Benvido(a) á Galipedia, Casdeiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:44, 17 xullo 2007 (UTC)

CeltismoEditar

Ola, Casdeiro, bos días. Agardo que non tomes isto como algo persoal, porque non o é. A reversión que fixeches no artigo Linguas goidélicas non foi correcta (non se deben reverter solicitudes de referencias, sen achegalas), pero non pasa nada. O usuario Maañón dixo que eu te estaba trabando e que non debía facelo porque "eras novato", e eu tratei de dicirlle que non era exactamente así. Non ten máis relación ca esa. Por outra parte, o que eu pense ou deixe de pensar sobre o pasado de Galicia non ten que ver co artigo, porque a Galipedia non se basea en pensamentos, senón en feitos. Moitas grazas, e agardo seguir colaborando contigo máis veces. Un saudiño. --Xabier Cid 10:20, 8 febreiro 2008 (UTC)

Xabier, olla ben: non fixen reversión en Linguas goidélicas, senón que ao ver que el puña en dúbida a existencia dea lingua, troquei a miña versión orixinal para incluir a posibilidade que el apuntaba. Coido que iso non é incorrecto. E concordo contigo sobre o dos feitos, por iso [invitei] a achegar referencias que digan que a lingua falada polos celtas galaicos non era celta ;-) --Casdeiro 10:34, 8 febreiro 2008 (UTC)

Sinto se non estou a facer as cousas dunha maneira científica, Xabier. Só que estiven buscando nas páxinas existentes e ao non atopar nada que falase da lingua dos castrexos ou galaicos ou como queiras chamalos, pensei en crear unha. Eu levo bastante máis tempo dun ano colaborando coa Wikipedia en varios idiomas, só que o facía como anónimo. Non adoito crear páxinas, máis ben facer pequenas contribucións onde penso que achego algo. Quizáis non acertei ben coa definición ou descrición da lingua: espero que poidamos resolverlo para seguir a colaborar. Saúdos. --Casdeiro 20:29, 9 febreiro 2008 (UTC)

Wikipedia:Votacións para borrar/Lingua celta galaicaEditar

Ola Casdeiro. Vin que preguntabas polas túas intervencións en Wikipedia:Votacións para borrar/Lingua celta galaica movinas á páxina de conversa onde lle correponde estar, pola súa extensión interferían coa votación (no historial podes comprobar o resumo de edición que así o indica ). Naturalmente permanecen integras e cunha ligazón ao historial da páxina de orixe. En canto ao teu voto procedín a anulalo porque non cumpre cos requisitos para emitir un voto válido. O feito de que se propoña para borrar un artigo non implica unha cuestión persoal senón que é preocupación constante de moitos usuarios do wiki que as entradas que se publican cumpran cos principios fundadores do proxecto algo que ás veces pode semellar demasiado estrito para os novos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:04, 10 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola explicación, Prevert. Nunca me metín tan "a fondo" da xestión grupal da Wikipedia así que todo isto das votacións, do seu historial, etc. é novo para min. Pensei que o meu voto fora borrado porque o autor non podía votar. Onde podo atopar eses requisitos para emitir un voto válido? --Casdeiro 12:29, 12 febreiro 2008 (UTC)

Estou comprobando unhas cousas. Axiña che deu unha resposta. Polo que respecta aos criterios de votación, velaí están: Wikipedia:Votacións. --Xabier Cid 09:07, 13 febreiro 2008 (UTC)

Ola Casdeiro. Perdoa non vira a pregunta, xa vexo que respondeu Xabier Cid. Noutra ocasión se queres podes deixarme a mensaxe na miña páxina de conversa e ao entrar no wiki aparéceme o aviso de mensaxes novas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:46, 13 febreiro 2008 (UTC)

Títulos de artigos, artigos e usuariosEditar

Realizáchesme unha proposta de transacción sobre o artigo e o título do artigo da lingua celta galaica. Eu non son ninguén para dicirche que adiante ou atrás, senón unicamente un editor máis, coma ti. Pero a miña opinión é que o problema non radica unicamente no título, senón no concepto. E por moito que deduzamos que os señores e as señoras que vivían no territorio que vinteún séculos despois coñecemos como Galicia debían falar algo, moi pouco ou nada se sabe dese algo. Non se sabe se era unha lingua ou oitenta, non se sabe a súa orixe en absoluto e é pouco científico aventurar nada. Un título para iso podería ser Linguas prerromanas faladas no actual territorio de Galicia, pero non sei ben qué lle podes meter. Lémbroche que contruír un artigo automóbil e falar unicamente do Simca 1000 non é correcto.

Por outra parte, ben sabes que a ducia escasa de palabras galegas ás que se lle atribúe unha orixe celta (e habería que citar fontes etimolóxicas rigorosas ao respecto), non teñen por que proceder sequera da época prerromana, e puideron chegar ao galego en épocas máis recente, ao igual que temos unha ducia de palabras de orixe neerlandesa.

Finalmente, e xa non ten que ver con iso, lembra rexistrarte cada vez que fagas edicións. Así axiña chegarás ás 150 edicións que che permiten participar en votacións. Ademais, non se estima moito na wikipedia utilizar IPs anónimas traballando en paralelo a usuarios rexistrados. Un saúdo, e un pracer debater contigo. --Xabier Cid 09:25, 13 febreiro 2008 (UTC)

Machiño, coa comparación Automóbil-Simca1000 vs. Lingua-Linguas xa me deixaches polo chan. Se é así como ves o asunto coido que vai ter difícil amaño :-( Eu pretendín falar dos rasgos comúns a todas as linguas faladas polos habitantes da Gallaecia. Do mesmo xeito que se falamos de Lingua dos humanos non esteamos dando a entender que só hai unha, senón que imos falar do común a todas elas, en canto linguas.

En canto ao título que vexo máis axeitado é Lingua dos castrexos, e non me veñas con que non sabemos se tiña 1 ou 27, por favor, un pouco de seriedade, que creo que estou tentando ser razoable pero non vexo pola túa banda unha actitude de colaboración senón máis ben de entorpecemento e obscurantismo. Eu abondo traballo teño como para adicar horas a convencerte de que esa información é útil á Wikipedia. Se a queres borrar, fai o que che pete. Eu quixen contribuir co que aprendín, e pretendín encetar un contido para que outros os melloraran, pero parece que cometín un grave pecado. Vale: tomo nota para outras veces --Casdeiro 17:03, 13 febreiro 2008 (UTC)

MeritocraciaEditar

Ha, ha, ha. :) Non é só meritocracia. É unha norma común aos proxectos wikipédicos e o que busca é por unha parte, que os usuarios se rexistren, e por outra, protexer o proxecto de usuarios que poidan vir unicamente a el para transmitir unhas ideas concretas, para facer autopromoción, etc. 150 edicións válidas é realmente moi pouco, e estou seguro de que axiña disporás de capacidade de voto. Aínda que, como consello, a wikipedia non se basea en votos, senón en ideas, de maneira que se as túas ideas están ben e se as túas propostas son axeitadas, irán adiante aínda sen o teu voto. Que non che bote iso pra atrás á hora de expresarte e de opinar. Un saudiño --Xabier Cid 09:54, 13 febreiro 2008 (UTC)

Pois si que é unha meritocracia no sentido de que quen fai méritos (facer contribucións) ten máis poder cós outros. Será máis ou menos xustificada, pero iso non quita para que sega sendo meritocracia. Para ser tan rigoroso e científico cunhas definicións resulta curioso que non o sexas con outras ;-P --Casdeiro 16:58, 13 febreiro 2008 (UTC)

Le ben: Non é só meritocracia. :) Creo que o importante é que se tes 150 edicións tes máis coñecemento pra avaliar ca se tes 3. Pero se tes 3000 ou 3 millóns tes o mesmo "poder" ca se tes 150. --Xabier Cid 17:32, 13 febreiro 2008 (UTC)

Tes razón, Xabier: lera mal O:-) --Casdeiro 19:55, 14 febreiro 2008 (UTC)

RespostasEditar

Ola, Casdeiro. Supoño que a túa intención nestas últimas intervencións era contestar ás intervencións anteriores de Xabier, pero colocáchelas na túa própia páxina de conversa, non na súa. E así, el pode non enterarse de que ten estas mensaxes túas. O truco consiste en non edita-la túa páxina e escribir a seguir do texto anterior, senón abri-la páxina de conversa do teu interlocutor. Para iso, se te fixas na sinatura adoita ir seguida dun pequeno texto que indica dun ou doutro xeito o enlace de contacto. Por exemplo, Alma engade "fálame eiquí"; Alberte di "Si, digame?" ; Lansbricae, "Ti dirás", Elvire "Conversa con mi", Estevoaei, "pa o que queiras..."; outros danche dous enlaces, como Lmbuga co que podes contactar en "Commons" ou na "Galipedia". Eu son máis convencional e só poño "conversa". É nesas palabriñas onde debes clicar para acceder á súa páxina e alí deixárlle-lo texto que queiras (resposta, pregunta, opinión). Hainos, como o propio Xabier, que só asinan e nestes casos tes que ir á súa páxina de usuario e desde alí acceder á súa páxina de conversa. Espero non haberme liado demasiado e que o dito sexa intelixible. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:27, 13 febreiro 2008 (UTC)

  • Grazas Lameiro. Este sistema de ter separado o que cada un di en páxinas diferentes non semella moi utilizable (usable) :-( Non hai outra maneira? Así non hai quen sega unha conversa, e son como monólogos separados. Ou hai que copiar o que un di en ambas as dúas páxinas?! :-(( --Casdeiro 22:56, 13 febreiro 2008 (UTC)
    • Si, probablemente teñas razón e este sexa un sistema pouco útil, que complica algúns diálogos, pero éche o que hai (que eu saiba). Tamén é certo que como isto se produce, normalmente, entre dous usuarios, eles dous saben ben de que están falando; o problema está no seguem,ento que outros queiran facer, ás veces moi útil e instrutivo. A túa solución (copia-lo mesmo texto nas dúas páxinas) une as intervencións para eses mesmos dpus usuarios, que son os que menos o necesitan, pero non axuda nada a un terceiro. En calquera caso, coa práctica terminamos dominando isto e sabendo qué dicimos, a qué contestamos e o outro sabe tamén a qué nos estamos refirindo (salvo exce´pcións, que confirman a regra). Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:35, 13 febreiro 2008 (UTC)
Non sei se liches ben o artigo, o autor non fala da existencia dunha lingua celta galaica, máis ben o que fai é analizar os elementos celtas que existen na onomástica e toponimia, penso que é revelador o parágrafo:

It thus appears that in Callaecia the place-names in -briga /-bris with a non-Celtic first element are more numerous than those with a Celtic first element. I suggest that this allows us to draw interesting conclusions about the linguistic history of the region. Speakers of Celtic languages must have coined the names in -briga or -bris, but in order to generate them they seem to have used previously existing onomastic elements from that area.

e isto:

We also have to bear in mind that in Roman times people from the Celtiberian area were continually moving into Callaecia. As stated above, we have inscriptions that clearly show this on-going migration. We can expect that these people were responsible for the introduction in Callaecia of some Celtic personal names, and possibly also some place-names.

e especialmente isto:

Summing up, the nature of the evidence makes it difficult to provide a detailed linguistic history of ancient Callaecia
As conclusións ás que chegas da existencia dunha lingua celta galaica non coincide con Eugenio Luján, rele as súas conclusións.Acerto 23:05, 13 febreiro 2008 (UTC)
  • Entón como explicas isto no seu abstract (These names prove the presence of speakers of a Celtic language in this area) e o propio título do artigo? Cando menos penso que é unha proba a favor da pertinencia da existencia do artigo. Despois engadamos os contidos que queiramos, pero penso que non é tan disparatado termos un artigo que fale desta lingua na Galipedia, que é do que Xabier parece querernos convencer. --Casdeiro 23:11, 13 febreiro 2008 (UTC)
El mesmo o di, migracións de falantes de zonas de lingua celtibera:We also have to bear in mind that in Roman times people from the Celtiberian area were continually moving into Callaecia. As stated above, we have inscriptions that clearly show this on-going migration. We can expect that these people were responsible for the introduction in Callaecia of some Celtic personal names, and possibly also some place-names.

Luján tan só fala da existencia de falantes de linguas celtas, máis ou menos numerosos que deixaron algúns nomes persoais e algúns topónimos, Luján non di que os callaci falasen unha ou varias linguas celtas porque é imposible de saber, repítoche le ben todo o artigo.Acerto 23:15, 13 febreiro 2008 (UTC)

  • Penso que o que non leu ben o artigo fuches ti, xa que o que dis está en contradición desde o mesmo título co que di o autor, e con outras fontes indirectas que aparecen no artigo. De todos xeitos... non sería máis útil este debate na páxina de conversa da proposta de borrado? Non sei, eu nisto son "novato" --Casdeiro 19:51, 14 febreiro 2008 (UTC)

Borrado de artigoEditar

Ola, Casdeiro. Pechei a votación sobre o artigo da Lingua celta galaica e procedín ao seu borrado conforme á opinión da comunidade. Déronse bastantes argumentos de por que non tiña sentido un artigo así, e non unicamente o do título, posto que se fose un problema de título optaríase por mover o artigo a un título máis correcto. Anímote a que sigas colaborando coa wikipedia, tanto neste como noutros campos. Un saúdo --Xabier Cid 14:24, 15 febreiro 2008 (UTC)

Non é certo, Xabier: non me animas, con actitudes coma esta o que fas é desanimar a calquera. Mesturaches argumentos e non podes avaliar se a xente votou o que votou polo título ou por que. Para iso debería recrear a páxina con outro título, a ver que opinaba a comunidade. O que me pregunto é onde poder acceder agora ao debate para que quede constancia do que pasou e da actitude de cada quen. Aquí está o arquivo do que pasou --Casdeiro 12:18, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Casdeiro. Creo que se miras para alén do número de votos, e examinas as razóns que se deron, sobre todo a daqueles que achegaron argumentos máis sólidos, podes concluír que non se produce unha discordancia co título, senón co concepto. Pero adiante, non quero botarche abaixo nada. Pensa tamén que a comunidade pode crer que tes un interese especial nesta cuestión, e que mudarlle unicamente o título é un intento de "coar" unha información que xa foi rexeitada previamente. Pero non quero desanimarte. Levas pouco tempo no wiki, e ao igual que hai que ser especialmente agradábeis contigo pra que te quedes e traballes, tes que pensar que a experiencia é un grao, e que quizais agora esteas entendendo mal algunhas regras que dentro dunhas semanas che parecerán superobvias. Conta comigo pra axudarte sempre que queiras. Ah, e lembra que me tes que responder na miña páxina... que por pouco non me decato de que me respondeches...!! :) Un saudiño. --Xabier Cid 18:54, 16 febreiro 2008 (UTC)

Patada al diccionarioEditar

Ola Casdeiro! seguindo o link que deixaches na túa páxina de usuario entérome que es o autor do blog Patada al diccionario. Noraboa polo blog, téñoo engadido ó Bloglines dende hai moito tempo (1 ano aproximadamente). Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:35, 17 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas :-)) --Casdeiro 18:48, 17 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaicaEditar

Ola Casdeiro ! Iste tema interasame, mais non esta niste momento nas miñas tarefas. Mais atopei con alghuna nota e teño unha referencia de libro en francès : Hervé Abalain, Destin des langues celtiques, Paris, 1989, Ophrys. Segun o que sei iste señor recolle datos que teñen autoridade no medio dos investigadores da linguistica. Henriette Walter di cos seus datos comproban que as variantes das linguas celtas foron desaparecendo da peninsula iberica moi pronto, agás en Galicia que logrou sobrevivir hasta o secuo VII despois de Cristo. Sin informacion mais aclarada, non se pode decir que era unha lingua propia do teritorio galego, sóo se pode decir que das variantes cetiberas do celta, foi en Galicia que perdurou mais tempo una fala non romanizada convivindo coa lingua maioritaria. Todo isto pa que non te desanimes, a calidade diste proxeto e importante, e fager borrados deste tipo é unha boa cousa pa credibilidade da Galipedia. Non é por falta de interes polo tema que votei pó borrado. Saudos ElviraConversa con mi 14:01, 24 febreiro 2008 (UTC)

Re: Andavao ou Andabao?Editar

Ola Casdeiro. Respondoche eu porque hai meses que Rocastelo non edita aquí. A toponimia oficial é a que recolle o Nomenclátor da Xunta, neste caso rexistra Andavao como podes comprobar na páxina correspondente a Boimorto. Supoño que iso non quita que poida haber algún erro, aínda que me parece pouco probable que se produza no nome dunha parroquia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:15, 26 abril 2008 (UTC)

TopónimoEditar

Ola, Casdeiro. Poderías achegar unha referencia para este engadido que fixeches?[1] Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:06, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

Desculpa, había moito tempo que non entraba na Galipedia. Pois si, teños as referencias... o que non teño agora é tempo para chas buscar, pero se é importante podo facelo outro día. --Casdeiro (sorpréndeme!) 17:49, 7 de xullo de 2012 (UTC)

Lingua galaicaEditar

Ola, Casdeiro. Seica é un tema polémico e que nin os expertos se poñen de acordo nisto. Por iso limiteime a facer unha simple tradución da wiki portuguesa. Do que me comentas de recuperar a info do teu vello artigo, non che sei moito diso, das tripas da galipedia sei o xusto. Polo que vin, a principal traba do teu artigo era o título, espero que non pase o mesmo outra vez. Un saúdo --breogan2008 (dime) 20:10, 7 de xullo de 2012 (UTC)

Ola de novo, Breogan2008. Vexo que xa comentáramos sobre o tema. Non o lembraba e volvín deixarche recado na túa páxina de conversa O:-) Pois nada, o dito: que se hai maneira e puideses recuperar algún contido de utilidade daquela achega miña, pois aledaríame moito xa que así non se tería perdido de todo aquela contribución, á que lle adiquei bastante tempo. Saúdos. --Casdeiro (sorpréndeme!) 11:37, 19 de novembro de 2012 (UTC)