Benvido(a) á Galipedia, Terrícola!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 30 de novembro de 2016 ás 20:47 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Terrícola. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 30 de novembro de 2016 ás 20:47 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Terrícola. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 30 de outubro de 2017 ás 18:19 (UTC)Responder

Permíteme insistir. --. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2018 ás 16:32 (UTC)Responder

La Voz de Ortigueira editar

Boas Terrícola, desfixen a túa edición no artigo La Voz de Ortigueira xa que non atopei referencias nas que basear a información, se queres engadila ó artigo tes que indicar unha fonte onde se poida verificar. Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2017 ás 23:21 (UTC)Responder

Reversión da edición editar

Ola. Para retirares ou modificares contido, debes achegar unha referencia contrastable. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2018 ás 20:53 (UTC)Responder

Etc editar

Ola, Terrícola. En galego etcétera ou a forma abreviada etc. non vai precidida da coma. Por favor, vai con xeito nas edicións que estás a facer, pois houbo que revertilas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de decembro de 2020 ás 10:06 (UTC)Responder

Por favor, detente editar

Estas a mudar palabras e outras cousas correctas por outras incorrectas.

Por favor, ten tino e consulta o dicionario da RAG: https://academia.gal/dicionario#inicio.do

Graciñas, un saúdo e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 6 de outubro de 2021 ás 20:46 (UTC)Responder

Si, xa procuro usar o diccionario en liña da RAG; con todo, podo cometer erros, pero se non me dis cales, non podo decatarme deles.
Tamén é certo que o autocorrector me xoga malas pasadas Terrícola (conversa) 7 de outubro de 2021 ás 14:16 (UTC)Responder
Diante dos substantivos que comezan por vogal, úsase a forma plena grande e diante dos substantivos que comezan por consoante úsase a forma reducida gran. --. HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2021 ás 20:27 (UTC)Responder
ok Terrícola (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 10:33 (UTC)Responder