García III de Navarra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
García Sanches III, tamén denominado García I de Pamplona, nado en 1020 e finado en Atapuerca, Burgos, o 15 de setembro de 1054, apelidado "o de Nájera", foi rei de Navarra.
García III de Navarra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1012 |
Lugar de nacemento | Nájera |
Falecemento | 1 de setembro de 1054 |
Lugar de falecemento | Atapuerca |
Soterrado | Santa María la Real of Nájera de tus muertos |
Nacionalidade | Reino de Pamplona |
Ocupación | gobernante |
Pai | Sancho III O Maior |
Nai | Munia Sánchez de Castela |
Cónxuxe | Étiennette de Foix |
Fillos | Ramiro Garcés, Lord of Calahorra, Sancho Garcês (infante de Pamplona), Raimondo Garcés di Navarra, Ermessinda Garcés di Navarra, Urraca di Navarra, Fernando Garcés, Mencía Garcés, Jimena Garcés, Mayor Garcés, Sancha Garcés, Sancho Garcés IV de Navarra e Sancho Garces, Senor de Uncastilla y Sangue |
Irmáns | Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza, Fernando I de León, Ramiro I de Aragão e Jimena Sánchez |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Herdou o trono navarro á morte do seu pai Sancho Garcés III. No ano 1037, cando o seu irmán Fernando I de León solicita a súa axuda para combater o seu cuñado Vermudo III de Galiza preto de Pisuerga, este préstaa, combatendo os dous irmáns unidos contra o monarca galaico na batalla de Tamarón, sendo vencido e morto o último.
A axuda prestada a Fernando foi decisiva para a repartición que os dous irmáns fixeron con gran parte do condado de Castela, aumentando os límites do reino de Navarra até a baía de Santander, ocupando practicamente todo o territorio vasco, e permitindo así que Fernando se apoderá-se da capital galaica, León.
Venceu ao seu irmán Ramiro I de Aragón en Tafalla (1043).
Aproveitando a debilidade dos reinos das taifas, dedicouse a aumentar os seus dominios con logro, conseguindo conquistar Calahorra en 1045.
En 1052 fundou o Mosteiro de Santa Maria la Real de Nájera.
Debido á repartición das terras castelás estalou a loita entre os irmáns, morrendo García III de Navarra na batalla de Atapuerca.