Identidade Galega
Identidade Galega (IDEGA) é un partido que se declara identitario, galeguista de centro, antiliberal, contrario a globalización e herdeiro da Dereita Galeguista de Vicente Risco e Xosé Filgueira Valverde, influenciada directamente pola corrente de pensamento coñecida como Nouvelle Droite francesa, de Alain de Benoist, e nas súas candidaturas figuran membros de forzas republicanas de ámbito español, como o Movimiento Social Republicano.
Identidade Galega | |||
---|---|---|---|
Tipo | partido político ![]() | ||
Ideoloxía política | galeguismo ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 19 de outubro de 2004 ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | identidadegalega.blogia.com ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Traxectoria
editarIdentidade Galega legalizouse o 19 de outubro de 2004 e o 4 de novembro celebrou a súa Primeira Asemblea Xeral. Contaba con arredor de 50 militantes, os seus principais dirixentes foron Xosé Lois Pérez e Xoán Lois Manteiga. O 7 de setembro de 2005 anunciou a súa integración no Partido Galeguista. En xuño de 2006, os militantes do partido deixaron o PG e reconstituíron o partido en oposición á política sobre inmigración desenvolvida polo PG. O seu programa reflectía unha política etnicista, contraria á inmigración, galeguista, social, con posturas próximas ao identitarismo.
Nas eleccións autonómicas de 2005 presentouse pola provincia da Coruña con Manuel Ambite como candidato á Presidente da Xunta, e obtivo 376 votos.
En 2015, presentouse ás eleccións municipais cunha candidatura por Arteixo que logrou 45 votos (0,32% do total).