Movimento da Resistência Ariana

movemento nazi

O Movimento da Resistência Ariana (Gallaecia) foi un movemento nazi que existiu en Galicia. Este movemento era supremacista branco e nacionalista galego e existiu entre o ano 2001, orixinalmente como un sitio web, até comezos da década de 2010.

Movimento da Resistência Ariana
Tipoorganización política e asociación cultural
IdeoloxíaNeonazismo, supremacismo branco e nacionalismo galego
Data de fundación2006
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Antecedentes editar

O movemento xurdiu como unha páxina web neonazi chamada "resistenciaria.org", a cal distribuía información referente á ideoloxía nazi, propaganda e negacionismo do Holocausto. Segundo relata o exneonazi David Saavedra no seu libro Memorias de un exnazi, a súa creación debeudr ao foro "#Galicia_NS", onde se falaban de temas neonazis do lugar homónimo. Dentro deste foro, un usuario co alcume de "BREOGAN88" que era dono dunha libraría neonazi na zona propuxo crear unha web para difundir material desa connotación en castelán que nese tempo estaba monopolizado por "Nuevorden.net", polo que xunto con Antonio Salas (Alias: "Wotan88") fundaron a páxina web que actualizaban diariamente.[1]

A páxina web comezou a funcionar no verán de 2001 xunto cunha serie de pintadas na capital galega anuciando a aparición desta nova web. Esta páxina chegou popularizarse pola cantidade de contido publicado e por abrenguer varios sitios web tamén, como CEDADE Galiza, Orgullo Blanco ou Hermandad Aria, chegando con isto a obter 25.000 visitas en pouco tempo.[2] No ano 2002 intentouse crear unha plataforma para unificar ás bandas de música RAC baixo unha ONG que cobrase subvencións da comunidade autonóma, xunto cun intento de crear unha libraría, mais ámbolos dous intentos marraron.[3]

A web neonazi atacaba os ideais da hispanidade e da democracia, xunto cos da cristiandade abrazando o paganismo próximo a Miguel Serrano Fernández.[4][5] O grupo tamén rexeitaba o franquismo e mantiña material racista na web.[5] Co tempo, chegou a converterse nunha tenda en liña.[6]

A páxina web foi pechada en 2006 polo arresto do seu fundador César Fernández, que foi condenado a dous anos de cárcere e unha multa de 1.440 euros polos delitos de negacionismo do Holocausto e apoloxía do xenocidio.[7][3] O seu arresto debeuse a outra investigación na que el denuciou ser obxecto de agresión polos seus comentarios en liña.

Movimento da Resistência Ariana editar

O grupo foi fundado no 2006 logo do peche da páxina web por Xosé Carlos Ríos Camacho,[2] un profesor de instituto galego ao que os seus propios alumnos denunciaron porque durante as súas clases facía apoloxía de Adolf Hitler e Osama bin Laden, e director de Handschar, unha das revistas islámicas editadas en España por exmembros de CEDADE e doutros grupos nazis de proxección internacional.[8][9][10]

O grupo o 24 de marzo de 2012 atacou a sede Esquerda Unida-Esquerda Unidade en Vilagarcía de Arousa, enchéndoa de pintadas, que foron denominadas polo partido como ameazas que denuciaron á Garda Civil.[11][12] As súas últimas actividades desenvolvéronse en reunións culturais nas que estaban presentes fotos de Adolf Hitler, Eduardo Pondal e Vicente Risco. Os membros do movemento moveríanse a Identidade Galega xunto con exmembros de Bases Autónomas e Movemento Social Republicano.[2]

Notas editar

  1. Saavedra 2021, p. 68
  2. 2,0 2,1 2,2 Lema, Samuel (2016-10-03). "Pulpo y esvásticas: los nazis gallegos del MRA". Vice (en castelán). Consultado o 2022-05-28. 
  3. 3,0 3,1 Lara, Aurora Muñoz (2010-08-29). "Rock para adoradores de las SS". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-04. 
  4. Caro, Isaac (2005). "Movimientos neonazis en el cono sur americano y sus ramificaciones a través de Internet, la música y el fútbol". Personas y sociedad (Universidade Alberto Hurtado) 19 (1): 314. 
  5. 5,0 5,1 Caro, Isaac (2007). Extremismos de derecha y movimientos neonazis: Berlín, Madrid, Santiago. Historia. LOM Ediciones. p. 49. ISBN 978-956-282-882-6. 
  6. Montañes Santiago, Erika (2007-10-03). "«Su lucha» cibernética contra razas inferiores". ABC (en castelán). Consultado o 2023-06-04. 
  7. Soto, Nino (2007-10-03). "Condenado a dos años de cárcel el fundador de una web nazi". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-04. 
  8. "La Xunta investiga si hubo apología nazi en el instituto de Ponteceso". La Voz de Galicia. 12 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2023. 
  9. SILVEIRA CARBALLO, E (2002-11-14). "El profesor de Ponteceso acusado de apología nazi pide la baja médica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-04. 
  10. Salas, Antonio. "Neonazis e integristas Islámicos: El pacto secreto". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xuño de 2023. 
  11. "Aparecen pintadas en la sede de IU-EU en Vilagarcía (Pontevedra) firmadas por un supuesto movimiento neonazi". Europa Press. 2012-03-23. Consultado o 2023-06-04. 
  12. "Aparecen pintadas neonazis en la sede de IU en Vilagarcía". ABC (en castelán). 2012-03-24. Consultado o 2023-06-04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Saavedra, David (2021). Memorias de un exnazi: Veinte años en la extrema derecha española. Penguin Random House Grupo Editorial España. ISBN 8466669612.