Lingua hokkien

(Redirección desde «Hokkien»)

A lingua hokkien é unha variedade das linguas min do sur, nativa da rexión de Minnan, no sueste da provincia de Fujian (China). Tamén é coñecida como lingua quanzhang (chinés tradicional e simplificado: 泉漳; pinyin: quánzhāng), polos primeiros caracteres dos centros urbanos de Quanzhou e Zhangzhou.

Hokkien
福建話 / 福建话
Falado en: República Popular da China e Taiwán
Total de falantes: máis de 45 millóns
Familia: Sino-tibetana
 Sinítica
  Chinés
   Min
    Min do sur
     Hokkien
Status oficial
Lingua oficial de: Taiwán
Regulado por: Ministerio de Educación de Taiwán
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nan
Mapa

Distribución das linguas min do sur, co hokkien en verde escuro.
Status

Os dialectos de hokkien de Taiwán teñen a consideración de lingua nacional na illa. O hokkien tamén se fala en moitas comunidades da diáspora chinesa en Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Camboxa, Myanmar, Hong Kong, Tailandia, Brunei ou Vietnam, entre outros. A intelixibilidade do hokkien varía segundo os dialectos, mais posúen unha identidade etnolingüística compartida.

Na rexión do sueste asiático, o hokkien actuou como unha lingua franca entre as comunidades chinesas en ultramar. Na actualidade, continúa a ser a lingua chinesa máis falada na rexión, incluíndo Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia e Brunei. Isto tamén se aplica, en menor medida, no sueste asiático continental.[1] Como resultado desta influencia histórica, existen préstamos do hokkien en moitas linguas do mundo, como o inglés, o tagalog, o betawi, o indonesio, o malaio, o mandarín, o castelán, o holandés ou o xaponés, entre outros.

  1. West 2009, p. 289-290.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar