Cereixa, A Pobra do Brollón

parroquia civil do concello da Pobra do Brollón

San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres), agrupados en 11 entidades de poboación, cunha densidade de 20,93 hab./km². A súa poboación diminuíu notablemente dende 1991, cando tiña 227 habitantes.

Cereixa
Igrexa parroquial
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°33′08″N 7°25′18″O / 42.552222222222, -7.4216666666667Coordenadas: 42°33′08″N 7°25′18″O / 42.552222222222, -7.4216666666667
Área7,5 km²
Poboación157 hab. (2011)
Densidade20,93 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.

Historia editar

Na zona de Alende hai restos do castro de Alende. Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.

A parroquia foi concello ata a organización actual dos concellos co proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833, polo que en 2021 cumpriu o seu bicentenario[2])

Patrimonio editar

 
Capela e sepulcros no castro de San Lourenzo.
  • Igrexa de San Pedro, de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas.[3]
  • Capela de Nogueiras.
  • Castro de San Lourenzo. No poboado fortificado construíuse unha capela na Idade Media, con sepulcros ao seu redor. Foi rehabilitada en 1876 e despois abandonada. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo unha explotación de grava e area.[4]
  • Castro de Alende.[5]

Festividades editar

As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Cereixa editar

Lugares da parroquia de Cereixa no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

A Albariza | Alende | As Areas | Cima de Vila | A Estación | O Falcón | A Fonte | Guntiñas | Nogueiras | Rairos | A Zapateira

Parroquias da Pobra do Brollón editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ayán Vila, Xurxo M. (2005). "Etnoarqueoloxía e microhistoria dunha paisaxe cultural. A parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo)". Cuadernos de Estudios Gallegos 52 (118): 117–172. ISSN 0210-847X. 


Outros artigos editar