Benvido(a) á Galipedia, Davazpe.94!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 19:49, 31 outubro 2008 (UTC).

Outra benvidaEditar

Ola Davazpe.94 ! Se a Galipedia foiche de algunha axuda podes darte conta cos artigos que creas debense mellorar Centrismo, Reformismo, Himno español. Que opinas ? Non se pode pensar que creas tres artigos a seguida só por editar. Na taboa darriba tes ligazóns para pedir axuda e tamén podes contar comigo ElviraConversa comigo 21:21, 31 outubro 2008 (UTC)

ReformismoEditar

Unha cousa é que esteas traballando nel e outra é que o artigo sexa erróneo. Lembra que a información incorporada á Wikipedia ten que ser verificable e a ser posible incorporando fontes externas, que corroboren a información que metes. Non sei se nos artigos estás a basearte nalgo ou estás a inventalo, pero o listón de calidade dun artigo para entrar nunha enciclopedia debe ser máis alto do que os artigos que fixeches. O mellor, pois, é que empregues fontes fiables para face-los artigos. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:29, 31 outubro 2008 (UTC)

Recomendo ler: Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:Citar as fontes. Alberte Si, dígame? 22:31, 31 outubro 2008 (UTC)

FARC, Turco otomanoEditar

Ola de novo. Turco otomano foi eliminado por ser unha mestura de castelán e galego, que non cumpre os requirimentos para permanecer nunha enciclopedia, e FARC máis do mesmo: tradución automática na que mesmo copiaches os numeriños das referencias da wikipedia española. Por favor, reconsidera o teu xeito de colaborar, por un no que colabores en galego engadindo contidos de calidade, que en definitiva é para o que estamos aquí, para mellora-la calidade da Galipedia. Alberte Si, dígame? 20:22, 1 novembro 2008 (UTC)

Himno de RiegoEditar

tradicionaies himnos, tropas liberaies, [[Restauración absolutista#'''La Década Ominosa'''|Década Ominosa]], símbolo dos [[liberalismo|'''liberales''']], en la localidad, a pionera, coñeocida, En 1809 impóñese, os liberaies zaherían, nos azasos días, del, el, entonces famosa, se refería a la, seguente do estreo.. e paro xa, aínda que hai moitos máis, pero non é cuestión de amolar. A galipedia é e pretende ser unha enciclopedia seria, este tipo de colaboracións danan a súa imaxe e por iso son eliminadas. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:45, 1 novembro 2008 (UTC)

Pero é que se un trae textos para que os demais llos traduzan, quizais eses outros colaboradores prefiran facer eles mesmos o artigo baseándose noutras fontes, ou facendo, en definitica, unha cousa distinta dunha tradución do español. Se un editor trae un texto para que os demais lle fagan o traballo todo ten que saber que o máis probable é que o artigo vaia rematar eliminado. Por certo, non te esquezas de asina-los teus comentarios. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:01, 2 novembro 2008 (UTC)
Non, non é mellor, non é mellor ter un lixo que nada. Se o fora, hoxe mesmo podería colle-lo tradutor automático e facer 20 artigos, pero así estaría a mata-la Galipedia, e a posibilidade de ser considerada unha enciclopedia cun contido de calidade. Tendo 10.000 lixos non se avanza, avánzase aumentando a calidade. Iso hai que telo claro á hora de colaborar. Por certo, asina as túas mensaxes. Alberte Si, dígame? 16:22, 2 novembro 2008 (UTC)

Adiantar seEditar

Ola Davazpe.94. Se queres que a Galipedia adiante, tes que comezar a pórte o seu xeito e non coas túas ideas pero compartindo coñocementos acreditados e editados en lingua galega. De momento semella que andas xogando. Tes que coller en conta ó que che di Alberte, o seu traballo é de protexer a enciclopedia. Non che faltan avisos e posibilidade de pedir axuda para entender o traballo que faise eiqui. Saúdos ElviraConversa comigo 16:27, 2 novembro 2008 (UTC)

Declaración políticaEditar

Boas noites, Davazpe. Pregaríache que eliminases a proclama política que figura na túa páxina de usuario. A Galipedia non pode servir de plataforma para que expoñas as túas reivindicacións políticas, lingüísticas nin territoriais. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:06, 2 novembro 2008 (UTC)

PolíticaEditar

Por que entón outros membros poden colocar a Estrrlrira? Iso tamén son ideas políticas, o nacional-marxismo galego... Un saúdo.

Grazas, Davazpe. Creo que temos os dous ben clara a diferenza entre coloca-la bandeira ou a estrela que identifique politicamente a un (supoño que é iso o que queres dicir co da "Estrrlrira") e o manifesto político que escribiches, que non verás en páxina ningunha (e se o ves avisa, que lle direi o mesmo). Aproveito a ocasión para indicar que no artigo lexionario aínda che quedan erros que corrixir.
Outra cousa. Lembra que se recomenda asinar os comentarios e que, se queres que o teu interlocutor reciba a túa mensaxe debes escribilo na súa páxina (nestre caso na miña) e non na túa. Vaia lío de posesivos ;) Quero dicir que eu escribo esta mensaxe na túa páxina de conversa e ti, se queres contestar, tes que facelo na miña. Deste xeito sae ese aviso de que tes correo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 18:35, 2 novembro 2008 (UTC)
Vexo que xa che deches conta. Fai como se non dixera nada. Pedro --Lameiro (conversa) 18:37, 2 novembro 2008 (UTC)

A Galipedia non é un xogoEditar

Boas, non sei si entendes o que se che di. Non debes seguir creando artigos deste xeito. Lee ben no portal da comunidade Wikipedia:Portal da comunidade a sección Comeza a colaborar. Semella que sabes galego pois corrixe cando estas seguro e esi van vendo como se fan os artigos. Eu intentei axudarte, pero vexo que sigues o artigo lexionario (soldado da Roma antiga ou soldado de corpos militares actuaís) non pode comezae ca frase "Un lexionario era a tropa básica do exértido romano" .... Non podes seguir esi, Albert xa che dixo que podense eliminar os artigos deste tipo. Avisos xa tes moitos. A ver si cavilas un pouco, senon podese pensar que estas a xogar ElviraConversa comigo 20:29, 2 novembro 2008 (UTC)

Boas Davazpe.94.
Amañei un pouco o artigo lexionario. A ver si te animas, porque xa ves ainda queda un marcador. Arriba a dereita da páxina Wikipedia:Portal da comunidade, tes en letra grande a palabra Axuda que che leva a páxina Wikipedia:Axuda, esta páxina é realmente mui util. E non esqueczas en preguntar a outros usuarios. O de trabuquearse non é problema por si, ocurre a calquera. Animate e podes contar comigo, ainda que non domino o galego. Saúdos ElviraConversa comigo 21:08, 3 novembro 2008 (UTC)

Proposta de borradoEditar

Ola, Davazpe.94. Propuxen para o borrado o artigo sobre o Movimento da Resistência Ariana, que ti creaches. Se queres, podes dicir a túa opinión nesta páxina de discusión. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 16:10, 12 xaneiro 2009 (UTC)

ImaxeEditar

Perdoa que cho diga, pero non sei de que política de perfís falas. Onde pon que non podo pór unha imaxe de Commons na miña páxina de usuario? Grazas anticipadas pola resposta. Alberte Si, dígame? 21:11, 16 xaneiro 2009 (UTC)

A viñeta esa é unha imaxe de Commons, non sei en que discorda coas normas de conduta que rexen a Wikipedia. Alberte Si, dígame? 21:22, 17 xaneiro 2009 (UTC)

PaísEditar

Boas, Davazpe.94. Vin que mudaches un Galiza por España no modelo de bandas de música. Revertín a edición, porque nesta wiki consideramos que Galicia ten entidade de seu e polo tanto non hai problema en que apareza como país. A tal efecto, o que se fai por normal xeral é respectar a primeira edición. Supoño que non o sabías, por iso cho comento. E outra cousa, revertín as túas edicións na túa páxina de conversa, porque non está permitido borrar información. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:56, 28 febreiro 2010 (UTC)

Para determinar que Galicia é unha nación simplemente cómpre cinguirse á historia. Non obstante, se ao que te refires é si este tema xa foi discutido, direiche que, varias veces, pero agora mesmo non che sei indicar onde o podes ler nas políticas. Remexeo ti e se o dás atopado, cóntame. De calquera maneira, non hai moito houbo que corrixir este mesmo asunto no artigo do Dépor, en relación coas bandeiras. Aquí tes a conversa en cuestión[1], onde o usuario Prevert di un pouco por riba a política que seguimos. Espero que che serva de algo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:09, 28 febreiro 2010 (UTC)
O modelo é este. [2] --Atobar (conversa comigo) 14:19, 28 febreiro 2010 (UTC)

Conversa usuario:Davazpe.94/Arquivo1Editar

Ola Davazpe, marquei as páxinas (Usuario Discusión:Davazpe.94/Arquivo1, Usuario Discusión:Davazpe.94/Arquivo2 e Usuario Discusión:Davazpe.94/Arquivo4) que fixeches como {lixo}. O motivo e que están mal creadas e realmente non son páxinas de usuario. Deberían ter o formato de nome Conversa usuario:Davazpe.94/Arquivo1 e non o que teñen. Deviches inspirarte na Wikipedia en castelán máis na Galipedia é un chisco diferente. O que resultou é que orixinaches un artigos chamados Conversa usuario:Davazpe.94/Arquivo...

Por todo ilo repuxen na túa páxina de conversa os contidos que faltan. Non fai falla que teñas presa por arquivalos ata que non sexan de mais envergadura (da a impresión de que queres ocultar algo). En todo caso, o procedemento para arquivar sería:

  1. Na páxina orixinal da conversa, primeiro preme en mover.
  2. En Ao novo título: pon Conversa usuario:Davazpe.94/Arquivo1, motivo arquivo. Con estes dous pasos conseguirás que o arquivo de conversa conserve tolo o historial, cos nomes de todos os editores, etc.
  3. A continuación volve a páxina Conversa usuario:Davazpe.94 e editaa para quitarlle o código da redirección e cambialo por unha ligazón á paxina de arquivo que creaches no punto dous. E xa está. Feito.

Se che quedou algunha dubida, xa sabes, podes preguntar o que queiras, a min, ou na taberna. --HombreDHojalata conversa 18:32, 5 marzo 2010 (UTC)

Pois, para ir arquivando mes a mes tes que repetir o proceso que che expliquei cada día un (ou cando queiras, unha vez o mes). E a única maneira de que che conserve o historial. Non se me ocorre outra forma. Isto valeríache para os contidos que se engadan a partires de agora, non para os vellos, claro. De todas formas, non lle atopo utilidade a arquivar a conversa cando so ten dez liñas escasas, non o vin nunca. Igual pode axudarte alguén que saiba máis ca min se o expós na taberna. --HombreDHojalata conversa 16:32, 6 marzo 2010 (UTC).


ArquivarEditar

Davazpe, a Galipedia non é un xogo nin a túa páxina de conversa un laboratorio de probas. Arquiva unicamente cando sexa necesario, por favor. É dicir, se es un usuario moi activo semestralmente, se es activo de ano en ano, e se vés só ás veces, daquela non che fai falla arquivar nada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:50, 11 marzo 2010 (UTC)

Mills BrothersEditar

Boas Davazpe, o artigo Mills Brothers, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:06 (UTC)