The Mummy (filme de 1999)

Filme de 1999 dirixido por Stephen Sommers

The Mummy é un filme estadounidense de aventuras, fantasía e terror[2][3] escrito e dirixido por Stephen Sommers que se estreou en 1999. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah e Kevin J. O'Connor, con Arnold Vosloo como a momia.[4] É un remake do filme de 1932 The Mummy, que estivo protagonizado por Boris Karloff.

A momia
Ficha técnica
Título orixinalThe Mummy
DirectorStephen Sommers
ProdutorSean Daniel
James Jacks
GuiónStephen Sommers
John L. Balderston
IntérpretesBrendan Fraser
Rachel Weisz
John Hannah
Arnold Vosloo
Kevin J. O'Connor
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaAdrian Biddle
MontaxeBob Ducsay
EstudioAlphaville Films
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1999
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento$80 000 000[1]
Recadación$415 933 406
Filme seguinteThe Mummy Returns
Na rede
https://www.uphe.com/movies/the-mummy-1999
IMDB: tt0120616 Filmaffinity: 461672 Allocine: 20153 Rottentomatoes: m/1087270-mummy Mojo: mummy Allmovie: v179644 TCM: 331362 Metacritic: movie/the-mummy TV.com: movies/the-mummy-1999 Netlix: 20559714Editar o valor em Wikidata

A rodaxe fíxose en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear a Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.

The Mummy estreouse o 7 de maio de 1999, e recadou $43 millóns en 3 210 cines durante a súa primeira semana de emisión nos Estados Unidos; todo un éxito non agardado,[5] e obtivo unha recadación de $416 millóns en todo o mundo. O seu éxito motivou a secuela de 2001 The Mummy Returns, así como The Mummy: The Animated Series, e unha precuela spin-off, The Scorpion King. Sete anos despois, o terceiro título da serie, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, estreouse o 1 de agosto de 2008.

Sinopse editar

O filme comeza cos derradeiros días de Imhotep, sumo sacerdote do faraón Seti I, que se namora da concubina deste, Anck-Su-Namun. Imhotep e a prometida do faraón asasinan a Seti I. Deste xeito, Imhotep foxe, pero Anck-Su-Namun é capturada e asasinada pola garda persoal de Seti I. Cando Imhotep a intenta resucitar na cidade dos mortos (Hamunaptra) é detido polos soldados. O sacerdote é finalmente momificado vivo e sobre el repousa a maldición máis temida por tódolos exipcios, o Hom Dai.

De volta ó ano 1923, Evelyn e o seu irmán Jonathan descobren un mapa e unha especie de caixa que indica o xeito de chegar a Hamunaptra. Non obstante, cando o mapa sofre un pequeno accidente, ámbolos dous deciden preguntar sobre isto a un ex soldado e antigo propietario da caixa que está na cadea, Rick O'Connell. Evelyn decide salvalo da morte despois de que este lle prometera levala a Hamunaptra.

Personaxes editar

Outros personaxes son Oded Fehr como Ardeth Bay e Patricia Velásquez como Anck-Su-Namun. Stephen Dunham, Corey Johnson, Tuc Watkins, e Jonathan Hyde interpretan ós membros da expedición americana.

Galardóns e nomeamentos editar

Banda sonora editar

The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack
Banda sonora de Jerry Goldsmith
4 de maio de 1999
Duración57:46
XéneroBanda sonora
Selo discográficoPolyGram
Cronoloxía
Star Trek: Insurrection
(1998)
The Mummy
(1999)
The 13th Warrior

The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack foi composta e dirixida por Jerry Goldsmith, coa orquestración de Alexander Courage.

  1. Imhotep (4:20)
  2. The Sarcophagus (2:17)
  3. Tauger Attack (2:23)
  4. Giza Port (2:01)
  5. Night Boarders (4:08)
  6. The Caravan (2:52)
  7. Camel Race (3:26)
  8. The Crypt (2:26)
  9. Mumia Attack (2:19)
  10. Discoveries (3:41)
  11. My Favorite Plague (3:59)
  12. Crowd Control (3:12)
  13. Rebirth (8:33)
  14. The Mummy (6:19)
  15. The Sand Volcano (5:41)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar