Jerry Goldsmith
Jerrald King "Jerry" Goldsmith, nado nos Ánxeles 10 de febreiro de 1929 e finado en Beverly Hills (California) 21 de xullo de 2004 foi un compositor e director de música coñecido polo seu traballo na creación de bandas sonoras de cine e televisión.
Jerry Goldsmith | |
---|---|
![]() Goldsmith dirixindo a London Symphony Orchestra, 2003. | |
Nome completo | Jerrald King Goldsmith |
Nacemento | 10 de febreiro de 1929 |
Os Ánxeles (California) ![]() | |
Falecemento | 21 de xullo de 2004 (75 anos) |
Beverly Hills (California) ![]() | |
Causa | Cancro colorrectal |
Soterrado | Hillside Memorial Park Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade do Sur de California e USC Thornton School of Music |
Parella/s | Carol Heather Goldsmith e Sharon Hennagin Goldsmith |
Fillos | Joel Goldsmith, Aaron Goldsmith, Carrie Goldsmith, Jennifer Goldsmith e Ellen Goldsmith Edson |
Premios | Premios Emmy, Óscar á mellor banda sonora, Golden Raspberry Award for Worst Original Song e star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
http://www.jerrygoldsmithonline.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Compuxo bandas sonoras para filmes notables como The Sand Pebbles, O planeta dos simios, Patton, Chinatown, The Wind and the Lion, The Omen, The Boys from Brazil, Night Crossing, Alien, Poltergeist, The Secret of NIMH, Gremlins, Hoosiers, Total Recall, Instinto básico, Rudy, Air Force One, L.A. Confidential, Mulan, The Mummy, tres filmes de Rambo, e cinco de Star Trek. Foi nomeado a Premios Grammy, nove Globos de Ouro, catro BAFTA, e dezasete Premios Oscar. En 1977, recibiu un Oscar por The Omen.
El colaborou con algúns dos directores de cine máis prolíficos da historia, incluíndo a Robert Wise (The Sand Pebbles, Star Trek: The Motion Picture), Howard Hawks (Río Lobo), Otto Preminger (In Harm's Way), Joe Dante (Gremlins, The 'Burbs, Small Soldiers), Roman Polanski (Chinatown), Ridley Scott (Alien, Legend), Steven Spielberg (Twilight Zone: The Movie), e Paul Verhoeven (Total Recall, Instinto básico). Porén, a súa colaboración máis notábel foi probablemente a realizada con Franklin J. Schaffner, coa cal Goldsmith compuxo a banda sonora de O planeta dos simios, Patton, Papillon e The Boys from Brazil.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Jerry Goldsmith na IMDb (en inglés).
BibliografíaEditar
- Thomas, Tony: Music For The Movies (1973)
- Thomas, Tony: Film Score (1979)
- Brown, Royal S.: Overtones And Undertones (1994)
- Büdinger, Matthias: "A Patch Of Goldsmith". In: Soundtrack vol. 8, No. 69, p. 46-48
- Dupuis, Mauricio: Jerry Goldsmith - Music Scoring for American Movies, Rome, Robin, 2013, p. 265 (ISBN 978-88-6740-188-8).