• Benvido á Galipedia Turonio, sobre o tema da toponimia hai unha serie de directrices na Galipedia que pode atopar en Wikipedia:Política e normas:Toponimia. Tamén hai unha serie de criterios con respecto aos nomes dos lugares e parroquias, para parroquias o título do artigo é parroquia, concello para os lugares o título é lugar, parroquia, concello. Hai un grupo de compañeiros que traballan o tema da toponimia, pode contactar con eles para aclarar calquera cuestión. Saúdos. --Moderador 11:15, 8 setembro 2006 (UTC)
  • Benvido á Galipedia Turonio: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
    A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe
  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 18:15, 8 setembro 2006 (UTC)


Tesme á túa disposición. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:43, 9 setembro 2006 (UTC)

  • Acabo de ver o artigo Rosario Álvarez. Se a algunha persoa lle teño estima como persoa e como profesional, sen ter unha intimidade con ela digna de mención, é a Charo. A presenza dun artigo desas dimensións e contidos, persoalmente, seméllame vergonzosa e vergonzante. Síntoo, pero estou convencido de que é preferible borralo mentres alguén non sexa quen de facelo mellor--Lmbuga Commons - Galipedia 00:52, 9 setembro 2006 (UTC)
  • Recuperei o artigo Rosario Álvarez e desenvolvino minimamente cos datos que tiña á man. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:57, 9 setembro 2006 (UTC)

Concordo co que dis no anteior pero pensei que unha aoportación tan mínima era millor do que ningunha. Sobre o artigo de Rosario Álvarez dicir que aínda que era breve pretendía completalo a posteriori. A túa versión é muito máis civilizada, sonche novo por aquí e non sei muito como moverme e se algunhas aportacións non son o suficientemente adecuadas. Xa sabes como son estas cousas, se vexo que a colaboración é útil irei aprendendo e facendo millores artigos pero tamén pode pasar que non comprenda o sistema e me dea por vencido. Espero que isto último non pase. Grazas pola tua axuda. --turonio

OlaEditar

Ante todo, ola. Preséntome: son User:Sobreira e douche a benvida máis cordial. Vexo que comezaches hai pouco e anímote a que te unas ó noso xeito de facer país. Viña a conto do artigo de pai fillo nai. Quería avisarte de que despois de lelo e retocalo, cando me decatei fixera moitas modificacións, ata case diría que demasiadas, co cal decidín avisar ó autor para que non o tomase a mal. Nalgúns cambios é verdade que retoquei condicionado por teimas miñas (como facemos todos), pero sobre outros é interesante que teñas en conta algúns detalles:

  • a redacción debería ser clara (iso gáñase coa práctica, e ás veces nin así) e gramatical:
  • ten coidado cos estranxeirismos: é un xogo infantil de importancia para..." >> "é un xogo infantil de moita/grande importancia..." (é un galicismo);
  • cando crees un artigo novo, imaxina que llo contas a un estranxeiro ou a un neno: expresión clara, cousas que veñan a conto, relacionar con outros temas, pensar nas diferentes perspectivas (e ideoloxías) desde as que se pode abordar un tema, etc.
  • aínda que é algo que eu non sempre aplico, as afirmacións que se incorporen deberían ser un pouco validables (ou demostrables). Ás veces os artigos chegan a semellar coma pequenos traballos de clase. Isto é máis complicado do que parece, porque sempre pretendemos convencer ós demais e mesmo nos mentimos a nós mesmos. Xa verás, co tempo xa te irás autoimpoñendo un certo rigor sobre o que e como escribes.

En concreto:

  • se escribes "Nunhas versións..." non coincide que logo poñas "Na outra...";
  • de verdade dis "poñer as fichas dunha nunha"? Sooume rarísimo, unha tradución literal do castelán.

Hai dous apartados (escríbense entre signos =: ==segundo nivel==, ===terceiro nivel===...) que xa son case tradición na Galipedia:

  • Véxase tamén, para resaltar outros artigos relacionados;
  • Ligazóns externas, para tódalas ligazóns fóra da Wikipedia e Wikcionario;

Xa sei que nun principio ó mellor son moitas cousas para ter en conta, pero non te agobies en ser perfeccionista, toda colaboración sempre é interesante. Para responder ou enviar unha mensaxe a alguén, podes picar na ligazón á súa páxina de discusión que temos normalmente na nosa sinatura. Dígocho porque vexo que lle respondeches a Lmbuga nesta mesma páxina e non sei se se decataría (na súa sinatura, a páxina de discusión lígase onde pon Galipedia). É máis cómodo para todos e ademais así sáenos automáticamente unha mensaxe avisándonos de que alguén nos escribiu. No meu caso agora fago coma sempre: asino abaixo de todo (e a ligazón directa á miña páxina de discusión é a palabra parlez). Se tes algún problema avisa, que para iso estamos todos, para axudarnos entre nós.

Como cando comecei eu estaba moi perdido, decidín facer unha sorte de guía para os que viñesen detrás. Déixocha a continuación por se che vale dalgo. Tamén podes presentarte ou contar algo de ti mesmo na túa páxina de usuario User:Turonio e así te imos coñecendo, que vai ser o teu espazo persoal e ninguén máis vai tocala (podes poñela coma ti queiras). Espero que te enganches no vicio da Galipedia na medida en que poidas (wikihólico, chámanlle na wikipedia inglesa) e que esteas pronto facendo artigos dos que esteas orgulloso.

Son User:Sobreira (estamos todos en colaboradores) e douche a benvida á Wikipedia en galego, a Galipedia, e desexándote que desfrutes do noso traballo conxunto. Queremos tamén informarte un pouco para que non te perdas entre tanta silveira de páxinas:
  • As páxinas divídense entre os artigos da enciclopedia e as que usamos nós para a xestión, organización e coñecemento interno dos colaboradores rexistrados. O normal (e desexable) é que as segundas comecen sempre por "Wikipedia:". Neste segundo grupo hai unhas páxinas especiais para cada usuario: a de presentación (para que a estrutures ti ó teu gusto) e a de discusión (para que a xente se comunique contigo). Cada usuario tamén ten as súas dúas e comezan por "User:" ou "User talk:". Hai outras especiais que comezan por "Special:". O sistema da Galipedia distingue as maiúsculas das minúsculas nos títulos das páxinas, ademáis da existencia de espazos;
  • A páxina inicial da Galipedia é a Portada, con moitas ligazóns pero tamén tes unha benvida máis específica para novos colaboradores en Wikipedia:Benvidos;
  • Tamén se poden relacionar os artigos con wikipedias noutros idiomas, dun xeito moi doado mediante unha ligazón cun formato especial;
  • Para comentarios e propostas destinados a tódolos usuarios, podes publicalos nas diferentes seccións da Wikipedia:A Taberna;
  • Só cando te rexistras nunha sesión, o sistema avísate automaticamente das mensaxes que che envian outros colaboradores á túa páxina de discusión, ou ás veces na Taberna. Para responder, normalmente faise na páxina de discusión de quen che escribiu. Se accedes á súa páxina principal, a páxina onde se responde esta na pestana á dereita de "páxina de usuario", na parte superior da páxina. Para crear un novo apartado, faise automaticamente premendo na pestana "+", un pouco máis á dereita;. Lembra asinar para que saiban que es ti quen escribe: é o penúltimo botón da barra de ferramentas;
  • Se queres, podes ler unha guía en Wikipedia:Libro de estilo (constantemente en construción), onde se fala de como se estruturan habitualmente os artigos e certos consellos de ortografía e ortotipografía;
  • Máis adiante e con paciencia xa irás aprendendo moitas máis cousas (que é un wikiproxecto, cal é a filosofía GNU e as licenzas GFDL, coñecéndonos a algún de nós), non teñas présa. De momento nós xa estamos contentos de que esteas entre nós;

--Sobreira (parlez) 16:55, 14 setembro 2006 (UTC)

MáisEditar

  • Agora que falas coa expresión porme mui en serio (que indica que posiblemente sexas do sur da provincia de Pontevedra e arredores ourensáns), lémbrome que si sería útil que puxeses a(s) caixa(s) do(s) idioma(s) que falas. Faise escribindo {{Babel-t|L1-N1|L2-N2|L3-N3...}}, onde t é o total de linguas que aparecen, Li cada unha das linguas e Ni o nivel de cada unha delas (de 1 a 4, e se non pos número sae coma falante nativo). Por exemplo, se falas (ou entendes por escrito) ben galego e castelán, bastante francés pero non de todo, algo de italiano e un pouco de inglés porías: {{Babel-5|gl|es|fr-3|it-2|en-1}}. Así xa tes algo para comezar a túa páxina persoal e ademais sábese que existe a posibilidade de que esteas traducindo artigos dende esas wikipedias ou poñendo interwikis. Logo hai caixas de usuario (userboxes) pero non sempre son ben recibidas (nin ben usadas: hainos que se definen relixiosa, politica, futbolistica ou ideoloxicamente, o cal pode ser innecesario e ata prexudicial).
  • Por certo, un detalle de lingüista retorcido: supoño que quererás dicir todos me miraban coma a un bicho raro (se dis todos me miraban coma un bicho raro estás a dicir que un bicho raro eran eles, que tamén pode ser :)
  • Hai máis: agora pai fillo nai xa ten imaxe :)

--Sobreira (parlez) 08:02, 15 setembro 2006 (UTC)

Wikipedia:Xornal da GalipediaEditar

Ola Turonio!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Blanco AmorEditar

En primiero lugar benvido á Galipedia Turonio e grazas polas túas colaboracións. Aproveito a mensaxe para dicirche que quizais queiras intervir con algún dato que nos permita decidir sobre a data de nacemento de Blanco Amor, xa que ti modificaches o dato. Estamos considerando retirar a referencia á data de nacemento porque as fontes non se poñen de acordo entre os días 8 e 14. Se tes algunha información que poda aclarar iso pode axudar a tomar unha decisión. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:22, 26 setembro 2006 (UTC)


Grazas por molestarte en ter en conta o problema da data de nacemento de Blanco Amor. Eu tiña clara a miña postura até que en diversas fontes mirei que se recollían indistintamente as dúas. Non sei que criterio seguir para dar máis fiabilidade a unhas fontes ou outras. Polo tanto prefiro non me pronunciar.

Retirei a referencia á data de nacemento porque resulta imposible, polo de agora, determinar cal é o dato exacto. Con respecto ao arquivo da páxina de discusión faise coa pestana mover cara un enderezo do estilo [[User talk:Turonio/Arquivo1]], logo hai que editar [[User talk:Turonio]] para retirar a redirección e deixar unha ligazón ao arquivo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:35, 18 outubro 2006 (UTC)

Páxinas de usuarioEditar

Desfixen a edición que fixeches na túa páxina de discusión porque non se considera un procedemento correcto eliminar debates que deben ser públicos, aínda que o faga o usuario da propia páxina. A información contida na páxina de discusión permite ó resto dos colaboradores coñecer o historial de debates dese usuario por iso non debe ocultarse. Un procedimento que si está admitido é arquivar a páxina cando é demasiado longa e resulta difícil de editar, sempre e cando se manteña un enlace ás discusións antigas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:21, 14 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Turonio. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)

libro de estiloEditar

Boa tarde!

como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas (como Les invasions barbares) e libros, e as aspas para as cancións, poemas...

outra recomendación é que cando traduzas ou crees un artigo que existe noutra wiki, engadas neses artigos unha ligazón ó artigo na wiki:gl.

Así mesmo, debo dicirche que no caso de películas ou libros, adóitase pór o título orixinal agás que haxa unha edición en galego (caso dos libros) ou de que teña sido dobrada (caso das películas). Como creo que aínda non existe dobraxe das de Arcand, o título do artigo debe ser o título orixinal, e a ligazón co título en galego debe ser eliminada.

Tamén che comento que para as películas hai un marcador que inclúe os datos da produción, como por exemplo o de Sempre Xonxa. Podes copialo e ir mudando os datos, e queda bastante ben.

Parabéns en calquera caso pola tradución do autor e das pelis. Bo traballo.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:02, 8 maio 2008 (UTC)

Tradución de citas en italianoEditar

Boas, mira, no artigo Anthony van Dyck hai dúas citas en italiano e como atopei que ti controlas dese idioma quería preguntarche se terías un momento para traducilas, e se che apetece clarostá :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2014 ás 00:04 (UTC)