Negación do Holocausto

A negación do Holocausto é un pensamento detrás da teoría que nega o xenocidio dos xudeus no Holocausto durante a segunda guerra mundial.[1][2] A negación do Holocausto baséase nas seguintes afirmacións: que o goberno da Alemaña nazi non tiña ningunha política de Solución final ou a intención de exterminar os xudeus; que as autoridades nazis non usaron campos de exterminio ou cámaras de gas para o asasinato en masa dos xudeus; e que o verdadeiro número de xudeus asasinados é significativamente menor que a historicamente aceptada cifra de 5 a 6 millóns.[3]

Os negacionistas do Holocausto non aceptan o termo "negacionismo" como unha descrición axeitada das súas actividades, e empregan o termo "revisionismo" no seu canto. Os estudosos empregan o termo "negacionismo" para diferenciar a negación do Holocausto dos lexítimos revisionistas históricos, que empregan metodoloxías fundamentadas. As metodoloxías dos negacionistas do Holocausto son contrarias á realidade, e están baseadas nunha conclusión predeterminada que nega a inmensa cantidade de probas históricas que o evidencian.

Notas editar

  1. Donald L Niewyk, The Columbia Guide to the Holocaust, Columbia University Press, 2000, p. 45: "O Holocausto é comunmente definido como o asasinato de máis de 5.000.000 de xudeus a mans dos alemáns na Segunda Guerra Mundial."
  2. "Holocaust denial - The IHR's Questions & Answers, and Nizkor's Responses". Nizkor Project. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  3. "How many Jews were murdered in the Holocaust? How do we know? Do we have their names?" Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine., The Holocaust Resource Center Faqs, Yad Vashem website. Consultado o 17 de febreiro de 2011.