Fernando I de León
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[1] ou de León[a] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1016 (Gregoriano) Navarra, España |
Morte | 27 de decembro de 1065 (48/49 anos) León, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Rei de León (Iure uxoris) Reino de León | |
1037 – 1065 Xunto con: Sancha I de Galicia | |
Conde de Castela Condado de Castela | |
1029 – 1065 – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político, rei, gobernante |
Carreira militar | |
Conflito | Battle of Atapuerca (en) Batalla de Tamarón |
Outro | |
Título | Consorte real de León Conde de Castela |
Familia | Dinastía Ximena |
Cónxuxe | Sancha I de Galicia (1033 (Gregoriano)–) |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León, García II de Galicia |
Pais | Sancho III O Maior e Munia Sánchez de Castela |
Irmáns | García III de Navarra Ramiro I de Aragão Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza Ximena Sánchez |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Méndez, despois de que o seu cuñado e lexítimo rei Vermudo III, falecese loitando contra el na batalla de Tamarón.
Os primeiros dezaseis anos do reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas galegas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
No seu tempo o reino foi ampliado, tomándose as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064), e someteuse a algúns do reinos de taifas ao pago de parias.
División do reino
editarDespois da súa morte e a da súa esposa Sancha, os dominios da parella foron divididos entres seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, correspondeulle o Reino de León, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu a parte principal dos territorios do reino[3] mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real.
Notas
editar- Referencias
- ↑ Interim Fernandus Sanciam, filiam Adefonsi Galiciensis regis: Fernando en calidade de consorte de Sancha, filla de Afonso [V], rei de Galiza" (López Carreira (2005), p. 328)
- ↑ Documento n. 534 do Tombo de Celanova. 1060.
domus Fernandus princeps super omnem Galletiam
. - ↑ "Cantar del cerco de Zamora". Literatura Española I (Medieval) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2020.
Et dixole el rey don Sancho al rey don Alfonso: «Nuestro padre por nuestros pecados dexonos la tierra mal partida, et dio al rey don Garcia la mayor parte del regno, et uos fincastes el mas deseredado de todos nos et con mas poca tierra et por eso ternia yo por bien de tomargela»
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando I de León |
Fernando I e Sancha. Un período de progreso para o reino galego. |
Bibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
- López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96403-54-8.
Outros artigos
editarFernando I de León Dinastía Ximena Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067
| ||
Outros títulos Nobiliarios | ||
---|---|---|
Precedido por Vermudo III | ||
Rei consorte de Galicia 1037–1065 |
Sucedido por Afonso VI | |
Sucedido por García II | ||
Sucedido por Sancho III | ||
Precedido por García Sánchez de Castela
|
Conde de Castela 1028–1065 |
Sucedido por Remata o título condal |