L.A. Confidential (filme)
L.A. Confidential é un filme estadounidense de suspense dirixido, producido e co-escrito por Curtis Hanson. O guión foi escrito por Hanson e Brian Helgeland e baséase na novela de James Ellroy L.A. Confidential, o terceiro da serie L.A. Quartet. Ó igual que o libro, o filme conta a historia dun grupo de policías en 1953, os asuntos da corrupción e as celebridades de Hollywood.
No tempo da súa estrea, o actor australiano Guy Pearce e o neozelandés Russell Crowe eran relativamente pouco coñecidos en América do Norte, e un dos promotores do filme, Peter Dennett, estaba preocupado pola falta de estrelas coñecidas nos papeis principais. Porén, apoiou as decisións de Hanson de escoller a Kevin Spacey, Kim Basinger e Danny DeVito.
O filme recadou $126 millóns en todo o mundo e foi louvado pola crítica, conseguindo unha puntuación de 99% en Rotten Tomatoes e unha valoración de 90 sobre 100 en Metacritic. Foi nomeado a nove Premios Oscar, gañando dous: Oscar á mellor actriz secundaria para Basinger e Oscar ó mellor guión adaptado para Hanson e Helgeland; perdeu cada unha das outras categorías con Titanic. No 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry, por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".[1]
Personaxes
editar- Guy Pearce como Det. Tenente Edmund "Ed" Exley
- Russell Crowe como Oficial Wendell "Bud" White
- Kevin Spacey como Det. Sarxento Jack Vincennes
- Kim Basinger como Lynn Bracken
- James Cromwell como Capitán Dudley Smith
- Danny DeVito como Sid Hudgens
- David Strathairn como Pierce Morehouse Patchett
- Ron Rifkin como Fiscal do distrito Ellis Loew
- Graham Beckel como Det. Richard "Dick" Stensland
- Amber Smith como Susan Lefferts
- John Mahon como Xefe de policía Worton
- Paul Guilfoyle como Meyer "Mickey" Cohen
- Matt McCoy como Brett Chase
- Paolo Seganti como Johnny Stompanato
- Simon Baker como Matt Reynolds
- Shawnee Free Jones como Tammy Jordan
- Darrell Sandeen como Leland "Buzz" Meeks
- Marisol Padilla Sánchez como Inez Soto
- Gwenda Deacon como Mrs. Lefferts
- Jim Metzler como Conselleiro
- Brenda Bakke como Lana Turner
Notas
editar- ↑ Mike Barnes (16 de decembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "'Ghostbusters,' 'Top Gun,' 'Shawshank' Enter National Film Registry". Prometheus Global Media. Consultado o 16 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- L.A. Confidential na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)