Benvido(a) á Galipedia, Alvaropv DGallaecia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 18:17, 11 de abril de 2012 (UTC)

Detalles editar

Detalliños a ter en conta cando engadides etimoloxías, relativos a pequenos erros recorrentes:

"Latín" leva acento gráfico.
Despois de signos coma punto e seguido e vírgula cómpre deixar un espazo.
As veces metedes paréntese seguido de coma, cando non é necesario...

Máis nada. Un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 10:16, 18 de abril de 2012 (UTC)

Ben, procurarei que se corrixan todos eses detalles. Grazas pola supervisión! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alvaropv DGallaecia (conversacontribucións) 18 de abril de 2012 ás 17:08

Retirei a marca que indicaba que había problemas de estilo no artigo Festival de teatro grecolatino de Lugo. Solicitei que, se se quere volver colocar dita marca (tamén chamada "modelo" ou "template") de novo, se puxesen en contacto contigo nesta páxina para darche explicacións comprensibles dos motivos para así ti poder rectificar os posibles erros -eu xa non vexo ningún referente ó estilo, pero todos opinamos- que se puidesen cometer.

Bo traballo na reedición do artigo. Ben corrixido-- Lmbuga / Miguel Bugallo  18:46, 12 de xuño de 2012 (UTC)

Pedindo editar

Ola Álvaro.

Temos unha proposta aberta para levar a artigo de calidade o da vaca. Porén ten unhas cantas ligazóns vermellas. Crees que poderías, cando teñas tempo e gañas, meterlle man a algunha, por exemplo das de mitoloxía grega, das que hai no apartado Vaca#Creta minoica e Grecia antiga?

Sen compromiso.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12:05, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Locucións latinas editar

Ola Alvaropv DGallaecia! Acabo de ler a mensaxe que lle deixaches a HombreDHojalata por casualidade. Penso que o mellor que podedes facer é poñer un marcador {{en uso}}, de todos xeitos que cho confirme el que sabe moito máis ca min, polo momento penso que poderedes ir tirando así. Unha aperta!! Piquito (conversa) 16:20, 8 de novembro de 2012 (UTC)

Non te preocupes, Álvaro, o traballo non se perdeu en absoluto, trasladouse algún, incluídas referencias e deixando unha redirección atrás, cara ao artigo: Locución latina. O motivo da fusión é que eran entradas curtas de máis para ter artigos de seu. Olla as ligazóns interligüísticas da columna da esquerda dese artigo, e non deixes de visitar as páxinas equivalentes das wikis en inglés, catalán, francés, portugués, alemán, latín... Practicamente tódalas comunidades de tódolos proxectos irmáns optaron por solucións semellantes. Non lle adican unha páxina en exclusiva a cada locución por sistema, só ás que teñen ou merecen maior desenrolo.
Outras das entradas quedaron (vede Categoría:Locucións latinas) e engadíronselles as ligazóns interlingüísticas que lles corresponden (probade a intentar facelo vós mesmos en futuras edicións). Date conta de que, en moitos casos, as páxinas homónimas noutras linguas albergan artigos extensos. Botádelles un ollo e vos van dar ideas, aportaranvos referencias... mesmo material para traer, adaptándoo e traducíndoo ao galego.
Penso que é mellor traballar en ampliar eses preto de oitenta artigos, moitos deles dunha soa liña, e convertelos en entradas enciclopédicas, antes de seguir creando novos nas mesmas condicións. Non concordas?
Lembra que Wikipedia non é un dicionario. Pretende ser unha enciclopedia.
Igualmente, non é obxectivo do proxecto ser soporte para traballos escolares (para iso hai outros sitios na Internet e mesmo na familia de proxectos irmáns da Fundación Wikimedia), inda que, traballos escolares, segundo como se deseñen e leven a cabo, poden axustarse aos obxectivos da Wikipedia e facerse coincidir perfectamente.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:39, 8 de novembro de 2012 (UTC)

Si vis pacem, para bellum editar

Ola Álvaro:

Fixen cambios no arquivo, podes velos aquí. A partir da liña 43 había erros que obrigaban a wikificar.

Actualmente, creo que o artigo está ben. Houbo bastantes revisións antes da miña e non observo nada que precise a etiqueta {{Wikificar}} polo que a borrei e comuniqueille ó usuario que a colocou que se poña en contacto contigo se a ve de novo necesaria.

Apertas

Esquecía dicirche que pode serche de interese este arquivo de axuda sobre comiñas, cursivas, negriña... Wikipedia:Libro de estilo#Ortotipografía
Na conversa do artigo solicitei axuda sobre o problema da terceira nota. Eu tampouco son capaz de que funcione.-- Lmbuga / Conversa comigo  13 de abril de 2013 ás 11:21 (UTC)Responder
Solucionado o da cita 3. Solucionouno JaviP96. Aquí podes ver o que fixo. Díxome que os parámetros dos modelos de cita eran incorrectos pois estaban en castelán. Cambiou os parámetros colocando os utilizados no modelo en galego e xa funciona.-- Lmbuga / Conversa comigo  13 de abril de 2013 ás 11:40 (UTC)Responder
Quizais teñamos que repasar os parámetros que tendes, non lembro se volos pasei eu-- Lmbuga / Conversa comigo  13 de abril de 2013 ás 11:42 (UTC)Responder

Referencias editar

Boas, deixeille unha mensaxe ó usuario Divesgallaecia2012 pero agora atopei a túa páxina e supoño que este será o lugar máis axeitado para comentar a cuestión. Estes días vin varias edicións de achegas de etimoloxía dende o latín dos alumnos deste proxecto e o que comentei é que a información tal e como se está engadindo nos artigos non ten todo o seu valor porque non se achegan as referencias da mesma. Unha das políticas da Galipedia é a da Wikipedia:Verificabilidade que é a forma de construír unha verdadeira enciclopedia, por iso estaría moi ben que esas achegas se fixeran coas fontes desa información. Como supoño xa tedes as fontes para achegar eses datos etimolóxicos non será ningún traballo poñelo nos artigos ó tempo que se vai achegando a información, non? :)

Se precisades calquera axuda ou tedes calquera dúbida podedes contar comigo para o que poida axudarvos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2013 ás 21:10 (UTC)Responder

Moi ben. Só unha notiña: cando fagades un comentario nas páxinas de conversa hai que asinar ó final :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2013 ás 10:25 (UTC)Responder

Petición editar

Ola, agora veño cunha petición :), cando poidades, poderíades facer o artigo sic? É que ademais de ser unha palabra do latín úsase na Galipedia no modelo do mesmo nome co cal tería doble utilidade :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2013 ás 23:48 (UTC)Responder

Moitas grazas e non te preocupes, pouco a pouco irase mellorando :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 12:07 (UTC)Responder
Ola Álvaro. Máis peticións. Varios artigos da Galipedia ligan cara a tres artigos de expresións que non temos e que moitas das wikipedias noutras linguas si teñen:
Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 23 de novembro de 2013 ás 16:13 (UTC)Responder

Ola Álvaro. Grazas por aceptar as miñas suxestións. Penso que non. Que non hai que facer nada con *facsímil. Facsímile é a unha forma recollida polo DiRAG [1] e na Wikipedia en galego unicamente titulamos as páxinas coa forma correcta. Teño entendido que na Wikipedia en castelán, por exemplo, fan tamén redireccións dende formas incorrectas, porén aquí non é o caso.--. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 13:38 (UTC)Responder

Amañado. O que había en "Réplica" foi movido a Réplica (álbum) e creouse réplica (homónimos). Agora xa está baleira a páxina Réplica (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) para, se se quere, enchela co contido relativo á copia exacta dunha obra artística (d:Q1232589). --. HombreDHojalata.conversa 10 de febreiro de 2014 ás 22:58 (UTC)Responder

Edícula editar

Boas, cando teñas tempo, poderías revisar a etimoloxía do artigo Edícula? É que no artigo ven que o plural é aedicula e a categoría de commons pon que é Aediculae e como eu non teño nin idea... Tampouco estou seguro de que a orixe sexa a que pon o artigo... O:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2013 ás 13:44 (UTC)Responder

Moitas grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2013 ás 18:38 (UTC)Responder

Vilasantar editar

Cando teñades un momento, podedes responder na páxina de conversa do artigo Vilasantar á pregunta de Miguel sobre a etimoloxía do concello e engadilo no artigo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:00 (UTC)Responder

parabéns editar

Só para vos felicitar polo premio que vides de recibir. De parte doutro helénico. Servando2 (Dime) 20 de decembro de 2013 ás 19:22 (UTC)Responder

Parabéns tamén da miña parte e xa sabedes que podedes contar comigo no que vos poida axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2013 ás 02:40 (UTC)Responder

Concurso de artigos wiki editar

Por se vos interesa botádelle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2014 ás 01:10 (UTC)Responder