelectualidade. Cuestións como se as mulleres tiñan alma, conciencia e remorsos, ou se eran as portadoras do pecado por herdanza de Eva eran comúns nos debates sociais e filosóficos nesa altura.

As súas reivindicacións feministas están patentes no poemario Follatos (1891), o seu único libro en lingua galega.

Morreu cega aos 69 anos de idade.

RecoñecementoEditar

En 2019 bautizouse co seu nome un edificio da Universidade de Vigo.[1][2]

Ese mesmo ano convocouse o I Premio de Oratoria Filomena Dato.[3]

NotasEditar

  1. "Os edificios administrativos do campus terán nome de muller". DUVI. 5 de outubro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  2. "Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato xa dan nome a tres edificios da Universidade de Vigo". Praza Pública. 22 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  3. "LISÍSTRATA: Premio de Oratoria "Filomena Dato"". LISÍSTRATA. Consultado o 2019-06-11. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar