Benvida á Galipedia, Salvora!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 23:37, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Consellos editar

Permíteme un par de consellos, Salvora. A estrutura e extensión dos artigos dunha enciclopedia como a nosa son cousa distinta do dun dicionario (como o noso Galizionario). Por iso, artigos como o do Facho, que é só unha definición, non teñen cabida aquí senón que son propios do Galizionario. Cómpre amplialo ou será borrado. A segunda observación é que temos que respecta-lo traballo que fixeron antes ca nós: o artigo da Guerra de guerrillas ten uns autores que non podemos obviar na tradución a Loita de guerrillas. Por iso, no resumo da edición cómpre que indiques sempre a orixe (no caso dunha tradución coma esta). Non recoñece-la orixe ten a consideración de violación de dereitos de autor. Por suposto, no caso das traducións cómpre tamén ter coidado coas ligazóns, cos artigos relacionados (que poden non existir na nosa Galipedia) e coas categorías (xa que estas non coinciden dunha wiki a outra). Grazas e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 18:24, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Ola Salvora, moitas grazas por dialogar comigo.

Permíteme que mellor fale do tema na paxina de conversa do artigo. Un saúdo. --HombreDHojalata Conversa comigo. 21:49, 5 xaneiro 2010 (UTC).

Salvora, tes algún tipo de vencello con dosmasunoarquitectos? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:53, 5 xaneiro 2010 (UTC)
Salvora, preguntábacho por outra razón: é a imposibilidade de que un usuario edite nun artigo co que teña algún tipo de vencello real (nin o propio Obama nin a súa administración poderían editar os seus artigos ou os do goberno). Ser alumno non parece que supoña un problema; traballar para eles, ser amigo ou compañeiro, si. Canto ao que comentas da wiki en castelán, certamente tanto ten que alí haxa ou non o artigo, non nos atinxe ou nos atinxe minimamente; a galipedia en ningún caso é sucursal da wiki española, a francesa ou a portuguesa. Ten entidade propia, co cal non vexo razón para que se comezen a engadir artigos aquí unha vez que xa están alá (direiche, por outra banda, que verbo da calidade e rigorosidade, a wiki española ten moito que aprender da wiki galega -topónimos, veracidades dos contidos, formatos, resolución das polémicas...-; no tocante á cantidade, é obvio que non podemos competir). Apenas coñezo o mundo da arquitectura, e menos aínda os seus vimbios comerciais, polo que non teño a certeza de se este estudio ten entidade de seu ou non para estar na galipedia (polo de agora decántome por que non -non é microsoft, nin coca cola, e tampouco non ten un especial vínculo con Galiza). Así as cousas, desde logo é unha moi boa idea que podamos contar cos artigos dos distintos arquitectos, sempre e cando sexan relevantes e recoñecidos, que supoño que é o caso. Ponte con eles cando desexes. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:43, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Ola de novo Salvora. O motivo de que retirara do artigo á ligazón a Google Maps e que engadín o modelo {{Coordenadas|29_58_31_N_31_08_16_E|29º 58' 31" N / 31º 08' 16" E.}} .

Se o empregas, está o comezo da páxina, verás que da acceso a una ferramenta que te leva directamente á localización en gran cantidade de mapas, estre eles o de Google. É por iso que deixar a ligazón a G. Maps pareceume redundante.

Amais diso engadín, como viches, unha ligazón a un modelo en 3D coa localización na superficie terrestre, co que me parecía que quedaba sumamente clara a situación da esfinxe na terra.

De todas as maneiras aproveito para darche a benvida, que penso que non o fixera antes. Agradecerte o teu traballo na Galipedia e animarte a que sigas traballando nela. Suxerirte que o fagas en artigos de arquitectura, eu, por exemplo estiven a poñer o Modelo:Coordenadas en todos os artigos de pontes, agora estou poñendo o Modelo:Ponte e teño en mente poñer, cando exista, a ligazón externa o modelo 3D en todos eles.

Nas fichas das pontes que estou engadindo faltan moitos datos, sería estupendo que, cos teus coñecementos e o acceso a información especializada que tes, botaras unha man completándoos. Máis, como digo, so é unha suxestión.

Grazas e un cordial saúdo. --HombreDHojalata Conversa comigo. 11:21, 6 xaneiro 2010 (UTC).

dosmasuno editar

Ola, Sálvora. Fixen algúns trocos importantes neste artigo, que expliquei na páxina de conversa. Se tes calquera dúbida dobre o que fixen, pregúntame sen medo. Parabéns por traballar no campo da arquitectura. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 15:09, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Ola, Sálvora. Pois non, :) A ver, o estilo que se segue na Galipedia é o de redactar, non o de construír cronoloxías. Non quere dicir iso que a cronoloxía sexa en si un erro, senón que o costume é redactalo. O caso é que polo que puiden ver así na primeira ollada na cronoloxía estás incorporando algúns datos que xa están na biografía, e iso si que xa é máis erro. O meu consello é que revisases a biografía, e que tentases incorporar nela os datos que faltan, e non dupricala cunha cronoloxía. Non sei se me estou explicando ben... :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 16:46, 6 xaneiro 2010 (UTC)

O da foto da Casa Syntes ou das vivendas de carabanchel sería bárbaro. :) --Xabier Cid Conversa 16:59, 6 xaneiro 2010 (UTC)

National museum of western art editar

Igual che interesa esta foto. Saudiños. --HombreDHojalata Conversa comigo. 14:48, 7 xaneiro 2010 (UTC).

Boas Salvora ! Si tes tempo e ganas podes ollar o artigo Cidade difusa e opinar na páxina de conversa ? Pidoche esto por ver que fas estudos de arquitecto, pero podes estar segura que esta pedida non ten compromiso ningún. Saúdos e bo aninovo 2010 Elvira (conversa comigo) 17:28, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Imaxe dos Fachos editar

Ola Sálvora. Lembra que tes que substituí-la imaxe da distribución dos fachos por outra que non teña problemas de copyright. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 11:29, 8 xaneiro 2010 (UTC)

  • Supoño que xa comprobarías que xa se visualiza a nova imaxe. Supoño que o retraso se explica polas cahés e esas historias. O caso é que eu esperaba un novo mapa de Galicia cos puntos dos fachos marcados. En Categoría:Imaxes de mapas de Galicia podes atopar mapas diversos sobre os que, por definición, se poden facer sen problemas obras derivadas (como sobreimpresionar esas fogueiriñas, digo eu). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:33, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Brother Bear editar

Hi, I'm really impresed with the work you did on Brother Bear. Could you do other Disney films? 69.85.235.3 13:53, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Ollo! co usuario anterior. --HombreDHojalata Conversa comigo. 16:07, 8 xaneiro 2010 (UTC).
Digo o mesmo que HombreDHojalata. Esta IP esta bloqueada en algunhas WP e seria dificil fazer o balance entre as edicións correctas e as edicións que foron borradas nos proxectos [1]. Ollo, pero cando traballa ben .... está ben ! Elvira (conversa comigo) 17:52, 9 xaneiro 2010 (UTC)

Modelo editar

Boa tarde, Salvora. Agora que estás encerallada cos artigos relativos á arquitectura, se cadra serí un bo momento para faceres un modelo común ao estilo dun que eu fixen para a música latinoamericana, e que engado ao cabo de cada artigo relacionado, este modelo. Poderíalo por exemplo dividir por principais arquitectos, estruturas, estilos e épocas. É unha proposta. Se te animas, caralludo; e se non, tamén. Para o modelo, o que eu fixen é moi básico, pero se che dá por facelo máis complexo pídelle axuda a Toliño, que é un experto destas cousas. Un saúdo e a choiar. --Atobar (conversa comigo) 16:35, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Salvorinha.jpg
Ficheiro:Centro Le corbusier zurich.jpg




Ola Salvora, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. Lmbuga / Conversa comigo  20:13, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Esfinxe Giza.jpg
Ficheiro:Modulor.jpg
Ficheiro:Le Corbusier Tokio.jpg
Ficheiro:Izaskun Bienal Venecia 2006.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Esfinxe Giza.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


-- Lmbuga / Conversa comigo  20:18, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Cidade difusa. editar

Finalmente encárgaste tí desa introducción xeral ao tema da cidade difusa?

Recoñezo que me da moita nugalla pensar en meterme agora a repasar todo aquilo dos modelos de contraurbanización/rurbanización. Só de pensar en qué libracos tería que consultar pónseme a pel de galiña. En cambio do que acontece en Galicia estou máis enterado, pois é co que traballo día a día, e sei onde me podo informar do que non controlo de primeira man.

De tódolos xeitos son un firme defensor do traballo en equipo, así que para calquer cousa non dubides en falar comigo.

Á túa disposición.--Xoacas(Qué me queres, amor?) 20:43, 9 xaneiro 2010 (UTC)

Retirei a etiqueta das imaxes editar

Retirei a etiqueta das imaxes que che marcara como SenOrixe. Deime conta de casualidade ó non te dirixires a min.

As imaxes xa non teñen ningún problema que as faga perigar. Aclároche que engadín outra etiqueta a todas elas ({{PendenteImaxe|Crear caixa de datos}}) pero que é simplemente un recordatorio para que cando alguén teña tempo coloque os datos ás imaxes coa seguinte caixa:

{{Information
|Description= (Escríbase a descrición da foto)
|Source= (Escríbase ligazón ou indicación de se é de autoría propia)
|Date= (Escríbase a data de realización da foto o a de subida) 
|Author= (Nome de autor ou usuario)
|Permission=
|other_versions=
}}
{{Escríbase a licenza}}

Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:18, 29 xaneiro 2010 (UTC)

Image:Izaskun Bienal Venecia 2006.jpg parece ser unha obra derivada editar

 

As imaxes que estás a subir parecen contravir a lexislación vixente

Requírese que se indique a orixe do orixinal sobre o que foi realizada

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes con que mellorar os nosos artigos. No caso de Image:Izaskun Bienal Venecia 2006.jpg {{{2}}} probablemente esteamos ante unha violacións dos dereitos de autor, se, como parece, se trata dunha obra derivada. {{{3}}}

Se realizas unha obra a partir dun orixinal, a túa obra ten as mesmas condicións de copyright cá obra orixinal. Se a obra orixinal non está no dominio público, a túa tampouco, pois o autor do orixinal mantén os seus dereitos na obra realizada por ti.

En todo caso, os dereitos de autor da obra orixinal permanecen, inda que a maiores poida ser que ti posúas tamén algúns dereitos sobre o traballo final.

Por todo o dito, Image:Izaskun Bienal Venecia 2006.jpg {{{2}}} poden ser violacións dos dereitos de autor se non es o único que detenta a súa autoría e rogámosche que nos indiques a orixe do posible orixinal sobre o que traballaches para podermos comprobar a licenza (Como contactar con outros usuarios)

Se desexas profundizar máis no tema, le Commons:Commons:Obras derivadas. Tes tamén información á túa disposición en Wikipedia:Política de uso de imaxes

{{{4}}}

. HombreDHojalata.conversa 18:54, 7 de xullo de 2011 (UTC)