Destrución de Isengarda

A Destrución de Isengarda é unha batalla ficticia do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien.

Destrución de Isengarda
Parte de a Guerra do Anel
Data 2 e 3 de marzo de 3019 Terceira Idade do Sol
Lugar Isengarda, Terra Media
Resultado Derrota de Saruman
Belixerantes
Ents Isengarda
Líderes
Bárbore
Meriadoc Brandigamo
Peregrin Tuc
Saruman
Forzas en combate
Ents
Cuornos
Uruk-hai
Semiorcos
Baixas
Hayala, 120 ucornos Todo o exército de Saruman

Antecedentes: a traizón de Isengarda

editar

Saruman o Branco era o líder do Concilio Branco e o mago máis poderoso dos istari, enviados á Terra Media polos valar para opoñerse ó malvado Sauron. Porén, foi corrompido polo influxo de Sauron ó entrar en contacto a través dos palantíri que ambos posuían nas torres de Orthanc e Barad-dûr respectivamente.

Así, convocou por medio de Radagast o Pardo a Gandalf o Gris, o segundo dos istari, á súa torre de Orthanc en Isengarda, co fin de coñecer o paradoiro do Anel Único e facerse con el. Cando Gandalf chegou a Orthanc, Saruman recibiuno amablemente, pero pouco despois fíxolle notar o seu anoxo porque Gandalf no lle revelou o paradoiro do Anel. Saruman proseguiu a conversa insultando a Radagast «o simple, o parvo, o estúpido», o que acabou de poñer en garda a Gandalf. Saruman continuou desvariando sobre a súa nova túnica, coa que pretendía abandonar o branco anterior para ser «Saruman o Multicolor». Cando Gandalf lle instou a que se centrara nas cuestións importantes, Saruman reveloulle o seu proxecto de apoderarse do Anel e usalo para derrocar a Sauron e facerse co poder. Gandalf negouse, créndoo tolo, polo que foi encerrado na parte superior de Orthanc.

Nese intre, Saruman ponse definitivamente ó servizo de Sauron, quen lle manda transformar Isengarda nunha fortaleza. Durante os seguintes días, miles de orcos entraron en Isengarda, cambiando notablemente a paisaxe: destruíndo tódalas árbores arredor de Orthanc, construíndo pontes entre as fosas que escavaron para forxar armas e preparar un exército para derrotar ó reino veciño de Rohan.

Xestación

editar

Mentres toda Rohan se preparaba para a Batalla de Cornoburgo, acantonando toda a tropa dispoñible no Abismo de Helmo, os hobbits Merri e Pipin acompañan a Bárbore a un lugar do Bosque de Fangorn para facer unha reunión de Ents chamada, Cámara dos Ents. Alí decidiuse logo de tres días de deliberación, atacar Isengarda para destruír a Saruman cuxas accións molestaran moito ós ents.

A batalla

editar

Prolegómenos

editar

Á tarde do día 2 de marzo do ano 3019 Terceira Idade do Sol uns trinta ents e un exército de cuornos diríxese a Isengarda, chegando pola noite. Bárbore e uns poucos ents dirixíronse ata a vista das portas do Val. Alí viron como un impoñente exército de orcos, medio orcos e dunlendinos saían do Val con dirección ó Abismo de Helmo. Saruman, confiado na vitoria sobre os Rohirrim deixara Isengarda con moi poucas forzas no seu interior.

Unha vez que os inimigos se afastaron, Bárbore foi ata as portas que gardaban o val fortificado e, golpeándoas fortemente chamou ó Mago Branco, solicitándolle que se rendese. Por suposto non só non recibiu resposta, senón que foi atravesado por frechas, que non lle causaron dano algún. Emitiu un prolongado hum-hom e uns doce ents acudiron a grandes trancos. Xuntos, comezaron a destruír as portas, pero non só as Grandes Portas senón moitas partes da Muralla foron destruídas polos Ents.

O combate

editar

Comezou pois, pasada a media noite, o ataque contra a fortaleza de Saruman. Un exército de cuornos rodeaba Isengarda (á parte dos que marcharan ó Abismo de Helmo) e non deixaron saír a ningún orco con vida. Mentres tanto, os Ents destruíron toda a muralla do lado sur. Saruman quixo escapar, pero acabou encerrándose na torre.

Unha vez a salvo, Saruman puxo a funcionar as máquinas e un lume comezou a brotar por todos lados. O Ent Hayala e un centenar de cuornos arderon por completo. Isto enlouqueceu ó resto, que correron a destruír Orthanc, pero a dura roca coa que estaba feita non cedía. Bárbore, temendo polos seus, que se mancaban contra Orthanc, mandoulles parar. Despois disto, algúns espalláronse polo val e outros foron ó norte, deixando unha garda pequena en Isengarda.

Inundación

editar

Durante todo o día 3 de marzo, non se sentiu nin pasou nada, pero pola tarde, Merri e Pipin observaron que un "bosque" de cuornos custodiaba a parte setentrional do Val; e oíron un balbordo. Os Ents estiveran taponando o río Isen e os regatos que desembocaban nel. Á noite soltaron os diques e as augas do río inundaron o val. Os lumes de Isengarda apagáronse e tódalas fendas e construcións enchéronse de auga. A tarde do día seguinte os Ents devolveron ó río ó seu curso natural.

Trala loita

editar

Théoden, Aragorn, Gandalf, Legolas, Éomer, Gimli e vinte homes máis marcharon cara a Isengarda. Ó chegar viron os seus restos, e reencontráronse con Merri e Pipin, que vixiaban Orthanc durante a ausencia de Bárbore.

Saruman quedou condenado a vivir con Gríma encerrado en Orthanc, e sempre vixiado por Bárbore e os ents. Proseguía a Guerra do Anel, pero agora centrábase só en Barad-dûr.