Unha bóchega[1] ou bocha[2] é un mecanismo de defensa do corpo humano consistente nunha lesión elevada, palpable e circunscrita, chea de líquido linfático e outros fluídos corporais, que se forma na epiderme. Esta lesión fórmase para protexer o tecido tegumentario interior, o desprendemento ou a elevación principal da bocha é a primeira capa da pel; coñecida esta como a epiderme. Pode producirse como reacción a queimaduras ou fricción e axuda a reparar o dano producido na pel.[3][4] As bochas figuran entre as eflorescencias primarias.

Bocha.

Etioloxía

editar

As lesións de bóchegas adoitan ser consecuencia de axentes químicos ou físicos como queimaduras, conxelación de segundo grao ou a irritación mecánica -por exemplo, zapatos que rozan, calcetíns de fibras de algodón, tocar algún instrumento cordófono. Tamén, algunhas infeccións (por exemplo, a varicela e a erisipela bullosa) poden mostrar unha vesiculación.