Filgueira, Castro, Cerdedo-Cotobade
Coordenadas: 42°33′55″N 8°25′10″O / 42.5654118, -8.4193141
Filgueira é un lugar da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).
Filgueira | |
---|---|
![]() Eira da Ermida. | |
Parroquia | Castro |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Poboación | 37 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
CaracterísticasEditar
Destaca polas mostras de arquitectura popular que se poden atopar en tódalas casas. Están construídas con muros de cachotaría e perpiaño de granito e cubertas de tella, aínda que nalgúns casos mantense o sistema de cuberta máis tradicional da zona, a base de laxes superpostas. Moitas das casas constan dunha planta baixa e un primeiro piso, en moitos casos con balcóns e solainas.
A Eira da Ermida é un eirado composto por un conxunto de 12 hórreos que se atopa xunto á capela da Virxe dos Remedios, queimada en 1809 polas tropas de Napoleón durante a guerra da Independencia Española.
Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.
O día grande celébrase o 8 de setembro, na honra da Virxe dos Remedios.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CastroEditar
Lugares da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|