Keith Bogans

baloncestista estadounidense

Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Keith Bogans
Axente libre
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 12 de maio de 1980 (43 anos)
Washington, D.C.
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto DeMatha Catholic
Universidade Kentucky (1999–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 43
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Orlando Magic (2003–2004)
Charlotte Bobcats (2004–2006)
Houston Rockets (2006)
Orlando Magic (2006–2009)
Milwaukee Bucks (2009)
San Antonio Spurs (2009–2010)
Chicago Bulls (2010–2011)
New Jersey / Brooklyn Nets (2012–2013)
Boston Celtics (2013–2014)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

 
Bogans cos Magic.

Orlando Magic editar

Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.

Charlotte Bobcats editar

Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.

Houston Rockets editar

O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.

Segundo ciclo en Orlando editar

Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]

O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] volveu o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]

Milwaukee Bucks e San Antonio Spurs editar

O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.[8][9]

Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.[11]

Chicago Bulls editar

Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.

O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]

En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.

New Jersey / Brooklyn Nets editar

O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]

Boston Celtics editar

Bogans foi renovado e traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[17]

Notas editar

  1. Magic Sign Free Agent Keith Bogans, Orlando Magic home page, 13 de xullo de 2006
  2. Yao has 22 points, 13 rebounds as Rockets snap Magic streak at five
  3. 3,0 3,1 Bogans, Magic's top reserve, to miss 4-6 weeks with broken thumb
  4. "Howard leads Magic past Timberwolves 100-89". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  5. Thunder-Magic Preview
  6. Thunder 89, Magic 98 - Box score
  7. "Hotbox Sports - Keith Bogans - Fantasy Basketball Profile". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  8. Magic acquire point guard Lue
  9. Stephens, Tim (2009-02-05). "Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue". Orlando Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-05. 
  10. "Spurs sign Keith Bogans". ClutchFans (en inglés). Consultado o 2021-02-24. 
  11. Spurs rout T-Wolves, avoid 8th seed in West Arquivado 16 de abril de 2010 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports; Weber, Paul (13 de abril de 2010)
  12. Bulls sign guard Keith Bogans
  13. Bulls win 7th straight, are alone atop East race Arquivado 21 de marzo de 2011 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports (15 de marzo de 2011)
  14. Rose, Bulls eliminate Pacers, 116-89 Arquivado 30 de abril de 2011 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports (27 de abril de 2011)
  15. "Injury-plagued Nets sign F Andre Emmett to 10-day contract". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2012. 
  16. "Brooklyn Nets sign Keith Bogans". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2012. 
  17. "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. 12 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar