Patricia Neal
Patsy Louis Neal, nada en Packard, Kentucky o 20 de xaneiro de 1926 e finada en Edgartown, Massachusetts o 8 de agosto de 2010 foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro.
Patricia Neal | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Patricia Neal en The Fountainhead. | |||||||||||||||
Nome completo | Patsy Louise Neal | ||||||||||||||
Nacemento | 20 de xaneiro de 1926 | ||||||||||||||
Lugar | Packard, Kentucky | ||||||||||||||
Falecemento | 8 de agosto de 2010 (84 anos) | ||||||||||||||
Lugar | Edgartown Massachusets | ||||||||||||||
Causa | cancro de pulmón | ||||||||||||||
Soterrado | Abbey of Regina Laudis | ||||||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||||||
Relixión | Igrexa católica | ||||||||||||||
Educada en | Universidade Northwestern, Northwestern University School of Communication e Knoxville High School | ||||||||||||||
Cónxuxe(s) | Roald Dahl (1953-1983) | ||||||||||||||
Fillos | Lucy Dahl, Ophelia Dahl, Tessa Dahl, Olivia Dahl e Theo Dahl | ||||||||||||||
Profesión | Actriz | ||||||||||||||
| |||||||||||||||
Na rede | |||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||||||
Traxectoria editar
Creceu en Knoxville, Tennessee e estudou drama na Northwestern University, onde gañou tamén un concurso de beleza. O seu primeiro traballo como actriz foi en Broadway.
O seu debut no cinema foi en 1949. Ese mesmo ano protagonizou The Fountainhead, onde coincidiu con Gary Cooper, con quen mantivo un romance. En 1963 interveu en Hud, de Martin Ritt pola que gañou o Oscar á mellor actriz.
En 1951 Neal coñeceu o escritor británico Roald Dahl, co que casou dous anos despois. En 1965, estando embarazada sufriu tres aneurismas e estivo en coma tres semanas. Finalmente deu a luz unha nena sa. O turbulento matrimonio entre Neal e Dahl acabou en 1983.
Finou de cancro en 2010, na súa casa de Martha's Vineyard.
Filmografía editar
Ano | Filme |
---|---|
1949 | The Fountainhead |
1950 | The Breaking Point |
1951 | The Day the Earth Stood Still |
1957 | A Face in the Crowd |
1961 | Breakfast at Tiffany's |
1963 | Hud |
1965 | In Harm's Way |
1968 | The Subject Was Roses |
1979 | The Passage |
All Quiet on the Western Front | |
1999 | Cookie's Fortune |
2009 | Flying By |