Cultura de Malaisia

A cultura da Malaisia é moi rica, pois a súa sociedade é multicultural, con malaios, chineses e indios a compartillar o país. Os malaios son a maior comunidade, atinxindo o 60% da poboación. Son musulmáns, falan malaio (Bahasa Melayu) e son en gran parte responsábeis da orientación política do país.

Cultura por orixe editar

Os chineses forman cerca dun cuarto da poboación. Son principalmente budistas (Mahayana), taoistas ou cristiáns, falan os dialectos hokkien/fukien, cantonés, hakka e teochew e teñen unha historia de dominio dos negocios do país.

Os indios forman preto de 10% da poboación. Son na maioría támiles e telugu hindús do sur da India, falando támil, telugu, malayalan e algún hindi, e viven principalmente nas grandes cidades da costa occidental da península. Tamén existe unha comunidade sikh de razoábel tamaño.

O resto da poboación está composta por eurasiáticos, camboxanos, vietnamitas e tribos indíxenas. A maioría dos eurasiáticos é cristiá. Os eurasiáticos, de ascendencia mestiza, portuguesa e malaia, falan un crioulo portugués chamado papia kristang. Outros eurasiáticos, de ascendencia mestiza, malaia e española, descendentes de emigrantes vidos de Filipinas, que viven principalmente en Sabah, falan o único crioulo español asiático, o chavacano.

Os camboxanos e os vietnamitas son principalmente budistas (os camboxanos da seita Theravada e os vietnamitas da seita Mahayana). O malaio é a lingua oficial do país, mais o inglés é moi falado.

A maior tribo indíxena en número son os iban de Sarawak, cuxo número sobe a máis de 600.000. Os iban que aínda viven en aldeas tradicionais na selva viven en casas longas ao longo dos ríos Rajang e Lupar e dos seus afluentes. Os Bidayuh (170 000) concéntranse na parte suroeste de Sarawak. A maior tribo indíxena de Sabah é a dos kadazan. Son principalmente agricultores de subsistencia cristiáns. Os Orang Asli (140 000), ou pobos aborixes, inclúen varias comunidades étnicas diferentes que viven na Malaisia Peninsular. Tradicionalmente cazadores-recolectores e agricultores nómades, moitos foron sedentarizados e parcialmente absorbidos pola Malaisia moderna. A pesar diso, continúan a ser o grupo máis pobre do país.

Música editar

A música tradicional malaia é fortemente influenciada por formas chinesas e islámicas. A música baséase grandemente no xendang (tambor), mais inclui instrumentos de percusión (algúns feitos de conchas), o rebab (un instrumento de cordas con arco), o serunai (un instrumento de dupla palleta, semellante a un oboé), frautas e trompetas. O país ten unha forte tradición de danza e de tambores de danza, algunhas de orixe tailandesa, indiana e portuguesa. Outras formas artísticas inclúen o wayang kulit (fantoches de sombras), o silat (unha arte marcial estilizada) e artesanato como o batik, a tecelaxe, e traballos en prata e latón.