Esteroide anabólico

Os esteroides anabólicos son substancias sintéticas relacionadas coas hormonas sexuais masculinas (andróxenos). Provocan o crecemento do músculo esquelético (efectos anabólicos), o desenvolvemento de características sexuais masculinas (efectos androxénicos) e tamén teñen outros efectos. O termo axeitado para referirse a estes compostos é o de esteroides "anabólico-androxénicos".

Estrutura do ciclopentanofenantreno

Os esteroides anabólicos foron desenvolvidos a finais da década de 1930 primordialmente para tratar o hipogonadismo, unha condición na que os testículos non producen suficiente testosterona para un crecemento, desenvolvemento, e funcionamento sexual normais. Os usos médicos primordiais destes compostos son para tratar a puberdade tardía, algúns tipos de impotencia, e o desgaste corporal causado pola infección da SIDA ou outras enfermidades. Os esteroides son derivados do núcleo do ciclopentanoperhidrofenantreno; un exemplo coñecido é o colesterol.

Funcións

editar
 
O Anadrol 50 mg (tamén coñecido como oximetolona ou Hemogenin) é un exemplo de esteroide anabólico.

Nos mamíferos, como o ser humano, cumpren importantes funcións:

  • Estrutural: o colesterol é un esteroide que forma a estrutura das membranas das células xunto cos fosfolípidos. Ademais, a partir do colesterol sintetízanse os demais esteroides.
  • Hormonal: as hormonas esteroides son:
    • Corticoides: glicocorticoides e mineralocorticoides. Existen múltiples fármacos con actividade corticoide, como a prednisona.
    • Hormonas sexuais masculinas: son os andróxenos como a testosterona e os seus derivados, os anabolizantes androxénicos esteroides; estes últimos chamados simplemente esteroides.
    • Hormonas sexuais femininas.
    • Vitamina D e os seus derivados.

Síntese

editar

As hormonas esteroides teñen en común que:

Entre os esteroides pódense destacar o esterol.

Efectos dos esteroides anabólicos

editar

Malia que a testosterona foi illada, sintetizada, e experimentouse con ela activamente por moita décadas, aínda hoxe existe algún tipo de debate acerca de como afectan exactamente os esteroides na masa muscular. Ata agora a forma de acción anabólica primordial con todos os esteroides anabólicos / androxénicos enténdese por ser a activación directa do receptor do andróxeno celular e o aumento na síntese das proteínas. Polo tanto, se podemos aumentar o noso nivel de andróxenos mediante unha fonte externa o suplementar testosterona ou un esteroide anabólico semellante, podemos incrementar notablemente a taxa na que a proteína é retida polos músculos. Esta é claramente a causa principal do crecemento muscular con todos os esteroides androxénicos.

Historia dos esteroides anabólicos/androxénicos

editar

Os primeiros experimentos científicos sólidos nesta área, que eventualmente levaron o descubrimento e réplica da testosterona (e andróxenos relacionados), tiveron lugar nos anos 1800. Durante este século coñecéronse un número de experimentos con animais, moitos dos cales involucraban a remoción e implante de material testicular dun suxeito. Aínda que eran moi crueis no que a deseño se refire comparado cos estándares de hoxe, estes estudos certamente serviron de fundamento para o campo moderno da endocrinoloxía (o estudo das hormonas). Pasado o século, os científicos puideron producir as primeiras inxeccións experimentais de andróxenos. Estes eran obtidos por filtración de grandes cantidades de ouriños (para hormonas activas), ou extraíndo testosterona de testículos animais. Os químicos finalmente sintetizaron a estrutura da testosterona a mediados dos 1930, producindo unha nova onda de interese nesta hormona. Coa comunidade médica atenta a este logro, os posibles usos terapéuticos para unha testosterona sintética lista e dispoñible convertéronse rapidamente no punto de enfoque popular. Moitos crían que a aplicación deste tipo de medicamentos sería difícil de acadar, cos usos nun rango dende o obvio mantemento dunha deficiencia de andróxeno, ata un tratamento de boa saúde e benestar para os enfermos ou anciáns. Durante a infancia de tal experimento moitos crían que se atopara unha verdadeira “fonte da xuventude” farmacéutica.

Consecuencias do abuso dos esteroides anabólicos

editar

O abuso dos esteroides anabólicos foi asociado cunha gran variedade de efectos secundarios que van dende acne e desenvolvemento de peitos nos homes ata ataques ao corazón e cancro de fígado. Moitos son reversibles se a persoa deixa de tomar os esteroides, pero outros son permanentes. O seguinte cadro ilustra os efectos máis estudados:

  • A nivel hormonal o abuso de esteroides interfire coa produción normal de hormonas no corpo, causando cambios que poden ser tanto reversibles como irreversibles. Entre os cambios que son reversibles están a diminución na produción de esperma nos homes por redución testicular; entre os cambios irreversibles están a alopecia e o desenvolvemento de peitos (xinecomastia) nos homes. Nas mulleres o abuso de esteroides anabólicos pode causar masculinización, o cal significa que os peitos e a cantidade de graxa corporal decrece, a pel faise grosa, o clítoris agrándase e a voz faise máis profunda. Así mesmo, o cabelo cáese aínda que o cabelo corporal crece.
  • A nivel músculo-esquelético altos niveis de testosterona e outras hormonas sexuais en persoas que aínda non terminaron de crecer bioloxicamente poden determinar estaturas máis pequenas do que xeneticamente estaban predispostas a ter.
  • A nivel cardiovascular o abuso de esteroides asóciase con enfermidades cardiovasculares, incluíndo ataques o corazón e infartos, incluso en atletas menores de 30 anos. Ao cambiar os niveis de lipoproteínas que transportan o colesterol no sangue increméntase o risco de padecer arteriosclerose, unha condición na que as substancias graxas son depositadas nas paredes das arterias interrompendo o fluír do sangue, o que finalmente pode resultar nun ataque ao corazón.
  • A nivel do fígado o abuso de esteroides asóciase a tumores e a unha rara condición chamada hepatite peliose[Cómpre referencia], con formación de pequenas cápsulas cheas de sangue no fígado. Esta condición así como os tumores poden causar hemorraxias internas.
  • A nivel da pel o abuso de esteroides pode causar acne, coiro cabeludo e pel graxenta.

Por que se usan os esteroides anabólicos

editar

Unha das razóns principais pola cal a xente utiliza esteroides anabólicos é para mellorar o seu rendemento deportivo. Entre culturistas estímase que o abuso de esteroides é moi alto [Cómpre referencia]. Outra razón pola cal a xente toma esteroides é para aumentar o tamaño dos músculos e reducir a graxa no corpo. Este grupo inclúe persoas que sofren dun síndrome chamado dismorfia, no cal a persoa, home ou muller, ten unha imaxe distorsionada de si mesmo e non importa que tan musculosa esta persoa sexa, sempre se vai a ver como alguén débil e delgado.

Como se usan os esteroides

editar

Os esteroides tómanse oralmente en forma de pastillas ou inxéctanse intramuscularmente. Os que abusan dos esteroides toman doses en grandes cantidades de centos de miligramos por día, mentres que os doutores receitan soamente de 1 a 5 mg por día para uso médico válido. Baixo a crenza de que tomando máis esteroides terán mellores resultados, os que os usan toman moitos tipos de esteroides combinados con outras drogas, un fenómeno que se coñece como "stacking" ou acumulación. Os esteroides ás veces úsanse en "ciclos" nos cales úsanse esteroides durante 6 a 12 semanas cada vez e se interrompe con períodos nos cales non se toman esteroides. Isto fano para evitar crear tolerancia.

Uso dos esteroides con outras drogas

editar

Os esteroides pódense combinar con estimulantes, depresores, medicamentos para quitar a dor, antiinflamatorios e outras hormonas para compensar os efectos secundarios dos esteroides. Paradoxalmente, esta estratexia aumenta máis as posibilidades de reaccións adversas.

Usos médicos válidos para os esteroides

editar

Os esteroides anabólicos e androxénicos úsanse medicamente para algúns tipos de anemia, algúns cancros de mama, osteoporose, endometriose e anxioedema hereditaria, un padecemento inflamatorio. Debido aos efectos secundarios negativos e o perigo do seu abuso, os esteroides anabólicos e androxénicos foron clasificados como substancias controladas con sancións ríxidas se se trafican, posúen ou usan.

Mellora do desempeño atlético

editar

Aínda que din que a masa muscular, a forza e o aguante aumentan, os esteroides non poden mellorar a axilidade, a habilidade atlética nin a capacidade cardiovascular —factores que tamén afectan o desempeño. Ademais, non hai proba convincente de que os esteroides acurten o tempo de recuperación das lesións.

Efectos psicolóxicos do uso dos esteroides

editar

O abuso dos esteroides poden ter un efecto profundo na mente, como cambios temporais da personalidade. Algúns consumidores poden presentar unha agresividade incontrolable e unha conduta violenta chamada "roid rage" ou rabia de esteroide, ademais de cambios severos do humor, episodios maníacos e depresión. Tamén, as persoas poden sentir celos paranoicos e irritabilidade intensa; ter delirios e falsas crenzas por sentirse invencibles. Nos períodos que non usan os esteroides, as persoas que os usan por rutina poden ter síntomas de abstinencia que intensifican os efectos psicolóxicos. O uso dos esteroides tamén pode causar un fenómeno chamado "anorexia masculina" no cal o que os usa non se sente satisfeito coa súa imaxe e non nota cambios que son evidentes para os demais.

Causas de morte por esteroides e tempo que están no noso corpo

editar

As mortes relacionadas cos esteroides acontecen como resultado de suicidio, homicidio, enfermidade do fígado, ataque ao corazón e cancro.

Os esteroides orais pódense detectar ata semanas despois do seu uso, mentres que os esteroides inxectados pódense detectar varios meses despois.