Fernando Pensado

político español
(Redirección desde «Fernando Pensado Barbeira»)

Fernando Alfredo Pensado Barbeira, nado na Baña o 5 de agosto de 1952, é un médico e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaFernando Pensado
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
A Baña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a exercer como médico en Aranga en 1975. Tras facelo Servizo Militar estableceuse en Navia de Suarna ata que en maio de 1978 se trasladou a Palas de Rei, onde exerceu como médico ata a súa xubilación en agosto de 2022[1].

Compaxinou a medicina coa actividade política. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular en Palas de Rei e foi elixido alcalde por maioría absoluta, sendo ademais designado nese mesmo mandato deputado provincial. En 1985 foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo que abandonou a alcaldía, se ben se mantivo como concelleiro. Continuou como parlamentario autonómico pola formación popular, seguindo de concelleiro en Palas, ata que volveu ser elixido alcalde nas eleccións municipais de 1999 tras encabezala candidatura do PPdeG e lograla maioría absoluta. Volveu revalidala alcaldía por maioría absoluta en 2003 e foi designado deputado provincial para ese mandato. En 2007 foi novamente reelixido por maioría absoluta, se ben por tan só dous votos de diferenza sobre o PSdeG-PSOE tras sufrir unha considerable perda de apoios. En 2011 renunciou a concorrer como candidato á alcaldía, mais continuou na candidatura do PPdeG como número 2 do seu sucesor Pablo Taboada[2], o cal revalidou a alcaldía para os populares por maioría absoluta. Nese mandato volveu a ser deputado provincial. Continuou como concelleiro tralas eleccións de 2015, 2019 e 2023, polo que seguiu formando parte do goberno de Palas tras renovar Taboada a maioría absoluta á fronte do PPdeG.

En maio de 2011 foi denunciado pola interventora municipal por acoso laboral, falsidade en documento oficial, falsificación de certificados, usurpación de funcións públicas, fraude na obtención e ou execución de subvencións públicas, prevaricación e inxurias[3]. En xaneiro de 2019 o Tribunal Supremo revocou a condena por acoso[4], polo cal puido continuar como concelleiro.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
José Manuel Pacín Vázquez
  
Alcalde de Palas de Rei
 
1983 - 1985
Sucesor:
Manuel Santos Varela
Predecesor:
Jesús María López Cordeiro
  
Alcalde de Palas de Rei
 
1999 - 2011
Sucesor:
Pablo José Taboada Camoira