Conversa usuario:Alma~glwiki/arquivo4

galipedia editar

alédame saber que aínda tés moita brea, e que o proxecto dereitos humanos segue adiante. Boa tradución o dos artigos de mobbing, acoso laboral, e Ignorancia. Moi importantes e interesantes. ánimo!!!
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 00:44, 2 decembro 2007 (UTC)

Mapa de parroquias de Cenlle editar

Ola Alma! Moitas grazas polos teus parabéns. Alégrome moito de que aprecies o meu traballo, dáme moitos ánimos. Boteille unha ollada ao teu e paréceme unha auténtica marabilla, de verdade, un traballo moi serio.

Axudareite encantado cos mapas do concello de Cenlle, serán os próximos que faga. Eu fágoos co Corel (xa que dispoño legalmente del, aínda que co Photoshop ou o Gimp sería máis ou menos o mesmo) a partir do mapa que hai na páxina do Sistema de Información Territorial de Galicia facendo clic en "Temáticos predefinidos" e "Mapa administrativo". Este mapa está moi ben porque está feito a partir de capas que podes deseleccionar. Eu capturo a zona que me interesa, só coas capas de concello e parroquia. O resto é traballo artesanal de refacer as liñas co grosor axeitado, darlle cores e colocar nomes. Ao principio non tiña moita idea de como facelos, pero agora que levo uns cantos xa collín algo de maña, así que xa che digo, fareiche os mapas encantado. Saúdos. --Caronium 15:14, 2 decembro 2007 (UTC)

ha, ha, fantástico o logo! Alégrome moito de que che guste o mapa. A verdade é que agora que o vexo quedou un pouco máis pequerrecho que os outros. Se cadra co tempo farei unha versión mellorada un pouquichiño máis grande. Por certo, parabéns polo artigo 30.000!!! ;) Saúdos--Caronium 21:19, 3 decembro 2007 (UTC)
Ola Alma. Vin que puxeches o modelo parroquia nas parroquias de Cenlle. Paréceme moi boa idea. Cando poida poreino no resto de parroquias nas que traballei. Os datos de poboación por parroquias pódense atopar no Nomenclator do INE. Cando poida métoos. Saúdos e bo traballo! --Caronium 14:46, 4 decembro 2007 (UTC)
hehe, moitas grazas! Así da gusto colaborar! Saúdos--Caronium 14:48, 6 decembro 2007 (UTC)
Si! Son da mesma opinión, penso que as páxinas dos concellos, lugares, parroquias e comarcas de Galicia deberían estar decentes, cando menos deberían todos conter uns mínimos de información, polo seu interese e porque dáme a impresión que son das máis visíbeis da Galipedia. Vin algunha páxina de wikiproxecto, e paréceme unha moi boa forma de organizar o traballo, non me importaría montalo. Sei que todos andamos a moitas cousas, pero penso que sendo tanto o traballo a facer nestas páxinas é bo organizar un wikiproxecto para que a xente se anime. En canto ao nome, estaba a mirar na páxina dos Wikiproxectos e había varios nomes propostos para wikiproxectos relativos ás subdivisións administrativas de Galicia (Comarcas de Galicia, Concellos de Galicia, Galiza, Parroquias de Galicia, Provincias de Galicia). Penso que Galicia ou Xeografía de Galicia tal vez sexa un nome demasiado amplo. Eu chamaríalo Divisións administrativas de Galicia ou directamente Concellos de Galicia que é un nome máis bonito. Vou pedir opinión na taberna de todos xeitos, por se alguén máis quere opinar ou unirse. Saúdos e grazas polo apoio. --Caronium 15:39, 7 decembro 2007 (UTC)
Ola Alma! Xa estou de volta por aquí. Miraba agora o dos wikiproxectos e non me decatara de que na taberna o que se fai é anuncialos unha vez creados. Que nome prefires? Queres comezalo ti ou comézoo eu? Saúdos!--Caronium 18:29, 7 decembro 2007 (UTC)
Paréceme moi boa idea. Gústame moito o deseño do de Dereitos humanos. Paréceme ben colgalo da túa páxina, que ti es a que o ideou ;). Saúdos! --Caronium 18:49, 7 decembro 2007 (UTC)
hehe, encántame! --Caronium 19:52, 7 decembro 2007 (UTC)
Encantoume o deseño. Xa puxen na miña páxina ese marcador tan bonitiño do wikiproxecto. Deixoo por hoxe, que vou de marcha polos concellos galegos ;)--Caronium 20:55, 7 decembro 2007 (UTC)

Commons editar

Imaxe:Lapida sepulcral 2 mosteiro de aciveiro.JPG editar

Boas, estou borrando as imaxes que estas a marcar como que xa están en commons, pero a imaxe Imaxe:Lapida sepulcral 2 mosteiro de aciveiro.JPG non o está, poderías indicarme cal é o seu nome alí para correxir a ligazón nos artigos nos que estaba incluída? Grazas --Banjo tell me 20:22, 2 decembro 2007 (UTC)

  • O mesmo para Imaxe:Lápida sepulcral mosteiro de aciveiro 1.JPG, se me indicas o nome corrixo as ligazóns, e se podes asegurarte a próxima vez de que teñen o mesmo nome sería moito máis axeitado. Grazas --Banjo tell me 20:33, 2 decembro 2007 (UTC)

Parabéns editar

Parabéns, Alma, o artigo Convención sobre os Dereitos do Neno, que vés de crear, é o artigo 30000 da Galipedia! Grazas polo teu traballo. Un saúdiño.--FryantTralarí Tralará 16:18, 3 decembro 2007 (UTC)

Betawiki editar

Hai mensaxes novas en Betawiki. Algunhas corresponden a actualizacións de software que xa se trouxeron á Galipedia e que, polo tanto, están sen traducir. Se queres, podes pasar por Betawiki; pensei en ir traducindo e solicitar actualizacións máis ou menos cada mes. --Xosé (✉) 18:23, 4 decembro 2007 (UTC)

  • Pois pensara algo asi como ir traducindo cada un cando poidese e, por exemplo, o dia 30 de cada mes mirar todo por última vez e pedir a actualización. Agora hai 48 cadeas sen traducir (algunhas son desas de química que non sabemos), facemos as que poidamos cando poidamos e o 30 miramos xuntos e pedimos. Vaia, doume conta de que o 30 deste mes non estarei por aqui (e, por certo, non poderei ir a esa xuntanza, voume o 25). En fin, desta podemo-lo facer antes, por exemplo, o 20, que é xoves. --Xosé (✉) 22:47, 4 decembro 2007 (UTC)

Romanesa editar

O que sei é ben pouco. Trátase dunha variedade de coliflor (que hai quen converte en híbrido entre coliflor e brócoli, cousa probable) de nome científico Brassica oleracea, var. Botrytis, form. Cauliflora. Teño unha nota que galeguiza o nome como "coliflor romanesa", pero non anotei a fonte. Semella lóxico pero non estou seguro de que teña moito que ver con Romanía. E se queres ler máis información ó respecto (aínda que non nos axude para sabe-lo nome galego), podes consulta-la páxina de Consumer, que é unha das miñas páxinas de cabeceira en temas de alimentación [1]. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:15, 6 decembro 2007 (UTC)

Wikibosquexo editar

Serei paciente, entón. Por certo, que fixestes ben en crealo como proposta. En canto fixen o de historia dinme conta que hai un tempo se suscitara o tema de como se creaban portais e wikiproxectos; non me acordei no momento e, como non hai política ao respecto, creeino directamente, pero seguro que tería feito mellor en plantexalo primeiro como proposta, como fixestes vós. --Xosé (✉) 19:52, 7 decembro 2007 (UTC)

  • Por suposto, e máis que "masculino", "vago". --Xosé (✉) 20:27, 7 decembro 2007 (UTC)

Monitores editar

Dependendo do monitor que teñas, das preferencias de visualización que lle deas, do tamaño de letra que uses, do navegador que uses, do sistema operativo que uses e do grande que abras a fiestra, verase dunha maneira distinta. Podemos axustar o artigo para que ti, co teu computador, coas preferencias como as tes, o vexas. O resto do mundo verá outra cousa.--Xabier Cid 19:14, 8 decembro 2007 (UTC)

obrigadiño!! editar

aínda vexo moi complicado o de meterme en líos de categorizar, e crear wikiproxectos ou sub-apartados... Fágome un lío. Pensei en como categorizar os artigos que creou onte o compañeiro de Sada, pero vinno imposible.
Sen falsa modestia, creo que mellor quedo na tarefa de facer artiguiños (traducidos ou novos), e categorizalos como ben poida.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 12:45, 9 decembro 2007 (UTC)

(vou traballar; regreso á tarde)

Grazas! editar

Grazas pola túa mensaxe, atopei o libro na casa e quixen lirlo. Unha novela moi bonita ^^. --Daniel bg ; FK 16:27, 10 decembro 2007 (UTC)

  • Desculpas aceptadas. Grazas.--Xabier Cid 18:23, 10 decembro 2007 (UTC)

Licencia de las imágenes del artículo sobre Abelardo Miguel editar

Hola Alma, hemos tenido en la wikipedia en castellano algún problema con el artículo de Abelardo Miguel relativos a cuestiones de copyright. Parece que el artículo se ha rehecho entero y ya no hay problema. Sin embargo, ha surgido la duda de las imágenes del artículo. Son bastante extrañas, porque incluyen una nota de cesión de derechos aparentemente escrita por María Fidalgo pero hecha a tu nombre. En cualquier caso, está por determinar si María Fidalgo es poseedora de los derechos sobre las obras de Abelardo Miguel (algo en mi opinión dudoso). ¿Podrías aclararlo? Gracias —Ecemaml (talk to me) 12:03, 12 decembro 2007 (UTC) PD: puedes responderme aquí (pero probablemente veré antes tu respuesta si me respondes en commons o en la wikipedia en castellano).

Hola Alma, en principio, no veo que hayas hecho nada incorrecto. Lo único que no queda claro es quién es el propietario de los cuadros. Si María Fidalgo es la propietaria de los cuadros, a priori debe de ser la propietaria de los derechos de explotación (de eso no estoy absolutamente seguro, pero a los efectos debería ser suficiente) y, por lo tanto, puede hacer las fotos que quiera y darles los derechos que quiera. Por lo tanto, lo que debería explicarse es si María Fidalgo es la propietaria de los cuadros. Si es así, entonces habría que publicar el correo suyo dando la autorización explítica (por supuesto omitiendo las direcciones de correo involucradas). En la Wikipedia en Español simplemente publicamos los correos, que deben incluir el texto que aparece en es:Wikipedia:Autorizaciones (similar por otra parte al de commons, commons:Commons:Modelos de mensajes). En commons el sistema es más sofisticado e incluye enviar el correo a una dirección de la Fundación. En todo caso y en resumen. Si la propietaria de los cuadros es María Fidalgo, puede hacer que fotos de dichos cuadros tengan una licencia compatible con la de commons. En su caso, es ella la que debe enviar un correo con el texto adecuado. La dirección de correo debe ser identificable (no sirve una gratuita de hotmail o gmail que cualquier puede crear); tiene que identificar correctamente al autor. Dime algo cuando puedas. :-) Gracias --Ecemaml (talk to me) 17:14, 13 decembro 2007 (UTC)

Nada, a mandar. El asunto de las licencias es delicado y, desde el punto de vista del proyecto, crítico para la viabilidad de éste. Por cierto, en alguna conversación en la lista de correo ha salido a colación el tema de las imágenes en commons. ¿Están allí también? Es posible que sea en breve elegido administrador en commons y es mi responsabilidad ocuparme de ello. Por cierto, que si alguna vez necesitáis un administrador en commons y Lmbuga no está a mano, podéis hablar conmigo. Un saludo y gracias --Ecemaml (talk to me) 21:58, 13 decembro 2007 (UTC)

Correcto editar

Moitas grazas, Alma. Por suposto que vale a forma do primeiro editor; iso é o que lle expliquei a Pelos. Grazas. --Xabier Cid 09:40, 14 decembro 2007 (UTC)

Xa levei o historial correcto para o lugar correcto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:02, 15 decembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas pola túa axuda co asunto dos homónimos aínda son un novato asi que toda axuda é ben recibida.

Unha aperta.Scaaveiro 23:02, 15 decembro 2007 (UTC)

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. --  Sobreira (parlez) 01:27, 18 decembro 2007 (UTC)

Modelo:Castro editar

Graciñas polos parabéns. Pasa un moi bo nadal! --Caronium 18:58, 23 decembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Graciñas por explicarme como mover os contidos para non crear un artigo novo pola tontería das maiúsculas, aínda estou aprendendo como manexar todo isto.

Moitas grazas. Danidvt 23:37, 25 decembro 2007 (UTC)

Ups, perdón, como xa dixen son novato e non paro de meter a zoca, grazas polo aviso. Danidvt 23:47, 25 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto Linguas do mundo editar

Ola Alma! O 27 de decembro puxen en marcha o Wikiproxecto Linguas do mundo, para comezar un traballo de creación e mellora dos artigos relacionados coas linguas, un tema que (dende o meu punto de vista) debe ser obxecto de importantes melloras. Para isto convídote a participar neste pequeno proxecto para, pouco a pouco, ir mellorando este gran proxecto. Sen mais, un saúdo --Resorte(Falamos?) 21:43, 28 decembro 2007 (UTC)

Re-Trazo editar

Jajaja. Lembreime do asunto e pasei pola páxina para ver se ao final entrara, e de paso pois corrixín algo jeje. --Beninho 17:10, 29 decembro 2007 (UTC)

Burgo de Osma editar

Vin os mapas. Supoño que non me lembro mal e era Caronium, así que lle deixei recado. Estaría ben saber no que consiste o curato e o patronato, e os tipos de designación, para que nas parroquias se poidan ligar. Na túa portada: "Teño moitas frontes abertas" en feminino; aquelo > "aquilo". Boa fin de ano. --  Sobreira (parlez) 00:59, 30 decembro 2007 (UTC)

Premio da crítica de narrativa galega: datas editar

Ola, os datos do artigo Premio da Crítica de narrativa galega están tirados do Diccionario da Literatura galega. Tomo IV Termos e institucións literarias, editado por Galaxia. Polo que supoño que son moi fiabeis. Saúdos. --Xas (fálame) 13:53, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Pois tiñas ti razón. Estiven revisando o Diccionario da Literatura galega e vin que metín a zoca ao poñer os anos dos premios. Agora xa está revisado o artigo Premio da Crítica de narrativa galega. Bótalle un ollo por se non están correctos os anos. Grazas e ata outra. --Xas (fálame) 15:59, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida. Acepto a luva a medias... vou coller unha provincia só, porque xa teño algo de choio co do Che e algunhas cousas máis. Collo a provincia de Pontevedra para engadir os datos de uso do galego, se non te importa. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:22, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Igual empezo a incluílos dentro de 4 ou 5 días, agora emsmo non teño tempo. AlberteSi, digame? 17:25, 3 xaneiro 2008 (UTC)

editar

Boas Alma, Grazas pola benvida. Bueno estou tamén editando o artigo de Ruby, e estou tentando ter un modelo para calqueira linguaxe informático, pregaría me dixeras como podo facer para meter a caixa descritiva do mesmo. Penso editar outras linguaxes posteriormente para uniformalas. --Frandieguez 18:59, 4 xaneiro 2008 (UTC)


coliflor romanesa editar

Grazas pola coliflor romanesa, non me decatara ata agora. Saúdos e feliz ano.--QuatriNauta 08:24, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Xa está. Cometera un erro. A verdade é que me pasei pensando que podía facer eses marcadores tan complexos, foron moito para min. O que non dou amañado é o título: Pedinlle axuda a Xosé, xa que non queda ben e non son capaz de poñelo ben. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 17:47, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Alma. Na Galipedia non hai un sistema creado para o control da cesión de permisos sobre imaxes. Por mor disto, creo preferible que a subas a Commons (convén que leas esa páxina), inda que o procedemento é un pouco laborioso:

  1. Envía unha mensaxe ó fotógrafo enviándolle o texto presente en Commons:Commons:Modelos de mensaxes. Esa mensaxe ten que devolvercha aceptando o texto e indicando o título da imaxe.
  2. Sobe a imaxe e indica na orixe que prontamente estará pendente de aprobación ([[Commons:OTRS]]). (non teño claro que este paso nn deba se-lo primeiro)
  3. Ponte en contacto con calquera dos voluntarios del OTRS, que son administradores en Commons.
  4. Reenvía a mensaxe a permissions-commons@wikimedia.org indicando o enderezo da imaxe.

Envíoche un correo electrónico. Se tes algunha dificutade no proceso coméntama. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 9 xaneiro 2008 (UTC)

  • Ola de novo. Esquecín dicirche que cando subas a imaxe lle poñas a etiqueta {{Otrs pending}}
Estiven mirando {{Attribution}} pois non o coñecía ben. Repara na páxina http://commons.wikimedia.org/wiki/Template:Attribution e non o vexo claro. Hai 5 alternativas de sintaxe, pero ningunha para escribir un nome diferente do do usuario. Por mor diso, paréceme preferible Creative Commons c.c. by 2.5. Se o ves doutro xeito,...
Polo que respecta á imaxe co nome do autor, pode ter problemas. Non se permiten imaxes con eses datos. Non se borran as imaxes, márcanas con {{watermark}}, repara en Image:Situacion Touro.PNG
Mandeiche respondendo un correo con parte destes datos. Cando lle dei ó botón enviar, deime conta de que non me despedira. Fágoo agora 2 veces: Dous cordiais saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 17:37, 10 xaneiro 2008 (UTC)

Castelo de San Antón editar

As fontes xa non me lembro cales tiña visto. Simplemente busquei un pouco polo Google, e lembro que visitei varias páxinas e non coincidían as datas, sinalando unhas o 49 e outras o 94. Coa túa aclaración xa lle topo sentido a aquela confusión. Non tiña pesquisado moito por si o autor do artigo estaba máis o tanto, e porque tampouco sei eu moita cousa destos temas. Grazas Miguel.lima 19:21, 12 xaneiro 2008 (UTC)

foto da cea editar

Imaxe:Cea Santiago.JPG

Raiña: acabo de chegar da "Galleira",por iso che mando a foto sen editar.compre revisarlle os ollos.Un Saudazo--Pelos 00:10, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Desculpa, acabo de darme conta que che podía mandar un correo,nón sabía eu que o sistema facía isto.si nón a baixaches mandocha por correo.--Pelos 18:18, 13 xaneiro 2008 (UTC)

foto do Mosteiro de San Martiño de Xuvia editar

Sinto non ter feito ben as cousas, é o primeiro día que aporto algo. Son novo nesto da informática e dou moitas voltas, todas as explicacións soanme a chino, mais hei de seguir intentandoo. A foto foi tirada por min hai xa catro anos. Tentarei corrixir o problema. Grazas.

Mosteiro de San Martiño de Xuvia editar

Como fago para crear un vínculo entre o artigo do Mosteiro do Couto e a foto anterior? Pregúntocho por que son a mesma cousa xa que un é o nome popular e outro o eclesiastico.

Si, as propostas que queiras, de feito vou necesitar axuda para mudar o de que por defecto apareza {{{nome do concello}}}.jpg e {{{Situaciónconcello}}}.PNG A ver se entre todos sacamos algo. Saúdos. AlberteSi, digame? 15:18, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Hai máis usuarios que fan iso de poñer dúas licenzas. Non entrei na cuestión porque existe en Commons: {{self|GFDL|cc-by-sa-all}}. Podes vela en Commons:Image:Westfield prelit seven.png. Claro que tamén hai a posibilidade de {{self|GFDL|cc-by-sa-2.5,2.0,1.0}} que ó final pon "You may select the license of your choice" (podes vela en Commons:Image:Bismarckturm Dresden-Cossebaude.jpg). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:07, 15 xaneiro 2008 (UTC)

As dúas poñen ó final "You may select the license of your choice". Iso era o que eu cría antes de escribir a mensaxe anterior, por un momento pensei que non era así e escribín esa mensaxe. Creo que se debe entender dese xeito. Hai en Commons algunha licenza máis, creo lembrar algunha con outro corpo que eu copiei nalgunha imaxe da Galipedia. Mirarei se se existe en Commons unha licenza que conxugue as dúas.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:12, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Sorpresa, ata hai esta licenza: Commons:Template:GFDL-CC-triple e esta Commons:Template:GFDL or cc-by-nc-sa, pero non encontro unha mixta. Eu entendo que se debe considerar así.

Vou crear unha licenza {{GFDL|cc-by-sa-all}}. Con ela, xa se poderá avisar ós usuarios e preguntarlles se era iso o que pretendían--Lmbuga Commons - Galipedia 20:23, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Desculpa. Hoxe tiven moito chollo, e tiña dúas cousas pendentes, unha era esa. A imaxe está ben.
Voume poñer coa outra: Un usuario, creo que da Galipedia, deixou unha imaxe en Commons e asinou coa IP. Teño que buscalo, mirar o caso e responderlle--Lmbuga Commons - Galipedia 20:36, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Xa creei a licenza (Modelo:GFDL ou cc-by-sa). Vouno dicir na Taberna por se hai algo incorrecto. Non hai ningunha licenza exactamente igual en Commons pois só recollín a Creative Commons 2.5 España. Penso que é mellor esperar a ver se alguén ten algo que dicir antes de actuar con esas imaxes, pois sempre se pode un confundir. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:05, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Hai uns días que lle metín os datos das municipais ó artigo e non entendo porque non dá os datos de TEGA. Tamén aparece a palabra {{{Outros}}} cando á hora de editar non se ve nada. Grazas.

Narón editar

Moitas Grazas. Es coma un lóstrego.

Ola, perdoa por tardar en respostar tanto. Eu de momento quitei o referento ós votos desglosados por partidos políticos, penso que é mellor que iso se edite no artigo propio das eleccións municipais dese concello. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:24, 19 xaneiro 2008 (UTC)

Obra derivada editar

Tes que empregar a seguinte "template": {{RetouchedPicture|Correccións que se fixeron|orig=image.jpg|editor=Alma Gal}} e respectar a licenza de Commons (sempre que non sexa PD). Se é PD, podes colocar a licenza que desexes e non tes que nomear os datos de orixe máis do que xa o fas na "template". Se a imaxe é GFDL ou ten recoñecemento, tes que poñer nos datos o autor e a orixe. Se é GFDL e CompartirIgual tes que poñer os datos anteriores e -entendo eu- compartila coa mesma licenza. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:19, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Acabo de ler a segunda parte da túa mensaxe. Pasárame desapercibida. Pensei que era a sinatura. Xa vin a imaxe. Na miña opinión, podes colocarlle unha licenza diferente sempre e cando a variación poida considerarse unha obra derivada (mesturar con outra imaxe ou engadir algo que poida ser artístico). Se o que fas é un traballo técnico (enfocar, cor,...), sería preferible que a licenza fose a mesma. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:28, 23 xaneiro 2008 (UTC)
Sigo dándolle voltas ó asunto na cabeza. Se o que vas facer é unha obra derivada e non correccións da foto, só tes que nomear a orixe da túa imaxe. Non é preciso que empregues a template que che puxen antes. Como a imaxe de orixe é PD, ti podes empregar a licenza que desexes. O complicado é distinguir a fronteira entre unha corrección e unha obra derivada sen saber que é o que vas facer. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:33, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Non fai falla que ma envíes. Eu entendo que recortar é unha cuestión puramente técnica, que non é unha bra derivada. Nese caso deberías -penso eu- colocar a "template" anterior e colocar a mesma licenza. Iso si, cita como orixe a imaxe de orixe--Lmbuga Commons - Galipedia 21:02, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Tampouco eu podo ver a imaxe. Dime firefox que se debe a que contén erros. Non sei, supérame. Se me dis cal das figuras precisas, inténtoo eu. A verdade é que nunca me pasou o que che pasa, pero tampouco o podo explicar--Lmbuga Commons - Galipedia 20:58, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Subina por cima da túa, xa que a túa non se vía (tomeime esa licenza). É de moito menor tamaño cá que ti subías. Vese. Se queres, volve intentar de novo a subila co mesmo nome, pois eu non tiven problemas: Sempre se pode restaurar unha versión anterior. Se queres que restaure esa (de non poderes ti), avísame --Lmbuga Commons - Galipedia 21:42, 24 xaneiro 2008 (UTC)

brava! editar

parabéns pola creación do artigo de matar por matar non. quito o chapeu. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:28, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas. Alegrome de que ti tamen disfrutaras do cadro e da explicacion.---- Maañón00 (o que?) 12:41, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Terras húmidas ---> Zonas húmidas editar

Alma: deberías cambia-la denominación "Terras húmidas galegas incluídas na Lista das Terras Húmidas de Importancia Internacional" pola de "Zonas Húmidas de Importancia Internacional" (neste caso sería algo así como "Espazos galegos incluídos na lista de Zonas Húmidas de Importancia Internacional". Esta é a denominación usual e a que se emprega na normativa galega (erroneamente, por castelanismo, "humedais": [2]) e castelá [3] e non a de "Terras Húmidas" e así o temos en artigos como Día Mundial das Zonas Húmidas ou 2 de febreiro. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Alma. Dubido que esta foto estea no dominio libre. Se está realizada dentro dun museo, a non ser que o dito museo o especifique, a estatua non está no dominio libre e, polo tanto, a foto (obra derivada) tampouco.

As estatuas en exteriores si están no dominio libre debido a que en España (non noutros países) hai liberdade de panorama. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 08:40, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • Non pasa nada, adiante coas fotos. Só quería intercambiar opinións. Eu non teño claro como actuar con este tema: Unha cousa é que deixen tirar fotos e outra diferente que deixen colocalas no dominio público (permitindo o uso comercial sobre todo). Teño dubidado ata de subir fotos do interior dunha igrexa porque podía ser un museo, ó final subinas (Imaxe:Noia Igrexa do cemiterio 2.JPG) porque era un espazo aberto e sen vixilancia ningunha. Claro que hai fotos de museos en Commons, e da Domus da Coruña; pero temos que ter claro que á mínima queixa que haxa hai que borralas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 09:57, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Concordo con todo o que dis menos con que se pode aplicar o artigo 35 a). Estou convencido de que non se pode aplicar porque nel se expresa "...sólo en la medida que lo justifique dicha finalidad informativa" e nós colocamos unha reprodución dunha obra (pensemos nunha escultura que ten copyright) no dominio público a perpetuidade. Isto non é un xornal que se guinda ó lixo ó día seguinte.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:58, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Vémolo diferente. Ademais, isto non se trata de gañar un proceso legal. Entrar nun proceso legal sería desestabilizar o proxecto. Non se pode chegar a iso. Quen iría? Dimisións porque é unha responsabilidade que ninguén asumiu (a miña a primeira)? Ante unha queixa seria, hai que borrar--Lmbuga Commons - Galipedia 11:27, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Vale. Agora enténdote. Vémonos--Lmbuga Commons - Galipedia 11:51, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Grazas. Respondín o correo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:01, 6 febreiro 2008 (UTC)

cita a cegas editar

chegado este momento, está ben propor un lugar e hora para a cita. A miña proposta é ás 8 do serán na caseta de información turística que hai xunto a Peregrina. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:10, 6 febreiro 2008 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas/Imaxe:Vista do porto de Baiona desde Monterreal-cropped.jpg editar

Endereitei, recortei, subín, e propuxen esta imaxe túa--Lmbuga Commons - Galipedia 21:37, 7 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza editar

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. Saudos Miguel.lima 22:24, 7 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza editar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:30, 9 febreiro 2008 (UTC)

Xuntanza-ceanza editar

Xa cumprín a miña penitencia e fixen a pequena "Crónica oficial" da xuntanza (ata onde eu estiven, non quero nin pensar o que fixestes o resto despois). Cando queiras iluminas o evento coa foto oficial.

Por certo, as miñas cansas neuronas esqueceron a raíña británica que me comentaches, lémbramo porfa. --Furado 21:00, 9 febreiro 2008 (UTC)

PD. Xa me estás tardando moito en cambiar a foto da vosa nosa querida "Loba".

Claro que me gusta, pero xa non é que me guste máis a min, é que estou seguro que agora mesmo está detrás de ti mirando a foto e movendo o rabo como dicindo "grazas Furado" :-)
A foto da xuntanza está perfecta, e todos saímos moi ben (bo, salvo Xosé que saíu cunha cara un pouco rara). Por certo, non se adoita pór nestes casos no pé da foto ou na información da imaxe, algo así como "de esquerda a dereita: Estevoaei, Furado, Xosé, ..." ?. --Furado 21:11, 10 febreiro 2008 (UTC)

Xa me contou o meu pai o ben que falaches de min, faime moita ilusión que vírades os artigos que fixen e que vos gustaran. Moitísimas grazas --Kekoroto 21:16, 10 febreiro 2008 (UTC)

Grazas editar

Pois si que é sinxelo moitas grazas :) Outra cousiña: unha vez creado cómpre categorizar o modelo? Saúdos.--Manudosde 23:11, 9 febreiro 2008 (UTC)

O modelo era "Historia de Arda". Incluíno en Marcadores de navegación, como estaba na Wiki inglesa. Grazas outra vez e un saúdo.--Manudosde 23:24, 9 febreiro 2008 (UTC)

fotos Romaría San Fins do Castro editar

Hola Alma cambiei a orixe das imaxes espero que estea ben. Un saudo

Ética das votacións editar

Despois de meses e meses de edicións, pódese demostrar claramente que existe unha connivencia de voto entre dous editores. Este comportamento está sobradamente estudado nos proxectos wiki. Isto, en vez de contribuír ao debate, dana o consenso e a achega de ideas, e crea un falso estado de opinión cando en realidade se está a actuar cunha soa voz. Así pois, neses casos, a Wikipedia recomenda actuar contra eses meatpuppets: particularmente, creo que a anulación dun voto que non afecta o resultado dunha votación é unha medida que, sendo correcta conforme ás regras do wiki, non ten repercusións laterais que puidesen esturbiar a reflexión.

A Galipedia ten que protexerse contra editores que, grazas á xenerosidade do sistema, actúan terxiversando o sentido da comunidade: se todos comezamos a chamar polos nosos amigos pra que respalden as nosas posicións teríamos votacións con moitos votos, pero non saberíamos cal é o consenso nin o sentir plural da comunidade. Un editor con experiencia debería decatarse de que non é correcto actuar así, que non é moral que unha opinión teña dous votos, e de que o que se procura na Galipedia non é gañar votacións, senón reunir o maior número de voces distintas posibles pra achegar solucións mellores. Non é algo contra ti, senón contra un comportamento non ético que a Wikipedia reproba. --Xabier Cid 08:10, 12 febreiro 2008 (UTC)

Vou deixar unicamente un breve comentario. Se vostede respecta e apreza o proxecto da Wikipedia, e creo que si, sabe perfectamente que o obxectivo dos editores nel non é gañar votacións. Nestes meses dous nomes de usuario estiveron editando as mesmas páxinas, por veces cos nomes de usuario trocados e actuando en conversas, debates e edicións de maneira conxunta e unívoca. Iso, e vostede sábeo tan ben coma min, é un comportamento moral que a Wikipedia, e por conseguinte todos os proxectos wiki, reproban. O lóxico é que eses dous editores actuasen responsablemente en votacións e procesos de consenso, actuando como unha soa voz e non como dúas aparentes voces. Pero iso non foi así. Coincidirá comigo en que que estes comportamentos se estendan é moi prexudicial prá Galipedia. Polo tanto, véxome na obriga de anular este voto e prégolle que reflexione sobre cales son os obxectivos das votacións e dos consensos na Galipedia. Tamén lle pregaría que suavizase o ton das súas intervencións. Moitas grazas. --Xabier Cid 09:31, 12 febreiro 2008 (UTC)

Páxina de usuaria editar

Prezada Alma, prégoche que non uses a túa páxina de usuario de forma provocadora. Atacar outros usuarios ou realizar disrupcións dende ela non é correcto. --Xabier Cid 23:28, 13 febreiro 2008 (UTC)

Estás usando a páxina de forma provocadora, simulando unha situación que non se dá e acusando outros usuarios. Prégoche por segunda vez que retires esa mensaxe. Aínda que as páxinas de usuario teñen unha ampla marxe prá publicación de contidos, estes non deben supor un ataque pra outros usuarios posto que "as páxinas de usuario tamén son páxinas da comunidade". Moitas grazas pois por actuar con civismo. --Xabier Cid 23:38, 13 febreiro 2008 (UTC) Grazas. --Xabier Cid 23:45, 13 febreiro 2008 (UTC)

Bloqueos editar

Ola, vexo que non es capaz de ver porque bloqueei ós dous usuarios. Ben sei que ti o sabes, mais actúas por sentimento e non por obxectividade. Por iso como é mellor descobrir as cousas por un mesmo, só vouche dicir que revises as edicións realizadas o 12 de febreiro por eses dous usuarios. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:09, 14 febreiro 2008 (UTC)

A ver, repasemos: Edicións reiteradas nunha páxina pechada, pese a reversión do vandalismo por parte dos administradores (1ª reversión, 2ª reversión, 3ª reversión), comentario saído de ton a Xabier Cid, no que é perfectamente observable que a relación persoal afecta no comportamento e reaccións na wiki, como este, tamén a Xabier Cid. E a creación de xeito acción-reacción dunha páxina de revogación a Xabier Cid, que é constitúe unha forma de acosarlle (por aquí tamén caeu Maañón). Todo isto xustifica un bloqueo como mínimo por sete días (e fun laxo tendo en conta a cantidade de veces que xa foi advertido de bloqueo).
No caso de Maañón podes observar a súa páxina de usuario (isto, áinda que pareza o contrario, é unha enciclopedia, e non se permite atacar a ninguén dende ningunha páxina. Isto non é política, nin un mitin no que insultar ós outros, é unha enciclopedia colaborativa e de balde), e logo o comentario absolutamente infamatorio. Modificación], todo isto cun usuario cun amplo abano de vandalismos, menosprezos, creación dunha conta suplantatoria da identidade, e que xa foi bloqueado nunha ocasión, polo que me parece razoable o bloqueo por tres días. Agardo que sexan suficientes as razóns, creo que é unha pequena derrota para a wikipedia que teñamos que explicar a colaboradores tan experimentados coma ti que esto é vandalismo.
Respecto á mensaxe de correo electrónico, prefiro que me fales aquí porque polo correo desfasades moito e non me gusta recibir esas palabras polo correo, dicir que a mensaxe que aparece cando te bloquean é unha tradución xenérica de mediawiki que fala dunha función (a de escribir na páxina de conversa) que non temos na Galipedia, e que non é unha cuestión de elección do tipo de bloqueo nin nada. Na galipedia non temos esa función. Agardo que sexan suficientes esas explicacións. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:24, 14 febreiro 2008 (UTC)

Galicia/za editar

Eu concordo contigo en ter Galicia con redirección -za (xa expresei que non me convencía moito Galiza), pero como hai xente que prefire esta segunda denominación vai ser moi difícil acadar un consenso con toda a "comunidade galipédica". Dei esa posibilidade de ter dous artigos iguais xa que non vexo que vaia haber unha decisión concreta polo de agora (aínda que, como ti mesma sinalas, o mellor é fusionalos nun só). A solución que propuxo Miguel de título dobre pareceume bastante razoable ao primeiro,... ata ver os argumentos dalgúns discordos. A verdade non sei... por iso de momento puxen   Agardar nos comentarios.

Falando de Betawiki, ao mellor anímome (déixame de prazo ata a fin de semana), e vos boto un cable por alí. E por último, vin a túa proposta da Taberna do marcador de usuarios bloqueados e ao mellor póñome a intentar facer un, a ver qué tal. Sen máis, un saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 17:35, 14 febreiro 2008 (UTC)

Actos pasados editar

Non sei no resto, pero no tocante ós "actos pasados" sí que estamos de acordo, e ese acordante do meu "acto pasado" que citas demostra que o que fixemos antes segue presente. Se despois daquela eu seguira utilizando esa liña argumental cos mesmos ou con outra xente seguro que chegaría o momento en que me bloquearían lembrándome o meu historial de "actos pasados", historial que se sumaría á acción concreta que provocase a medida correctora. E outra cousa: se eu mesmo non confesara a quen me refería ¿podería hoxe defenderme argumentando que "non falo de ninguén en particular"? Naquel contexto, que seguro lembras (8 de setembro de 2007), ¿non cres que quedaba claro de abondo a quen me refería? Non resulta tan difícil entendernos, como ves. Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 14 febreiro 2008 (UTC)

Finspoiler editar

Moitas grazas por crear o modelo Finspoiler, xa o utilicei no primeiro artigo do meu mega proxecto Naruto. É un modelo que usarei moi a menudo neste proxecto. Como ves, agora voume dedicar a un tema que me gusta máis e que "controlo". Un saúdo --Kekoroto 21:24, 16 febreiro 2008 (UTC). Vaia parece que cando che enviei esta mensaxe non me acordara de gardar os cambios na páxina, pero agora dinme conta e xa e puxen o Finspoiler ao artigo. Un saúdo --Kekoroto 11:13, 17 febreiro 2008 (UTC)

Ola Alma. Non é esta? Está creada desde o 2006. Incorporeina a Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe. Hai algunha outra das presentes en Categoría:Marcadores de licenza de imaxe por incorporar. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:11, 17 febreiro 2008 (UTC)

Ola Alma, atopei a túa foto no artigo de Cedeira. Quería comentarche o meu parecer sobre o título, xa que o lugar que retrataches está xusto no límite dos concellos de Cariño e Cedeira, e ámbolos dous teñen un pequeno conflictopor esa edificación. O nome dese edificio é: A Garita de Herbeira. Grazas por me atenderes. --PepedoCouto 20:25, 10 marzo 2008 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Alma~glwiki/arquivo4".