Festival de Eurovisión 2019

O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999.

Festival de Eurovisión 2019
Dare to dream
Datas
Semi-final 1 14 de maio de 2019
Semi-final 2 16 de maio de 2019
Final 18 de maio de 2019
Anfitrión
Presentador(es) Assi Azar
Bar Refaeli
Erez Tal
Lucy Ayoub
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Produtor executivo Zivit Davidovich [1]
Televisión anfitrioa
Participantes
Participantes 41
Países que se retiran Bulgaria Bulgaria
Ucraína Ucraína[a]
Votacións
Sistema de votación Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.

En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta.

Canción gañadora «Arcade», Duncan Laurence

Países Baixos

Festival de Eurovisión
◄2018 2020►

O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»). Este, para Jon Ola Sand, representa «ser valente e ter a confianza suficiente como para actuar no escenario ante unha audiencia mundial e atreverse a soñar con gañar o Festival da Canción de Eurovisión», representando a diversidade, a inclusión, e a unidade.[2]

Organización

editar

Sede do festival

editar

Durante a rolda de prensa da gañadora, o supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, fixo entrega da invitación de acollida, así como do expediente de organizador do seguinte festival á televisión pública israelí, KAN.

O Primeiro Ministro israelí, Benjamin Netanyahu, declarou na súa conta de Instagram que o Festival de Eurovisión 2019 se celebrará en Xerusalén. Porén, este é un asunto que debe ser confirmado oficialmente pola Unión Europea de Radiodifusión e a televisión de Israel.[3][4]

O Concello da cidade de Xerusalén suxeriu dúas posibles localizacións: o Jerusalem Pais Arena, cunha capacidade de 15.654 espectadores, e o Estadio Teddy Kollek, que podería acoller ata 31.000 espectadores, o cal tería que ser teitado.

A cadea de televisión portuguesa RTP, anfitrioa do Festival de Eurovisión 2018, manifestou a súa capacidade financeira para asegurar a realización do certame en caso de que a UER e o ente público israelí KAN non chegasen a un acordo sobre a sede que asegure a seguridade das delegacións participantes así como de todos os asistentes ao evento.[5]

Trala incerteza creado acerca da elección de Xerusalén como posible sede, provocada pola decisión do goberno dos Estados Unidos de trasladar a súa embaixada á cidade, recoñecéndoa como capital de Israel e provocando un conflito coa Autoridade Palestina, a cidade de Haifa anunciou a presentación dunha candidatura formal, ofrecendo o Estadio Sammy Ofer como recinto potencial. O Estadio Sammy Ofer, con capacidade de 30.000 espectadores, aínda que debería instalarse unha cuberta para acoller o certame.[6] A continuación, anunciouse que se levaría a cabo un proceso de licitación no que, ademais de a Haifa, invitouse a presentar candidatura formal a Xerusalén, Tel Aviv e Eilat.[7] O primeiro ministro Netanyahu declarou entón que o goberno israelí respectaría "calquera decisión" de designación da sede que tome a UER, desdicíndose da súa insistencia anterior por Xerusalén.[8]

Trala inspección por parte da UER dos tres potenciais recintos, o 30 de agosto de 2018 decidiuse que a candidatura de Eilat quedara eliminada, quedando Xerusalén e Tel Aviv como finalistas.[9] O 7 de setembro, a prensa israelí avanzou que o festival se celebraría en Tel Aviv os días 21, 23 e 25 de maio de 2019, aínda que sen oficialización a falta de que a decisión pasara polos distintos estamentos do Estado israelí.[10]

Finalmente, o 13 de setembro de 2018, a UER anunciou que Tel Aviv fora seleccionada como sede.[11]

Cidades candidatas

editar

     Cidades finalistas      Cidade anfitrioa

Cidade Sede Capacidade Información
Eilat Hangares do Porto de Eilat 10 000 a candidatura dependía da construción dun pavillón que conectaría dous hangares existentes do porto.
Xerusalén Pais Arena Jerusalem 15 654
Tel Aviv Expo Tel Aviv (Pavillón 2) 10 000

Participantes

editar
 
Duncan Laurence, dos Países Baixos, logrou o primeiro lugar do festival con 498 puntos, sendo a primeira vitoria neerlandesa en 44 anos.

Semi-Final 1

editar
Orde[12] País[12] Artista[12] Canción[12] Lingua Posición Puntos
01   Chipre Tamta "Replay" Inglés 9 149
02   Montenegro D mol "Heaven" Inglés 16 46
03   Finlandia Darude feat. Sebastian Rejman "Look Away" Inglés 17 23
04   Polonia Tulia "Pali się" Polaco, inglés 11 120
05   Eslovenia Zala Kralj & Gašper Šantl "Sebi" esloveno 6 167
06   República Checa Lake Malawi "Friend of a Friend" Inglés 2 242
07   Hungría Joci Pápai "Az én apám" Húngaro 12 97
08   Belarús ZENA "Like It" Inglés 10 122
09   Serbia Nevena Božović "Kruna" (Круна) Serbio[b] 7 156
10   Bélxica Eliot "Wake Up" Inglés 13 70
11   Xeorxia Oto Nemsadze "Keep on Going" Xeorxiano[c] 14 62
12   Australia Kate Miller-Heidke "Zero Gravity" Inglés 1 261
13   Islandia Hatari "Hatrið mun sigra" Islandés 3 221
14   Estonia Victor Crone "Storm" Inglés 4 198
15   Portugal Conan Osíris "Telemóveis" Portugués 15 51
16   Grecia Katerine Duska "Better Love" Inglés 5 185
17   San Marino Serhat "Say Na Na Na" Inglés[d] 8 150

Semi-Final 2

editar
Orde[13] País[13] Artista[13] Canción[13] Lingua Posición Puntos
01   Armenia Srbuk "Walking Out" Inglés 16 49
02   Irlanda Sarah McTernan "22" Inglés 18 16
03   Moldova Anna Odobescu "Stay" Inglés 12 85
04   Suíza Luca Hänni "She Got Me" Inglés 4 232
05   Letonia Carousel "That Night" Inglés 15 50
06   Romanía Ester Peony "On a Sunday" Inglés 13 71
07   Dinamarca Leonora "Love Is Forever" Inglés, francés[e] 10 94
08   Suecia John Lundvik "Too Late for Love" Inglés 3 238
09   Austria PÆNDA "Limits" Inglés 17 21
10   Croacia Roko "The Dream" Inglés, croata 14 64
11   Malta Michela "Chameleon" Inglés 8 157
12   Lituania Jurij Veklenko "Run with the Lions" Inglés 11 93
13   Rusia Sergey Lazarev "Scream" Inglés 6 217
14   Albania Jonida Maliqi "Ktheju tokës" Albanés 9 96
15   Noruega KEiiNO "Spirit in the Sky" Inglés[f] 7 210
16   Países Baixos Duncan Laurence "Arcade" Inglés 1 280
17   Macedonia do Norte Tamara Todevska "Proud" Inglés 2 239
18   Azerbaidján Chingiz "Truth" Inglés 5 224
N.º País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos
  Alemaña S!sters «Sister»
  Chipre Tamta «Replay»
  Eslovenia Zala Kralj & Gašper Šantl «Sebi»
  Grecia Katerine Duska «Better Love»
  República Checa Lake Malawi «Friend of a Friend»
  San Marino Serhat «Say Na Na Na»
14   Israel Kobi Marimi «Home»
  Australia Kate Miller-Heidke «Zero Gravity»
  Belarús Belarús Zena «Like It»
  España España Miki «La venda»
  Estonia Estonia Victor Crone «Storm»
  Francia Francia Bilal Hassani «Roi»
  Islandia Islandia Hatari «Hatrið mun sigra»
  Italia Italia Mahmood «Soldi»
  Reino Unido Reino Unido Michael Rice «Bigger than Us»
  Serbia Serbia Nevena Božović «Kruna»

Outros países

editar

Membros activos da UER

editar
  •   Andorra: o ente público andorrano, RTVA, afirmou o pasado 20 de maio de 2018 que non participaría en Eurovisión 2019, nin noutros eventos da UER, debido ao elevado custo que suporía para a cadea.[14]
  •   Bosnia e Hercegovina: o país non retornará en 2019 debido ao conflito derivado da débeda millonaria da BHRT coa UER.[15]
  •   Luxemburgo: un ano máis a cadea RTL incidiu no seu escaso interese no Festival, cousa que vén facendo desde 1993.[16]
  •  Turquía: o director xeral da TRT deu unha rolda de prensa para tratar o tema de Eurovisión. Nela, Ibrahim Eren fixo unhas declaracións LGTBIfóbicas ao describir o concurso como 'un caos de xénero con representantes tales como Conchita Wurst' e anunciou que non voltarán ata que 'se restablezan os valores normais do concurso'. A UER publicou un comunicado apuntando a que 'están seguros de que Turquía poderá achegar modernidade de novo no futuro'.[17]

Países que non son membros da UER

editar
  •  Liechtenstein: 1FLTV, o ente público do país anunciou en novembro de 2017 que "estaba a considerar" o debut do principado en 2019, usando o Liechtenstein Music Contest como formato para escoller representante.[18] Finalmente, o pasado 26 de xullo o Goberno anunciou que o país non debutará, debido á recente morte do seu director.[19]
  1. Cancelou a súa participación após a súa pre-selección nacional.
  2. Contén dúas liñas repetidas en inglés.
  3. Contén palabras en abkhazo.
  4. Contén tres palabras en turco.
  5. Contén algunhas liñas en dinamarqués e alemán.
  6. Contén unha liña en saami setentrional.
Referencias
  1. "KAN appoints two core team members for Eurovision 2019" (en inglés). 2 de xullo de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  2. With just over 200 days until the Grand Final, the slogan of the 2019 Eurovision Song Contest in Tel Aviv has been revealed: Dare to Dream.
  3. "Benjamin Netanyahu on Instagram: “לשנה הבאה בירושלים 🇮🇱🇮🇱🇮🇱”". Instagram (en inglés). Consultado o 2018-05-13. 
  4. "Benjamin Netanyahu on Instagram: “נטע, את כפרה אמיתית. הבאת הרבה כבוד למדינת ישראל! לשנה הבאה בירושלים! 🇮🇱🇮🇱🇮🇱”". Instagram (en inglés). Consultado o 2018-05-13. 
  5. Eurovision-spain. "Eurovisión 2018 logra 100 millones de euros de beneficios". Consultado o 22 de maio de 2018. 
  6. Laura Ortiz. "Eurovisión 2019: Haifa presenta su candidatura oficial para albergar el Festival". Consultado o 10 de xuño de 2018. 
  7. Manu Mahía. "Israel cambia de estrategia: Jerusalén, Tel Aviv, Haifa y Eilat competirán por acoger Eurovisión". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  8. William Lee Adams. "Eurovision 2019 host city: Haifa, Tel Aviv, Eilat and Jerusalem submit bids…as government says it won’t interfere with tender process" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  9. Rico, Vicente (30 de agosto de 2018). "Eilat se queda fuera de juego: Jerusalén o Tel Aviv acogerán Eurovisión 2019". eurovision-spain.com. 
  10. Rico, Vicente (7 de setembro de 2018). "La prensa israelí avanza que Tel Aviv acogerá Eurovisión 2019, con la final el 25 de mayo". eurovision-spain.com. 
  11. Gregoris, Ángel M. (13 de setembro de 2018). "Tel Aviv será la sede de Eurovisión 2019 cuya final se fija el 18 de mayo". eurovision-spain.com (en Castellano). Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 "Eurovision Song Contest 2019 First Semi-Final". eurovision.tv. European Broadcasting Union. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Eurovision Song Contest 2019 Second Semi-Final". eurovision.tv. European Broadcasting Union. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  14. "Andorra descarta participar en Eurovisión 2019 y otros certámenes de la UER". SpainEurovisionInfo (en castelán). 2018-05-20. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-21. 
  15. "Bosnia & Herzegovina: BHRT Barred From Competing in Eurovision Contests - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2018-05-25. Consultado o 2018-08-22. 
  16. "Luxembourg: RTL Télé Lëtzebuerg Rules out Eurovision Return in 2019 - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2018-07-21. Consultado o 2018-08-22. 
  17. "TRT Genel Müdürü'nden skandal Eurovision açıklaması - Güncel". www.abcgazetesi.com (en turco). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 2018-08-22. 
  18. "Liechtenstein: 1FLTV Plans Eurovision Debut in 2019 - Eurovoix". Eurovoix (en inglés). 2017-11-04. Consultado o 2018-05-21. 
  19. "Eurovision Liechtenstein: 1 FL TV will not debut in Eurovision 2019 - ESCToday.com". Eurovision News, Polls and Information by ESCToday (en inglés). 2018-07-26. Consultado o 2018-08-22. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
  Lisboa 2018
 
Festival de Eurovisión

Israel 2019
Sucesor:
  Róterdam 2020