Benvido(a) á Galipedia, Quatrinauta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Xoán Carlos Fraga 20:52, 18 setembro 2007 (UTC)

triskel vs triskelion editar

Saudos, quatri, queria preguntarche se o de trisquel non deberia incluírselle o que pon a wiki inglesa sobre triskelion, ¿sabes se son o mesmo termo e teñen a mesma orixe o celta e mais o grego/siciliano/etc?---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 14:42, 23 setembro 2007 (UTC)

  • Ola, Quatrinauta, podes mirar o número catro. Non sei que che parece. Recibe un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:35, 23 setembro 2007 (UTC)
  • Olá, Quatrinauta. Ben feito o de eliminar a categoria superior e ben feito o de non eliminar texto, senón simplemente tachalo (non é necesario sempre). Un saúdo de benvida, por certo. --Xosé (✉) 20:11, 25 setembro 2007 (UTC)

Marcadores editar

Linguaxes de programación editar

Xa vin que Xosé anda en todo. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 22:53, 26 setembro 2007 (UTC)

Categorias editar

  • En Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Informática están as categorias tal e como se aprobaron hai dous anos e medio e debes seguir este esquema (verás que hai unha decisión sobre a que non se chegou a acordo). Como supoño que tes ideas para moitas máis, pode-las propor na páxina de discusión. Por certo, Category:Software libre xa existe. --Xosé (✉) 20:45, 27 setembro 2007 (UTC)
  • As páxinas de categorias non se poden mover, mais os artigos si, simplemente con mudalos de categoria, crear a categoria nova se fai falla e marcar para borrar a categoria vella. Para mover os artigos, en vez de editalos un a un, podes-nos deixar un recado a User:XoseBot ou User:BanjoBot e moven-se todos nun plis plas. --Xosé (✉) 08:50, 6 outubro 2007 (UTC)

Parabenizando editar

Simplemente darte o meus parabéns pola laboura realizada en tan pouco tempo. É un pracer contar con xente coma ti. Un saüdiño meu, ;). AlberteSi, digame? 23:04, 27 setembro 2007 (UTC)

Opinar editar

Estarñia ben que pasases pola Taberna a pinar sobre os nomes que queremos para as mensaxes de sistema. Cantas máis opinións mellor. saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 20:48, 30 setembro 2007 (UTC)

Desculpa por terte animado a opinar e que levaras ese mal trago, non digo máis nada, só que sigas a traballar connosco como o estabas a facer. PArabéns polo teu traballo. Lansbricae (Ti dirás) 21:26, 4 outubro 2007 (UTC)

¿Cres que fixeches algo mal? ¿que dixeches algo indebido? Seguro que non. Dixéche-lo que pensabas, e ben feito estivo. Dá o mesmo o que nos pareza ós oíntes. ¿Pareceuche mal a resposta? Bueno, home, non cho tomes como cousa persoal e pensa no momento da discusión. Sempre se din cousas (e se escoitan outras) que non gustan a outros ou a un mesmo, pero ó final non é para tanto. Creo que debes seguir dando a túa opinión cando creas que debes dala e no sentido que queiras. E que só ti decidas se podes e queres falar, non deixes que iso dependa de ninguén de nós. Dentro da orde da educación e o respecto, non te impoñas máis límites. Saúdos e segue. Pedro --Lameiro 22:01, 4 outubro 2007 (UTC)

Saúdos 4N. Envieiche un correo hai unha semana. Se xa leras o meu correo, enton perdoa por te molestar. Preferin inicialmente poñercho nun correo para evitar "contaminarte". (Para evitar suspicacias repitoo aqui: Se alguen se saíu de tono contigo non foi tanto contra ti senon polo intre no que pasou e por apoiares unhas ideas "políticamente incorrectas". Coido que deberias voltar, simplemente. Aqui facemos falla todos, e en pouco tempo xa levabas feito un bo traballo que seria importante continuases nun futuro. Contas co meu respecto e seguro que co da gran maioria. Grazas polos scripts, aforran traballo indeed). Como di Lameiro, que só ti decidas se podes e queres falar.---- Maañónoo (o que ho?) 10:24, 27 outubro 2007 (UTC)


Saúdos de novo, vexo que voltas con forza, iso está ben, bon traballo!. ---- Maañón00 (o que ho?) 16:45, 24 novembro 2007 (UTC)

Ah, esqueciaseme: insisto no das opinions, opina do que quixeres (tes en curso votacións de administradores, artigos destacados, imaxes, políticas, etc) tes o mesmo dereito que os demais, isto non é un club privado, aqui todos contamos (en teoria e ás veces na pratica). A túa opinión é benvida, botamos de menos aires frescos!.---- Maañón00 (o que ho?) 16:49, 24 novembro 2007 (UTC)

No paragrafo de riba fun un tanto optimista. Ánimo, aqui fan falla as persoas honestas, independentes e con ideas, como ti, non te deixes desanimar. Saudos.---- Maañón00 (o que?) 00:28, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Auguste Comte editar

Ola Quatrinauta ! Dirixome a ti porque eres o ultimo en haber posto algo no artigo Auguste Comte, e o millor podes darme axuda a pregunta que puxen eiqui Conversa:Auguste Comte. Un cordial saúdo ElviraConversa con mi 11:05, 25 novembro 2007 (UTC)

  • Feito. Estaba buscando nomes curtos, e non me dei conta de que podía referirse tamén ós artigos. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 15:09, 5 xaneiro 2008 (UTC)

a raiz do toxo verde .... editar

Ola Quatrinauta ! Vou tratar de formular doutro xeito :

  • Elvire, perdoa, pero non entendo o que queres dicir, nada ... nada. : pois non é un drama (D:)
  • Eu votei en contra nesas votacións que citas. : nadie che pode castigar por eso (D;). O que me disgustou nises votos, non e que xente vote en contra, é que sendo tan poucos pa votar e tratandose de votos basicos dun proxecto wiki este tipo de votacion esta feito pa ca comunidad (niste caso a Galipedia) fagase ama diste tipo de regras e eu analizo os votos en contra como unha incomprhension do proxecto. Na miña mente non se trata de ca xente sexa de mala fé, tratase unicamente do estado de penetracion cas regras basicas teñen como integracion na comunidade.
  • Refíreste a iso? É malo votar en contra? : si refirome a iso, e como xa dixen non e malo votar en contra, sobretodo que a min gustame a sinseridade.
  • ...garda iso relación con esta discusión? : claro que sí, eu penso (que xa que somos poucos, e ca base das contribucions son libres) que polo momento é millor falar entre nos das regras xerais pa compartilas ben o fomentar un equipo que comparta o mismo entendemento basico. Penso que polo momento andar con regras mui especificas da Galipedia é malgastar as enerxias.
  • Por outro lado: ¿que queres dicir no resumo con "a raíz do toxo verde.."? , pois cando eu era nena oin moito eso de "a raiz do toxo verde é mui mala de arrincar ..." e eu teño dudas que esta fase de "perfecionismo", que non esta moito na miña maneira de ver non se supere pa ir mais lonxo ...
  • Incluso iso de "Xabier.Cid non te desanimes por favor !" : pois pa mín XabierCid non é home perfeto, pero o seu xeito de traballar na Galipedia corresponde perfectamente a miña vision das wikis e doiriame que se desilusione e que volva pa inglesa. Gustame que sepa que aprecio o seu xeito.
  • talvez eu sexa un pesado, non sei, pero tampouco coido que fose para tanto .. e se o fose non me importa que mo digas, pero non con indirectas, please. Perdoa se é que te entendín mal, por iso prefiro preguntarcho directamente. : pois non me pareces pesado, nin ti, nin ningen, tes que saber que sintome mui libre e que si ando por eiqui é por o meu pracer. Non teño nada que perdoarte e nunca dubides en virme preguntar o que che parezca, porque non me sinto obrigada de nada.

Saúdos Quatrinauta, esperando non che parecer misteriosa, e perdoa por a miña fala defectuosa.ElviraConversa con mi 22:27, 5 xaneiro 2008 (UTC)

eu tampouco son perfeta editar

Ola Quatrinauta ! Respondoche co mismo xeito pa evitar confusion :

**Elvire, canto máis me explicas as túas palabras máis medo me das :-). Sigo sin entender que mestures .... tratase unicamente do estado de penetracion cas regras basicas teñen como integracion na comunidade." Pois que alivio!! entón non teño mala fe, somente que aínda non cheguei ao "estado de penetracion das regras basicas"; bon, confío en que non sexan necesarios ritos iniciáticos (é broma :-). :
Tuven una reacion imediata e eu non tiña porque metela na discusion, tratei de darche unha explicacion, non me parece importante que entendas as miñas reacions, xa que non me parece boa cousa que eu ande a por este tipo de sentimentos, nistes casos temos o correo electronico pa falar fora da Galipedia e aliviar os nosos resentidos.
A defensa que fas de Xabier Cid paréceme innecesaria, eu non o estaba a atacar. :
Tendo en conta o que dixen antes, niste tema permitome engadir que o que tu ves como unha defensa de XabierCid, e pa mín a proba que non sei colaborar con el pa levar adiante a suas intervencios , so son capaz de decirlle que traballa ben. Por outra bando, seguindo nos resintidos, teño a impresion mui desagradable que desde que é administrador faltaseche moito o respeto, mais si so é unha impresion miña, non ten valor.
O comentario do "toxo verde" pareceume agresivo, ... :
Tes a razon, eu non tiña porque escribir esto, foi un arranque que non controlei (viña do fondo de mín e este tipo de sentimentos non teñen nada que fager na Galipedia porque son negativos e violentos).
... mais non me quero estender máis, somentes nos levaría a máis polémica. En vez de introducir elementos negativos na Galipedia (recriminacións, historias de votacións, apreciacións persoais, etc) porque non tentamos introducir elementos positivos (ilusións, propostas, crear artigos)? Nese afán abofé que me terás de compañeiro. :
Somos todos compañeiros e valemos todos o mismo, que fagamos pouco ou moito, fagemolo libremente e o que fagemos non nos cria direito ningun. A recompensa do noso traballo na Galipedia temos que atopala cada un no noso proprio juicio. De forma paralela as ganas que temos de contribuir é asunto persoal. Nas grandes wikis tamen hai este tipo de “ elementos negativos (recriminacións, historias de votacións, apreciacións persoais, etc)” pero quedan a marxen. O problema pa mín é que na Galipedia somos poucos é esto vexoo (é a miña vision, non digo que é a verdade, só é o meu problema, non digo que nadie comparte o meu analisis, e non che pido a ti de pensar coma mín) no centro do traballo de coherencia xeral da Galipedia .... e peor ainda maís, por desgracia, eu tamén ando con resintidos .

En conclusion Quatrinauta eu non teño nin a verdade, nin a politica, nin o porvenir da Galipedia, so teño que saber si é ó meu gusto o que fago na Galipedia, e niste caso non debo ter ningun resintimento que brote. Respondin largamente porque penso que eres sincero na tua interrogación . Si a ocasion presentase de colaborar non dudes de mín. Saudos sinxelos Quatrinauta ElviraConversa con mi 15:59, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Desculpas editar

Ola, Quatrinauta. Vin agora parte da discusión na que eu era parte referida (supoño que non implicada) e por se acaso fixen algo mal, quero pedirche desculpas. A traxectoria dun editor non se ve só nas votacións. Por outra parte, as votacións serven pra coñecer argumentacións, formas de pensar e formas de dialogar. Quizais haxa quen ve as votacións como sistemas de aliñamento, tanto externo como interno, pero non é o meu caso. --Xabier Cid 16:14, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Ola. Síntoo, pero non podo crear un artigo incorrecto para ilustrar un debate, nin para outras cousas. Saúdos. AlberteSi, digame? 16:35, 9 febreiro 2008 (UTC)

Creo que o borrara porque levaba o marcador de lixo. Se hai moitos artigos en similares circunstancias só é cuestión de buscalos e marcalos tamén, porén non teño demasiado tempo libre, pero estaría ben ir limpando un pouco, mais hai taaaaanto que facer, empezando por revisar as centos de traducións automáticas que se fan cada mes... AlberteSi, digame? 16:51, 9 febreiro 2008 (UTC)
PS: De todos xeitos non sei de moitos artigos que sexan do tipo A palabra que sexa é un castelanismo. A forma galega correcta é: calquera outra. AlberteSi, digame? 16:54, 9 febreiro 2008 (UTC)

Consenso editar

Ola, QuatriNauta, bos días. Quería agradecerche as túas palabras do outro día con respecto ás Normas antimonicreques, das que finalmente non se aprobou a redacción. Foi unha mágoa que non se entendese o esforzo de consenso e que a particiación non fose maior pra acadar ese consenso nas semanas en que se reclamou. Pero non hai mal, :) Estou seguro de que imos atoparnos e coincidir no traballo máis veces. Un saúdo agarimoso. --Xabier Cid 08:30, 12 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica editar

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

1 piar: wikipedia é unha enciclopedia editar

Ola Quatrinauta, recoméndote a lectura do primeiro piar da wikipedia (Wikipedia é unha enciclopedia, aquí traducida como O que a wikipedia non é), sobre todo a parte referente a wikipedia non é un blog ou similar. Agardo que saibas rectificar para cumprir as regras que dita o proxecto Wikipedia, e que como administrador teño que intentar que se cumpran. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:05, 14 febreiro 2008 (UTC)

  • A ver, unha cousa é pór un chisco de información persoal (moita xente pon algúns datos), e outra é facer unha páxina de opinión, de experiencias ou de material persoal sobre a wiki, incluíndo ataques a usuarios ou un rexistro dos seus erros. Ademais é moi interesante que Your user page is not a personal homepage, nor is it a blog. More importantly, your user page is not yours. It is a part of Wikipedia, and exists to make collaboration among Wikipedians easier. Por iso a mellor solución é que recuperaras a anterior versión da túa páxina de usuario. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:31, 14 febreiro 2008 (UTC)
    • Tíñate en conta como un usuario razoable e un moi bo editor, porén vexo que estás a seguir intentando saltar as regras do proxecto aínda e todo eu estea avisando e recordándoche as normas básicas deste. Por favor, desfai a páxina de usuario (volvendo ou non á versión anterior). Eu non vou poder estar a cada pouco avisándote. Agardo que volvas ó terreo da razón. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:56, 14 febreiro 2008 (UTC)

de que se fala ? editar

"A raiz do toxo verde é mui mala de arrincar, os amoriños primeiros son mui malos de olvidar" é o que recorde da miña xuventude. É eiqui que deixeime ir [1], pareceme mui claro de que falo dos amores que non deixan pasar a outros mais maduros, os amores vindeiros aos que non se da ido son os de adoptar as regras das wikis. Pareceme claro que non falo dunha persoa, non falo dos amores dunha persoa mais dos amores da Galipedia ! Non me parece ben de haber dito eso e xa to vin decir eiqui. Dasme unha importancia na tua paxina de usuario que non teño. Por outra banda Quatrinauta, si non entendes o que digo, como podes citarme ? Saudos ElviraConversa con mi 22:40, 14 febreiro 2008 (UTC)

Xa que me respondiches, pois movendo :
  • ... (borróuseme o exemplo que puxera, sin avisarme nunca se me explicou) e incluso fun recriminado por Elvire (ou algo similar, non entendo ben o que di) de non seguir a opinión de Xabier Cid e de ser "a raíz do toxo verde ..." (non fai falla ser moi listo: completando a frase, "son moi malo de arrincar", co cal implica que me tiñan que arrincar!!).!!

por

  • ...borróuseme o exemplo que puxera, sin avisarme nunca se me explicou) e incluso fun recriminado por E. de non seguir a opinión de Xabier Cid e de ser "a raíz do toxo verde ..." (completei mentalmente a frase, "son moi malo de arrincar", co cal entendín que me tiñan que arrincar!! ).

Non vexo ningun rigor intelectual, nin que me entendas. Ou me pós, ou non me pós. Non só anonima, son Elvire e dixen o que escribin, xa co que dixen é na tua demostracion a proba de que se te qer arrincar. Si pensas que eu ou outros penso ou pensan que te se quer arrincar deiqui ... pois a liberdade de pensar, ninguen se lla quita a ninguen ...Tu non sabes o que eu penso, do mismo xeito que eu non sei o que tu pensas. E non son eu quén para pregoarche ó que pensar, editar nos artigos, participar as conversas da comunidade, arranxar o mantemento dos artigos, votar nas votacios, deixar a Galipedia etc etc Saudos ElviraConversa con mi 23:21, 14 febreiro 2008 (UTC)

Unha man editar

Ola, Quatrinauta. Ata o de agora ti e mais levámonos ben, non? :) Imaxino que non tes nada que recriminarme. Por iso penso que che podo facer tres ou catro comentarios sobre o que puxeches na túa páxina de usuario.

  • Alma, Lansbricae e Maañón non son "os tres desterrados". Son usuarios da Galipedia, forman parte desta comunidade como calquera outro; moitas veces realizan labores moi produtivos e algunhas outras trabúcanse, como nos pasa a todos. Non che recomendo que caias nese rollo de que hai bandos, porque é crear unha situación inexistente e pouco produtiva.
  • Sempre pensei que as túas decisións as tomabas razonadamente e independentemente do que pensasen os demais. Confía en que os demais fagan o mesmo.
  • Cando tomes unha decisión, non penses en ti: pensa no que é mellor e máis construtivo prá Galipedia. Se vas nese camiño habemos de coincidir moitas veces.
  • De todas as cousas que podes facer, unha das máis desafortunadas é usar a túa páxina de usuario como elemento de crispación. Se hai cuestións que queres debater, tes espazos pra facelo nas páxinas de conversa persoais ou de temas en concreto. Ademais do sentido común, hai normas concretas da wikipedia sobre qué se debe e qué non se debe facer cunha páxina de usuario: [2]. E xerar mal rollo non está entre as cousas boas. En todo caso, se tes dúbidas, sempre me tiveches ao lado pra falarmos, debater e tratar calquera tema. Un saudiño --Xabier Cid 00:09, 15 febreiro 2008 (UTC)
Ahá, :) Agora xa sei onde está parte do problema... Hai conceptos wiki sobre os que tes malentendidos, pero non pasa nada, que non se fixo Roma en dous días, e sempre podes apoiarte en min e nos demais pra ir aprendendo pouco e pouco. Unha das cousas é a que ten que ver coa existencia das normas e a súa aplicación. Dese xeito, un dos traballos dos administradores (non o único, e seguramente non o máis importante) é aplicar unhas normas que existen na wikipedia, independentemente do que unha determinada comunidade poida pensar nun momento concreto. É dicir, hai unhas regras que non nos podemos saltar. Ou que podemos saltar, pero causándolle un dano ao proxecto. Por iso non é que non sexa necesario consultar a comunidade, é que é contrario ás propias regras facelo nestes casos. Podía poñerche unha chispa de exemplos semellantes no "mundo real", pero tampouco quero facelo, porque a miúdo cremos que na wikipedia operan as regras do mundo real, e non é certo.
Por outra parte, xa expliquei por que tomaba a medida máis lixeira que podía tomar (e resultan bastantes desconcertante por iso non só as reaccións dos usuarios que foron posteriormente bloqueados, senón os apelos á dignidade); tan lixeira é, que nin sequera está recollida nas normas, que falan de bloqueos e de medidas realmente serias. E tamén expliquei por que se fixo nesa votación e non noutras. É dicir, que perante unha situación onde as normas sinalan un comportamento duro por parte dos administradores, este administrador (non sei se correcta ou incorrectamente) optou por reducir o máis posíbel o alcance da medida.
En todo caso, unha cousa non ten que ver coa outra. Podes estar terribelmente indignado por esta medida, pero o xeito que a wikipedia sinala pra expresar esa indignación non é o que estás empregando na páxina de usuario. Creo que as referencias ás normas que che achegou o administrador Alberte sobre qué ten cabida nunha páxina de usuario e qué non, son bastante significativas, e entendo que deberías mudar os contidos da túa páxina de usuario. E non porque che o diga un administrador, senón porque o sinalan as normas da wikipedia, que están aí pra regular a convivencia cando a situación anda "en malos pasos".

Un saudiño. --Xabier Cid 19:15, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ola, quería aclarar un par de cousiñas que lanzas como quen non quere a cousa. Non eliminei a ligazón do blog por ti (porque se pode ter a ligazón ó blog), elimineina porque fixen unha entrada sobre un tema polémico e non quería que se reflexara o meu posicionamento político (aínda que sexa tan indirectamente) sobre o meu usuario. Que a túa acusación verquida me estea facendo falar de accións correspondentes a decisións persoais alleas á wiki prodúceme un intenso anoxo, á par de tristeza. O mesmo fas con Xabier Cid, en fin moi triste. Recibe un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 18:41, 22 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Quatrinauta. Desculpa que non che respondese antes, pero como consecuencia dun defecto de fabricación do disco duro perdín toda a información dos últimos dous anos (bueno, niso a culpa é miña, non do disco duro) e non puiden dedicarme á wikipedia nestes últimos días. Ese foi o problema que me moveu a alterar a miña páxina de usuario. Creo que eu che din unhas cantas explicacións de por que os contidos que incluías na túa páxina son incorrectos. Pero se non cres que as miñas palabras teñan razón, creo que deberías buscar qué din as normas da wikipedia sobre as páxinas de usuario (esta, entre outras, en:Wikipedia:User_page). Se sabemos o marco de normas en que nos movemos, resulta moi fácil a convivencia. Se cada vez que se aplica unha norma que existe en todos os proxectos wiki, a persoa que a "padece" vai considerar que existe unha conspiración contra el, mal imos. Prégoche que non vexas a Galipedia como unha dinámica de grupos. Non os hai, e agardo que non os haxa nunca. Saudiños. --Xabier Cid 11:48, 23 febreiro 2008 (UTC)

Lansbricae bloqueado? editar

Hai unha cousa que non entendo, si está bloqueado como dis na miña páxina de usuario, ¿como é que puxo ese comentario, asinado por el, na taberna? Miguel.lima 18:59, 16 marzo 2008 (UTC)

Quatrinauta, repítoche o mesmo que a User:Alma, le isto (a parte escrita por Maañón). Eu non creo que sexades parvos, pero vexo que sodes os únicos que non vedes a gravidade das acusacións, dos insultos, das faltas de respecto, e todo isto sendo moi reincidente. Gustaríame tamén, que se tiveses unha chisquiño de coherencia foses a animar a Prevert, que no fondo é quen recibiu os gravísimos insultos. Non creo que vaia por aí a cousa porque vexo que os ánimos van por outros lados que aínda non sei moi ben a que veñen, pero eu respéctoo, pero ponme algo triste ver tan claramente por onde van os tiros. Sobre os motivos do bloqueo de Lansbricae xa llo dixen aquí. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:37, 17 marzo 2008 (UTC)

  • Deixádeme intervir aquí, aínda que poida non se-lo sitio regulamentario, pero sí que creo que é o máis oportuno. Repito, por enésima vez, que vos tranquilicedes e que tomedes un tempo para pensar na resposta. O ton está subindo de mala maneira e iso nunca soluciona nada. Nunca, por moitas boas intencións que se teñan de solucionar problemas. Alberte: a linguaxe e ton que utilizas é agresiva de máis, e non che dá máis razón ó que fas. Ó contrario: faiche perder credibilidade. Estou seguro de que cres no que fas e nas razóns nas que baseas o que fas, pero se o explicas nese ton, consigues o efecto contrario.
Quatrinauta non está de acordo, non comparte as túas valoracións e pide explicacións máis concretas. Ti o ves claro como a auga clara, pero se lle contestas que parece parvo, que é o único que non se entera, que non ten nin un chisquiño de coherencia e, sobre todo, que "vexo que os ánimos van por outros lados que aínda non sei moi ben a que veñen, pero eu respéctoo, pero ponme algo triste ver tan claramente por onde van os tiros", non estás cumprindo os teus deberes de administrador, que debe facer e convencer; nin dás o exemplo que reclamas de respectar as opinións alleas. Acouga, ho, que podes e sabes facelo moito mellor, e ademais de explicar o que fas, axudarás a calma-los ánimos de todos, que boa falta nos fai. Quatrinauta ten tanto dereito a mostra-lo seu desacordo como ti a cre-lo contrario. Veña, tranquilizarvos, por favor, e coidade a linguaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 12:21, 17 marzo 2008 (UTC)
  • Lameiro ten razón (coma sempre), tratarei de repensar mil veces os posibles significados que se poden extraer das miñas palabras. Esta semana non poderei estar moito por aquí, así que se se me require podo non estar. Dito esto, digo agora que pido desculpas se se entendeu que te chamaba parvo, non ía nese senso, como digo na propia mensaxe. Eu respecto a túa mensaxe, e así o dixen na miña. Tentarei coidar aínda máis a linguaxe, pero a verdade é que considero inxusto que se me acose así, pero tentarei repousar máis aínda (e enténdase que coido que case sempre escribín moi moderadamente) as miñas verbas, e se cadra para próximas veces facer ouvidos xordos ás provocacións (non cho digo a ti, dígoo en xeral). Sei que cada vez que tome unha decisión como administrador vai surxir unha corrente contraria dun grupiño de persoas. Tentarei levalo o mellor posible. Polo tanto pido perdón ós que ven un ton excesivo nas miñas palabras, non o fixen nese ton pero ó mellor pode entenderse así, perdón. AlberteSi, digame? 16:29, 17 marzo 2008 (UTC)

Re:bloqueos + equidade editar

Desculpa se non me desculpo con alguén que ten que desculparse coa Galipedia.

Rógoche ademais que sexas obxectivo e ecuánime nos teus rogos, rogos que son unha intromisión no meu criteiro e na miña identidade: Secuencias como: "para o cal ti xogarías un papel importante se, valentemente, lle pedises disculpas a Xosé" son ruíns, inda que non sei se observarás, se serás capaz de observar, a ruindade que presentan.

Comecei esta mensaxe pedindo desculpas, pero son debidas a que espero que poidas desculpar que eu prefira morrer coas botas postas por defender aquilo no que creo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:14, 30 marzo 2008 (UTC)

Por certo, non me dera de conta de que aparecía a continuación este texto: "non me gustaría ser malinterpretado e ser bloqueado por facer esta petición que entendo responde ao interese xeral da Galipedia". Directamente, pois vostede sabe perfectamente de que vai o asunto: ¿pensa que son eu algunha clase de animalia? Rógolle faga aportacións construtivas onde poida ser escoitado e non na miña páxina de conversa (espazo onde só semella querer rirse de min). A miña páxina de conversa carece de interese para a comunidade e especialmente para vostede, pois semella ter grandres miras. Síntase vostede tan importante como se sente e edite consonte a importancia que vostede se confire: Eu son un merdallas. Velaquí a miña consideración para con vostede--Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 31 marzo 2008 (UTC)

Rógolle lea as contribucións da IP 87.217.144.141. ¿É realmente vostede o que fixo esas edicións? Estou á espera da súa reposta para tomar as oportunas medidas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:52, 15 abril 2008 (UTC)

Vexo que leva tempo sen estar presente no wiki. Sigo á espera da súa resposta--Lmbuga Commons - Galipedia 18:22, 27 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes editar

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --  Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)

Convite editar

Olá, Quatrinauta, receba as nossas boas-vindas.

 

Notamos teu interesse em Galiza e gostaríamos de te convidar a participar do desenvolvimento do Projeto Galizaplus. Se desejares poderás inscrever-te aqui.

Desde já, estamos à tua disposição para te esclarecer alguma dúvida que tenhas. Podes enviar uma mensagem para os participantes do Projeto carregando AQUI. Saudações,

Espero que iste desplegue de medios te anime a curiosear un pouco e a pasares un rato a traballar nas cousas da no sa terra cos que alí estamos. Un saúdo e ata pronto. Lansbricae (Ti dirás) 11:45, 6 xuño 2008 (UTC)