41ª edición dos Óscar

(Redirección desde «41ª edición dos Oscar»)

A 41.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 14 de abril de 1969 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Por primeira vez desde a 11.ª edición non houbo mestre de cerimonias.

Premios editar

 
Cliff Robertson, mellor actor
 
Katharine Hepburn, mellor actriz
 
Barbra Streisand, mellor actriz
 
Jack Albertson, mellor actor secundario
 
Ruth Gordon, mellor actriz secundaria
 
Mel Brooks, mellor guión orixinal
 
Walt Disney, mellor curtametraxe animada
 
John Barry, mellor banda sonora
 
Michel Legrand, mellor canción

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme en lingua non inglesa Mellor deseño de vestiario
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor banda sonora adaptada
Mellor canción Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios de honra editar

Óscar honorífico editar

Premio Humanitario Jean Hersholt editar

Controversias editar

A actuación de Cliff Robertson en Charly tivo unha acollida xeralmente mixta por parte da crítica e do público. Cando gañou o Óscar ao Mellor Actor, xerou certa controversia: menos de dúas semanas despois da cerimonia, a revista Time mencionou as preocupacións xeneralizadas da Academia pola "solicitude excesiva e vulgar de votos" e dixo que "moitos membros coincidiron en que o premio de Robertson estaba baseado máis na promoción que no rendemento".[1]

Young Americans foi anunciado como gañador da longametraxe documental, pero o 7 de maio de 1969, o filme foi descualificado cando se descubriu que se estreara en outubro de 1967, polo que non podía optar a un premio de 1968. Journey into Self, o primeiro finalista, recibiu o Óscar ao día seguinte.

A noite da cerimonia creouse unha polémica cando Johnny Carson e Buddy Hackett anunciaron nun sketch no Tonight Show desa noite, gravado tres horas antes da cerimonia de entrega dos premios, que Oliver! sería o gañador do mellor filme e que Jack Albertson gañaría o premio ao mellor actor secundario. A columnista Frances Drake afirmou que a maioría dos que viron creron que Carson e Hackett "estaban facendo unha broma práctica ou fixeron unha suposición afortunada".[2] Como Carson lembrou anos despois, creou unha gran controversia e houbo despedimentos en Price Waterhouse. Referíndose ao feito como "o grande engano de Carson", PricewaterhouseCoopers afirmou nun comunicado de prensa de 2004 que "máis tarde se comprobou que Carson e Hackett fixeron algunhas suposicións afortunadas para a súa rutina, disipando os rumores de violación da seguridade e mantendo intacto a integridade do proceso das votacións".[3] A Academia máis tarde contratou a Carson cinco veces para presentar a cerimonia.

Notas editar

  1. "The Trade: Grand Illusion". Time. 25 de abril de 1969. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 03 de febreiro de 2022. 
  2. "Hackett, Carson On Inside Track?". Galveston Daily News. 21 de abril de 1969. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2015-10-22. 
  3. "PricewaterhouseCoopers Celebrates 70th Anniversary Managing Academy Awards(R) Balloting". 12 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 2014-03-01. Consultado o 2014-03-01. 
Predecesor:
40ª edición dos Óscar
Premios Óscar
41ª edición dos Óscar
Sucesor:
42ª edición dos Óscar