Alopecia
A perda de cabelo ou alopecia[1] é a perda excesiva do cabelo do coiro cabeludo, que pode ser temporal ou definitiva.[2] A persoa media perde aproximadamente entre 50 e 100 pelos ao día, isto non ten consecuencias visibles xa que aproximadamente 100 pelos crecen de novo ao día.[3] Non obstante, se un perde significativamente máis cabelo ao día, isto denomínase "perda de cabelo" ou "alopecia". Isto tamén pode ter consecuencias visibles en forma de adelgazamento do cabelo e co paso do tempo poden aparecer calvas na cabeza. A perda de cabelo xeralmente comeza na parte superior da cabeza ou arredor da coroa. O efecto da alopecia é chamado calvicie.[4]
Alopecia | |
---|---|
O actor Patrick Stewart.Un exemplo de alopecia masculina androxenética | |
Sinónimos | Caída do cabelo, calvicie |
Especialidade | Dermatoloxía |
Síntomas | Perda de pelo, especialmente no coiro cabeludo |
Complicacións | Impacto emocional, baixa autoestima, ansiedade, depresión |
Inicio habitual | Pode comezar en calquera momento da vida; a alopecia androxenética masculina adoita aparecer coa madurez. |
Duración | Pode ser temporal ou permanente |
Tipos | Alopecia areata, alopecia androgenética, alopecia cicatricial, entre outras |
Causas | Xenética, enfermidades autoinmunes, tratamentos médicos como quimioterapia |
Condicións semellantes | Tricotilomanía, infeccións fúnxicas, lupus |
Prevención | Non sempre é posíbel, pero a detección temperá e algúns tratamentos poden axudar |
Tratamento | Medicamentos tópicos, tratamentos orais, transplante de cabelo, apoio psicolóxico |
Medicación | corticoides e outros |
Prognose | Varía segundo o tipo de alopecia; algúns casos son temporais e reversíbeis |
Frecuencia | Común, especialmente con alopecia androxenética |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Causas e efectos
editarA perda de cabelo pode ser causada por hormonas, fatiga, dieta pouco saudable, tabaquismo ou como efecto secundario de certos medicamentos, por exemplo algúns fármacos contra o cancro.[5]
O estrés pode ser tanto causa[6] como consecuencia da alopecia; a alopecia inducida por quimioterapia causa unha interrupción significativa na vida de algúns pacientes, incluíndo efectos físicos, psicolóxicos e sociais, xerando estrés, angustia, ansiedade ou depresión.
A alopecia en nenos e adolescentes pode ser especialmente crítica debido á vulnerabilidade do seu desenvolvemento emocional e psicosocial, mesmo con medo ao acoso escolar, e nas mulleres o cabelo é un elemento moi importante da súa identidade.[7]
Dado que hai unha perda de cabelo androxenética, vinculada aos varóns, culturalmente é común que iso supoña menos impacto emocional e mesmo que a alopecia sexa considerada atractiva en algúns homes.[8]
Tipos de perda de cabelo
editarHai moitos tipos diferentes de perda de cabelo, incluíndo:
- alopecia androxenética, ou perda de cabelo clásica de patrón masculino, moi común;
- alopecia areata, unha forma irregular, expresión dun proceso autoinmune;
- calvicie debido a substancias que afectan a raíz do cabelo:
- intoxicación por talio;
- Mesmo despois do tratamento con medicamentos contra o cancro, adoita ocorrer a perda de cabelo (xeralmente temporal, entre dous e tres meses).[9]
- Outras enfermidades poden causar a perda de cabelo:
- a sífilis pode causar un patrón de calvicie.
- alopecia cicatrizante: todo tipo de enfermidades poden producir cicatrices nos folículos pilosos e, polo tanto, provocar calvas (permanentes).
- infeccións locais profundas da pel con fungos (favus)
- "Foliculite disecante do coiro cabeludo"
- Lique plano ou variante do mesmo: alopecia fibrosante frontal[10]
- Lupus eritematoso discoide crónico
- Pemfigoide ampoloso ou bochoso (tipo Brunsting-Perry)
- Os puntos calvos tamén poden xurdir ao arrancar o cabelo, consciente ou inconscientemente. Se isto ocorre repetidamente coas mesmas raíces do cabelo, esta calvicie pode ser irreversible.
- A alopecia de tracción faise tirando con forza (tamén) en coletas ou trenzas de cabelo.
- A tricotilomanía é unha tracción compulsiva do cabelo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alopecia.
- ↑ "alopecia". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Do you have hair loss or hair shedding?". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "calvicie". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Hair loss: Diagnosis and treatment". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Feeling stressed? It can show in your skin, hair, and nails". www.aad.org. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ Boland, Vanessa; Brady, Anne-Marie; Drury, Amanda (2020-12). "The physical, psychological and social experiences of alopecia among women receiving chemotherapy: An integrative literature review". European Journal of Oncology Nursing 49: 101840. ISSN 1462-3889. doi:10.1016/j.ejon.2020.101840.
- ↑ Girela, F. Javier (2015-07-28). "Las 46 calvas más bonitas del mundo". GQ España (en castelán). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Alopecia". Instituto Oncoguia (en portugués). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Lichen planus: Tips for managing". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alopecia |