As parias (do latín pariāre: ‘igualar [unha conta]’, pagar) eran xuros ou tributos que pagaban os reinos de taifas (1031-1492) ós reis cristiáns[1] para que non os atacasen e para que fosen protexidos dos propios enfrontamentos que se producían entre as taifas ou dos ataques doutros reinos cristiáns.

Cando, a partir do ano 1031 tivo lugar a desmembración do califato de Córdoba, comezou a desaparecer a inferioridade militar dos cristiáns ante os musulmáns. Con todo, hai que ter en conta que aínda que ao estar divididos en reinos de taifas o seu poder militar era menor que o dos reinos cristiáns. Naquela época os económica e culturalmente prósperos eran os musulmáns, feito que permitiu que puidesen asistir ás duras peticións cristiás de riquezas. Así, cando as conquistas cristiás se detiveron no século XI debido á escaseza de poboación para asegurar o control das zonas conquistadas, os reis cristiáns prefiren, pois, o diñeiro das parias á ocupación.[2] Este diñeiro foi investido polos cristiáns no seu rearmamento, mentres que os musulmáns foron sufrindo, aos poucos, unha grave desmonetarización.

O diñeiro das parias foi moi importante na activación do Camiño de Santiago e na proliferación de monumentos románicos no norte dos reinos cristiáns. Gran parte dese monto serviu tamén para sufragar as obras da abadía de Cluny.

Os condados cataláns tiñan, ao oeste, o reino taifa de Lleida e, ao sur, o de Tortosa. As relacións con estes pequenos estados islámicos dirixíronos os condados de Barcelona e de Urgell, que eran os que tiñan fronteiras cos dous reinos e xa cobraban parias en 1044.[3]

Notas editar

  1. Ibáñez de Segovia (1777), p. 168
  2. Martínez Diez, Gonzalo. "Alfonso VI". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 12-10-2018. 
  3. García-Fitz (2002), p. 32

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Fitz, Francisco (2002). Relaciones políticas y guerra: la experiencia castellano-leonesa frente al Islám. Siglos XI-XIII (en castelán). Sevilla: Universidade de Sevilla. ISBN 9788447207084. 
  • Ibáñez de Segovia, Gaspar (1777). Memorias historicas del rei d. Alonso el Sabio, i observaciones a su chronica (en castelán). Madrid: Imprenta de Joaquín Ibarra.