Cores de carrozaría en competicións automobilísticas por país

artigo de listas da Wikimedia

Desde o comezo das carreiras organizadas do deporte do motor, no ano 1900, ata finais de 1960, antes de que a comercialización dos patrocinios na Fórmula 1 fora de uso común, os vehículos que competían na Fórmula 1, e demais carreiras de automobilismo internacional, corrían habitualmente cos seus coches pintados con cores estandarizadas que indicaban o país de orixe do coche ou piloto. Estes eran a miúdo moi diferente das cores nacionais utilizadas noutros deportes ou na política.

Historia editar

1900 editar

As cores teñen a súa orixe nos equipos nacionais que competiron na Copa Gordon Bennett, que se celebrou anualmente en 1900-1905. O Conde Eliot Zborowski, pai do lendario piloto de entre guerras Louis Zborowski, suxeríu que a cada participante nacional asígnaselle unha cor diferente. A primeira competición en 1900 asignou: Azul a Francia, Amarelo a Bélxica, Branco a Alemaña e vermello aos EUA. (Italia non adoptou o seu famoso Rosso Corsa ata que un Itala vermello gañou a carreira Pequín - París en 1907).

Cando Gran Bretaña competiu por primeira vez en 1902, tivo que elixir unha cor diferente das súas cores nacionais vermello, branco e azul, xa que estes xa foran asignados. O gañador de 1902 Selwyn Edge levaba o seu Napier pintado de cor verde oliva, o verde xa estaba ben establecido como a cor das locomotoras e maquinaria, que Gran Bretaña exportara ao mundo durante o século anterior. Ao ano seguinte cando Gran Bretaña foi sede da Copa Gordon Bennett de 1903 nun circuíto pechado en Athy en Irlanda, os británicos adoptaron o trevo verde que máis tarde evolucionou en varios tons de 'British racing green'.

1920 - 1960 editar

As cores para as competicións automobilísticas foron definitivamente establecidas no Período de entreguerras e fixados polo AIACR (o precursor da FIA), cando o Azul Francia de Bugatti e o Rosso Corsa de Alfa Romeo de Italia gañaron moitas carreiras, mentres que o British racing green de Bentley dominaron as Le Mans Grand Prix d'Endurance ata 1930.

Na década de 1930 os equipos Mercedes-Benz e Auto Union non usaron a pintura branca tradicional alemá, e os metais espidos deron lugar ao termo Silver Arrows. Un mito desenvolvido na década de 1930 foi que os equipos alemáns non aplicaron a pintura branca debido á necesidade de estar por baixo dos 750 kg. de peso máximo permitido; Con todo os primeiros "Frechas Prateadas" correron en 1932, antes da imposición do límite de peso en 1934. Os modernos monocascos xa usaban paneis de aluminio sen pintar nese período.

As cores da posguerra defínense en termos de carrozaría, capó, chasis, os números e os seus fondos (ver figuras de abaixo). Cando o chasis xa non quedou visible, a cor do chasis móstrase de diversos xeitos, por exemplo, as raias azuis paralelas do equipo Cunningham e outros equipos dos Estados Unidos na década de 1950. Porsche nos anos 1950 e 1960 tamén conserva a cor prata, aínda que outros equipos alemáns na década de 1960 (como BMW) volveu á pintura branca.

Era dos patrocinios, a partir de 1968 editar

Na primavera de 1968, as libreas de patrocinio, que xa se utilizaban nos Estados Unidos desde había algúns anos, autorizáronse nas carreiras internacionais. O equipo Team Gunston foi o primeiro na Fórmula Un en pintar os seus autos coas cores dos seus patrocinadores cando pintaron o Brabham privado de John Love, coas cores dos cigarros Gunston , no Gran Premio de Suráfrica de 1968. O British Racing Green pronto desapareceu dos coches dos equipos privados británicos.

Aínda que o vello esquema de cores foi abandonado pola FIA na maioría das disciplinas de carreiras na década de 1970, aínda se utiliza de xeito informal, sobre todo polos fabricante de automóbiles italianos, británicos e alemáns e polos equipos que queren facer fincapé nas súas tradicións nas carreiras. A miúdo, os acordos de patrocinio respectan isto, e o Rosso Corsa utilizado por Ferrari e Alfa Romeo estivo en uso continuo ata os nosos días.

O uso contemporáneo editar

Nos últimos anos as cores tradicionais rexurdiron, como o British racing green no equipo Jaguar Racing e nos automóbiles deportivos Aston Martin, e o branco no BMW Sauber. Outros fabricantes alemáns como Mercedes-Benz e Audi (Auto Union) utilizaron pintura de prata cando volveron á competición internacional na década de 1990. Moitos prototipos seguiron os vellos esquemas de cor, e a maioría dos corredores afeccionados prefírenos así.

A serie anual A1 Grand Prix de 2005 a 2009 contou con equipos nacionais, participaban coches idénticos con cores diferentes. Inicialmente, a maioría dos esquemas baseábanse nas respectivas bandeiras nacionais;[1] algúns equipos con diferentes cores deportivas tradicionais cambiaron desde entón, incluíndo A1 Team Australia[2] e A1 Team India.[3] As vellas cores nacionais de carreiras xa non eran tan populares entre estes equipos.

Cores históricas editar

Principais competidores editar

Estes quedaron como modelo, e son comúns fora das carreiras internacionais de Grand Prix.

 
Alemaña Blitzen Benz (1909)
 
Francia Bugatti Type 35C (1926)
 
Alemaña Silberpfeile (1930)
 
Estados Unidos Shelby Daytona (1964)
 
Xapón Honda RA272 (1965)
 
Siam (máis tarde Tailandia) librea ERA R12B Hanuman II (1939)
 
Reino Unido Lotus 49 (principio 1968)
 
Brasil Fittipaldi Automotive F5A (1977)
 
Italia Alfa Romeo 33 (1977)
 
Alemaña Audi R8 (2006)
Código País Carrozaría Números Marcas/Equipos
D   Alemaña Branco Vermello Benz, Mercedes, BMW, Porsche
Prata (ou de metal espido (Silver Arrows)) Vermello Mercedes-Benz, Auto Union, Veritas, Borgward, EMW, Porsche, Audi
F   Francia Azul (Bleu de France) Branco Delage, Bugatti, Talbot, Delahaye, Matra, Panhard, Alpine, Gordini, Peugeot, Ballot, Ligier
GB   Reino Unido Verde (British racing green) Branco Jaguar, Vanwall, Cooper, Lotus, Brabham, BRM, Bentley, Aston Martin, MG
I   Italia Vermello (Rosso corsa) Branco Alfa Romeo, Maserati, Ferrari, Lancia, Abarth, O.S.C.A., Officine Meccaniche
J   Xapón Branco con "sol" vermello Negro Honda, Nissan, Toyota, Super Aguri
USA   Estados Unidos Branco, raias lonxitudinais azuis ("Cunningham racing stripes"), (orixinal) Azul bastidor Azul Cunningham, Ford, NART, Shelby, Chaparral
Azul (Azul real), Raias lonxitudinais brancas, bastidor Branco Branco AAR Eagle, Ford, Shelby, Scarab

an

Lista nacional editar

Os seguintes esquemas foron adoptados por varios países en diferentes momentos:

Códigos País Carrozaría Capó Outras Cores Números Exemplo ilustrado
A   Austria Blue   Negro sobre branco  
ARG   Arxentina Azul Amarelo Chasis: Negro Vermello sobre Branco  
AUS   Australia Verde Ouro Azul Negro  
B   Bélxica Amarelo   Negro  
BR   Brasil Amarelo pálido Chasis/Rodas: Verdes. Ás veces, os coches brasileiros presentaban raias verdes lonxitudinais Negro  
BUL   Bulgaria Verde Branco   Vermello sobre branco  
C   Cuba Amarelo Negro   Negro sobre branco  
CDN   Canadá As cores tradicionais son bandas paralelas brancas e verdes Logo de que a bandeira canadense fora cambiada en 1965 fíxose popular o vermello con anchas raias brancas lonxitudinais Negro  
CH   Suíza Vermello Branco   Negro  
CS   Checoslovaquia Branco Azul/branco Bastidor:Vermello Azul  
D   Alemaña Branco metal espido (aluminio, "Silver Arrows") Vermello  
DK   Dinamarca Silver-grey Bandeira nacional como unha banda ao largo no capó Vermello sobre branco  
E   España Vermello Amarelo Chasis/Ballestas: Vermello Negro sobre amarelo ou branco sobre vermello  
ET   Exipto Violeta pálido   Vermello sobre branco  
F   Francia Azul   Branco  
FIN   Finlandia Branco Dúas raias azuis no capó en forma de cruz latina Negro sobre branco  
GB   Reino Unido Verde O equipo escocés Rob Walker utilizou o azul escuro co morro branco e Ecurie Ecosse tamén utilizou o azul escuro; o equipo de Arrol Johnston anterior á primeira guerra mundial utilizaba o tartán azul mariño Branco  
GR   Grecia Pale Blue Dúas raias lonxitudinais brancas no capó Negro sobre branco  
H   Hungría Frontal: Branco
Traseira: Verde
Vermello   Negro  
HJK   Xordania Marrón   Negro sobre branco  
I   Italia Vermello   Branco  
IRL   Irlanda Verde Banda horizontal de cor laranxa todo o redor Branco  
J   Xapón Branco marfil Disco vermello no capó Branco sobre negro  
L   Luxemburgo Franxa ao largo tricolor (vermello/branco/azul) de diante atrás Negro sobre branco  
MAS   Malaisia Amarelo Branco Negro sobre branco/Negro  
MC   Mónaco Branco Longa banda vermella ao redor do coche Negro sobre branco  
MEX   México Ouro Diferentes deseños en azul real (Non é estritamente unha X no capó) Negro sobre branco (non vermello sobre branco)  
NL   Países Baixos Laranxa   Branco  
NZ   Nova Zelandia Verde e prata Negro e prata[4]    
PHI   Filipinas Vermello Azul Vermello  
P   Portugal Red Bastidor: Branco Branco  
PL   Polonia Branco Bastidor: Vermello Vermello sobre branco  
RCH   Chile Vermello Azul Bastidor: Branco Azul/vermello ou vermello sobre branco  
S   Suecia Fondo azul, principal amarelo, tres bandas transversais de cor azul na parte superior do capó Branco  
T   Tailandia Azul pálido cunha banda horizontal amarela ao redor da carrozaría e o capó Rodas: Amarelo pálido Branco sobre azul  
U   Uruguai Azul pálido con gran banda vermella ao redor da parte inferior do capó Branco sobre negro  
USA   Estados Unidos Branco con raias lonxitudinais de cor azul Bastidor: Azul Azul sobre branco  
ZA   Suráfrica Ouro Verde   Negro sobre amarelo  

[5][6][7]

Notas editar

  1. "Sporting Regulations". A1 GP. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 1 de setembro de 2008. 
  2. "Australia's new colours". A1 GP (en inglés). 28 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008. 
  3. "A1 Team India brings home 2 points with 9th position in the Feature Race". A1 Team India. 14 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008. 
  4. Doug Nye: "McLaren, The Grand Prix, Can-Am and Indy Cars", page 73
    McLaren - The Cars by model number Arquivado 17 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2014. 
  6. http://www.modelersite.com/Dic2000/English/Racing_Colors_Eng.htm
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Davey, Keith Davey (1969). The encyclopaedia of motor racing. Anthony Pritchard. D. McKay Co. 

Ligazóns externas editar