Fiandón

(Redirixido desde "Fiadeiro")

O fiandón, fía, fiada ou fiadeiro,[1] é unha reunión que se realiza polas noites unha vez rematada a cea, na que se contan contos, cántase, báilase e realízanse certos xogos populares ao tempo que se traballa nalgún labor manual (xeralmente téxtil).[2] Tal reunión adoitábase facer ao redor do lar, cos participantes sentados en escanos ou bancadas.

Filandón, cadro de 1872 obra de Luís Álvarez Catalá.
.
Muller galega do século XVI ataviada para acudir á fiada. Ilustración da obra "Trachtenbuch" de Christoph Weiditz

O fiandón séguese a practicar no oeste das provincia de León e Asturias e na montaña oriental galega.

Dende 2011 lévase a cabo anualmente en Merlán (A Ulloa) un fiandón popular.

No concello de Lalín tamén se fai unha fía tradicional na que se mostra o proceso de preparación do liño.[3]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fiandón.
  2. Gaiteiro, A. (21 de maio de 2010). "Danzas de palos y serano en el homenaje a Concha Casado". Diario de León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 08 de novembro de 2015. 
  3. Hilado y tejido del lino en el Museo Casa do Patrón (en castelán)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar