Conversa:Prestige

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)

Custos do accidente editar

Os custos que se indican do accidente, tomados de TVNet, que a súa vez os toma da páxina Wreckedexotics, non me acaban de convencer. Os de esa páxina poñen ese dato baseandose en "According to a report by the Pontevedra Economist Board, the total cleanup cost $12 billion. ". Estaría ben saber a que se refiren exactamente con ese "Pontevedra Economist Board". ¿Será a camara de comercio? ¿Alguén sabe onde se pode atopar ese informe? Miguel.lima 22:49, 4 novembro 2008 (UTC)

A min tampouco me dá boa espiña a referencia. De non averiguar a existencia do informe, penso que habería que elimina-la referencia e o texto que se basea nela. Alberte Si, dígame? 14:23, 5 novembro 2008 (UTC)
Eu non atopo nada ó respecto do Prestige nesa www.wreckedexotics.com, pero si en http://wheelsweekly.blogspot.com/, de onde procede esa cita dos 12 billion de dólares, e de onde foi saltando de blog en blog. Tamén pode ser que aquí estea xa rebotada dalgún outro, claro. Évos un blog con toda a credibilidade que vos mereza un blog.
Tamén vexo que Greenpeace [1] recollía en novembro de 2003 (1 ano despois) a cifra de case 1,4 millóns de euros: "The initial figures produced by the Pontevedra Chamber of Commerce have estimated a loss of 1,390 million euros in the Galician fishing sector and processing industry", e daba como fonte un informe desa "Pontevedra Chamber of Commerce" de título "Problemas empresariales y propuestas de situación. 2003". Logo, existir, existe tal informe da tal Cámara de Comercio. O caso será atopalo, porque na súa web non dou con nada relacionado co Prestige. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 5 novembro 2008 (UTC)
Esta páxina é onde está o informe da wreckedexotics.com. Polo que di Lameiro, entón serían 1,4 millóns de € no canto de 12 millóns de $. A verdade é que estimar a repercusión económica de accidentes destas características é imposible, e facer comparativas históricas con outros accidentes todavía máis aventurado. Por iso eu entendo que nunca se podería poñer nunha enciclopedia afirmacións do tipo "o terceiro accidente máis caro da historia". O aceptable sería algo do estilo: "de acordo coa Cámara de Comercio de Pontevedra, as perdas ocasionadas no sector pesqueiro estimaronse en x €". Pero para isto habería que saber que existe realmente o informe, e idealmente poñer a referencia. Miguel.lima 22:49, 5 novembro 2008 (UTC)
De acordo con Miguel na redacción que propón. En calquera caso cómpre aclarar que a cifra que cito de 1,4 millóns €, era unha valoración feita ó ano do accidente e que posteriormente houbo moitos máis gastos, como tal a extracción do fuel do casco e o almacenamento e destrución de todo o fuel -máis restos- que se recolleron. Aínda así, chegar a data de hoxe a eses 12.000 millóns de dólares (= 9.273 millóns de euros) paréceme moito. Vai saber. En resumo, que apoio a supresión desta cifra (ata atopa-la referencia da Cámara de Comercio). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:35, 5 novembro 2008 (UTC)

Imaxe desaparecida editar

¿Onde foi parar esa foto de satélite no que se vía o percorrido do Prestige? ¿Desapareceu porque cambiou de nome ou por cousa de dereitos? Esa unha fotografía valiosísima. No pé de feto dise que se toma dunha web, pero a ligazón está rota. Pedro --Lameiro (conversa) 15:09, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Trasladar? editar

Non haberá que cambiar o nome desta páxina a outro máis axeitado?. Prestige simplemente é o nome do barco, este artigo creo que debería chamarse Afundimento do Prestige ou Desastre do Prestige, non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:27, 13 de setembro de 2012 (UTC)

  Concordo. E eu optaría por "desastre", porque o artigo fala de máis cousas có afundimento. --Toliño Fala aquí comigo 17:36, 13 de setembro de 2012 (UTC)
  Discordo Creo que resulta obvio que co nome de Prestige estamos a referirnos -todos- ó afundimento do Prestige e á catástrofe ecolóxica producida a continuación. Cando dicimos que o més que vén se cumpre o décimo aniversario do Prestige ¿de que estamos a falar? ¿da botadura do barco ou do accidente? O nome do barco sobrepasa o concepto material dun barco determinado e pasa a designar o que pasou con el. Na categoría Categoría:Catástrofes ecolóxicas temos cinco nomes de barcos e ningún artigo que se chame "Catástrofe de..." ou "Desastre de...". Na de Categoría:Accidentes marítimos temos 10 artigos: un xenérico (naufraxio, 6 nomes de barcos (e non "Accidente do barco xxx") e 3 nomes de persoas (dúas delas relacionadas co Titanic). Mudar o nome deste artigo a Desastre do Prestige (ou calquera outra fórmula semellante) implica: a) mudar os outros 5 artigos desta categoría (e doutras categorías equivalentes); b) deixar en vermello o futuro artigo "Prestige" referido exclusivamente ó propio barco; c) cambiar cento e pico ligazóns a Prestige. Demasiado traballo para o purismo de diferenciar barco e accidente. ¿Que interese tería un artigo sobre o barco se non é porque se foi ó carallo diante das nosas costas enchéndoas de chapapote? Pedro --Lameiro (conversa) 12:12, 7 de outubro de 2012 (UTC)
  Discordo; Amais de concordar cos motivos expostos por Lameiro, penso que a propia redacción do artigo ten no cabezallo a descrición do buque, e xa máis adiante os correspondentes apartados do afundimento e as súas consecuencias. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:35, 7 de outubro de 2012 (UTC)
  Discordo; Concordo coas razóns expostas por Lameiro, e como di Estevo, a primeira sección fala das características do barco. Por certo, deixo a continuación un comentario sobre as medidas do barco. --Xosé Antonio (fálame sempre) 14:56, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Calado ou puntal? editar

A ver se temos algún experto en terminoloxía náutica porque penso que hai un erro cando se fala das medidas do barco. Dise que ten 18,7 metros de calado. Non se referirá ao puntal do barco que, segundo o diccionario da RAG, é a altura da embarcación desde a quilla ata a cuberta, medida no centro da eslora? O puntal é unha medida absoluta, mentres que o calado varía segundo a maior ou menor carga que leve o barco. Deixo ahí a pregunta porque non estou seguro, mais eu sempre oín falar de eslora, manga e puntal. --Xosé Antonio (fálame sempre) 15:00, 18 de outubro de 2012 (UTC)

  • Nunca escoitara o de puntal pero ese matiz faime pensar. O dato dos 18,7 metros de calado (sic) está en varias fontes, pero na web do Cedre din que son 14 metros. aínda que segue sendo calado. ¿Poden explicarse así eses case 5 metros de diferenza que se fale dunha ou doutra cousa? Ten sentido: de quilla a cuberta 18,7 metros e 14 metros sumerxido; 4,7 metros desde a superficie do mar ata a cuberta, nun petroleiro, non semella tanto. Nalgures lin (buscareino) que se desaconsellara o refuxio na Coruña por cuestións do calado, referíndose á profundidade das agullas do Urquiola -aínda non dinamitadas-, que facían imposible meter un barco do tamaño do Prestige por ese canal, pero claro, tampouco sei o calado que permitirían as tales agullas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:26, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Xa teño a resposta. Nesta ligazón están as características (en inglés) do Prestige. Alí di (páxina 2) que ten de Draft 14 metros e de Depth 18,7 metros. Nestoutra ligazón hai un glosario español-inglés de termos náuticos onde di que Draft é Calado e (framing) Depth é Puntal, cousa que tamén se pode apreciar nesta imaxe. Polo tanto, como ti sospeitabas, o calado son 14 metros e o puntal 18,7 m. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 18:57, 18 de outubro de 2012 (UTC)
E eu xa atopei o que vos comentaba das agullas do Urquiola. Está en La Vos de Galicia: los héroes del 13-N, px, 59, e disque o Prestige tiña un calado de 17 m (sic, ó mellor é que nese estado aumentara o calado) e que as agullas só están a 11,2 m da superficie en marea baixa. Iso impedía a entrada cara o pantalán de Repsol polo canal Norte; a outra vía, canal oeste, tampouco era posible (disque) porque só ten 500 m de anchura, non había remolcadores suficientes e obrigaba a un xiro imposible. Bueno, correxirei o texto co do calado e puntal que sabemos agora. Pedro --Lameiro (conversa) 19:14, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Pendentes editar

Creo que sería bo desenvolver algúns temas que quedan pobres. Nalgúns casos poden (sería mellor) escrbirse como artigos propios, noutros casos sería cousa de conseguir información e engadila no texto do artigo:

  • Artigos propios:
    • Plan Galicia
      •   Feito! pero non teño nin idea de ondce categorizalo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:39, 20 de outubro de 2012 (UTC)
    • Corredor de Fisterra (Dispositivo de Separación do Tráfico Marítimo)
    • Biografías: Federico Trillo, Ángel del Real, López Sors
      •   Feito! Xa as fixo o usuario Xas (21.10).
    • Organismos que interviron: Tragsa, Sasemar, Sogarisa.
    • Ampliar o artigo Marea negra, incomprensiblemente cativo de máis.
  • Completar:
    • Situación do arao tras o Prestige. ¿Extinguido?
    • Efectos sobre a flora e os espazos naturais afectados; tamén sobre peixes e invertebrados.
    • Comisionado do Goberno
    • Consecuencias políticas (ascensos e descensos duns e doutros nas eleccións municipais de 2003)
    • Repasar as contradicións e repeticións que poida haber en artigos paralelos (como os de Chapapote, Apostolos Mangouras, Nunca Máis) e as biografías dos protagonistas (Fraga, Cuíña e outros).
    • Comisión de investigación dos parlamentos galego (xaneiro 2013, devaluada ante a ausencia dos responsables do Estado), nacional (que creo que foi rexeitada pola maioría do PP) e europea (que tampouco de constituíu pola oposición do PP e a ausencia na votación de parlamentarios do PSOE).
    • Fundación Arao, creada pola Xunta para xestionar os cartos doados por empresas. Nunca souben que foi o que fixo, ademais de sacar algúns folletos e publicidade na prensa).

Esta lista, evidentemente, está aberta a todos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:16, 18 de outubro de 2012 (UTC)

E que tal crear un artigo principal para a sección do xuízo denominada por exemplo Xuízo do Prestige na que se expoña pormenorizadamente toda a información que vaia saíndo sobre o xuízo? Piquito (conversa) 08:14, 19 de outubro de 2012 (UTC)
  1.   Concordo Piquito (conversa) 08:14, 19 de outubro de 2012 (UTC)
  2.   Concordo Boa idea. Ademais de alixeirar eso, separa dous feitos afastados tenmporalmente. Pedro --Lameiro (conversa) 12:02, 19 de outubro de 2012 (UTC)
  Feito! Fáltame cambiar a redacción, xa como artigo propio. Pedro --Lameiro (conversa) 12:52, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Datos do fuel recollido editar

Hai algo que non cadra nos datos do fuel recollido en terra (sección Cronoloxía): os días 29 de novembro, 2 e 4 de decembro danse datos do fuel que se leva recollido tanto en mar como en terra; mentres que os datos do fuel recollido na mar van crecendo co paso do tempo, como é lóxico, os datos do recollido en terra seguen o proceso contrario (5.000 toneladas o 29 de novembro, 2.500 t o 2 de decembro e 2.170 t o 4 de decembro). Alguén pode comprobar esto?. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:48, 27 de outubro de 2012 (UTC)

  • Estes datos sobre a cantidade de fuel recollida, e mais outros nos días seguintes, están quitados de El Mundo. Acabo de comprobar que están ben copiados aínda que, como di Xosé Antonio, son absurdos. Non só diminúen neses tres primeiros días, senón que tamén di que o día 5 suman 16.000 toneladas pero o 6 son só 12.350; o 12 xa son 27.300 tn, que se reducen a 15.800 o 13. Mesmo tendo en conta diferenzas segundo as posibles fontes (oficiais ou oficiosas), non ten sentido ese baile de cifras. Total, que suprimín tanto detalle nas cifras e deixei só unhas poucas e espaciadas, estas si: ascendentes, ata chegar a máis de 37.000 o 17 de xaneiro. Ó final nunca tiven claro canto fuel se recolleu, pero en 2007 falaban de que ían empezar a tratar as 60.000 toneladas que había amoreadas nas Somozas e que xa se trataran outras 20.000 que había en Cerceda. Non se contabiliza aquí o que se recolleu do fondo do mar en 2004. Grazas por esa minuciosidade, Xosé Antonio. Pedro --Lameiro (conversa) 10:09, 28 de outubro de 2012 (UTC)

Proposta editar

Boas!! Que opinades de poñer algún mapa con, por exemplo, traxectoria do fuel (había imaxes que creo que están na rede sobre os fíos de fuel como esta), tamén podía facerse algún coas zonas máis afectadas de Galiza, Portugal, zona do Cantábrico... como os que aparecen aquí, e outro co "paseo da criatura" como este. Penso que podería estar ben para ver o que fixeron co barco e que os lectores podan apreciar dun xeito visual a magnitude da catástrofe ao ver as zonas afectadas nos mapas. Eu non sei cómo facelo e a verdade é que estou liado con outros artigos, mais penso que ha de haber xente que o poda facer moi ben. Saúdos, Piquito (conversa) 18:53, 12 de novembro de 2012 (UTC)

  • Desde logo que a idea é boa. Tan boa que xa se me ocorrira ;). Eu tampouco sei facer estas cousas como non sexa pola vella: lápis, goma e rotulador, pero seica estamos no século XXI, así que llelo encarguei a Elisardo, que aceptou. Mandeille varios modelos para basear o seu traballo e supoño que andará niso. Vou meterlle présa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:10, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Os mapas andan..., lentamente porque teño demasiadas cousas pendentes, pero caerán :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:10, 12 de novembro de 2012 (UTC)
 
Xa fixen o mapa do percorrido, se vedes algo incorrecto ou hai que mover algo ou cambiar o tipo de letra, o que se vos ocorra avisademe e tento cambialo. Ó poñelo na páxina atopo que algunhas datas cadran enriba das estrelas, pero creo que iso é un problema da visualización porque se vedes a imaxe na máxima resolución iso non pasa. Se tal, cando se decida o tamaño que se lle pon no artigo axusto eses textos para que se mostren correctamente. Perdón pola tardanza pero despisteime un pouco con este choio e como tampouco é moi doado a cousa alongouse demasiado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:51, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Cambiei o tipo de letra e fixen un par de arranxiños máis e penso que debería estar ben. Se queredes facer algún cambio de posición dos textos ou detalles avisádeme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:44, 20 de novembro de 2012 (UTC)

Dúbidas de vocabulario editar

Como se di en galego:--. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2013 ás 15:22 (UTC)Responder

Dubida En galego dise:
*desguace despece?
*mamparo tabique?

Valor da carga e o buque editar

... El casco del Prestige estaba asegurado en Londres por una cantidad que no ha sido revelada. Las cifras que ha manejado la prensa internacional (22 millones de dólares) no se corresponden con el valor residual de un buque de 26 años, cuyo precio en el mercado apenas alcanzaría los 4-5 millones. Por su parte, la carga podría alcanzar, en el mercado europeo, un valor de alrededor de 10 millones de dólares. Así se deduce de los precios de buques de segunda mano publicados en los últimos números de la revista “Ingeniería Naval”, de la Asociación de Ingenieros Navales de España.

La desgracia del Prestige (Juan Zamora Terrés, 2003) - CEIDA (páxina 60 e 61)

http://www.ceida.org/prestige/Documentacion/Prestige.doc --Nemigo   23 de xuño de 2013 ás 01:25 (UTC)Responder

Citas editar

Cómpre traducir as citas en castelán. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de xullo de 2013 ás 06:37 (UTC)Responder

Mariña mercante editar

Mariña mercante ou Mariña Mercante? Unhanova (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 08:00 (UTC)Responder

Concordancia editar

"O propietario do barco era a compañía Mare Shipping (de Liberia) pero era explotado pola navieira grega Universe Maritime;" Entre propietario e compañía. Podería ser "A propietaria do barco era a compañía Mare Shipping (de Liberia), pero o barco era explotado pola navieira grega Universe Maritime;"? Unhanova (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 08:08 (UTC)Responder

Eu entendo que si... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 10:50 (UTC)Responder

Dúbidas editar

  • "durante 5 a 39 meses" sería mellor "de 5 a 39 meses"?
  • "15 de decembro: numerosas manchas fragmentadas ó sueste de Cabo Silleiro." Falta un verbo, avístanse?
  • "Todo este fuel acumulado no fondo do mar, baixo a area ou formando placas superficiais, remata (...)" creo que hai que eliminar a coma entre o suxeito e o verbo.
  • Neste caso creo que cómpre manter as dúas comas, porque entendo que é unha aclaración ("Todo este fuel acumulado no fondo do mar -baixo a area ou formando placas superficiais- remata..."), non unha enumeración ("Todo este fuel acumulado -no fondo do mar, baixo a area ou formando placas superficiais- remata..."). --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de marzo de 2017 ás 12:06 (UTC)Responder
  • Efectivamente é como di Estevo. O fuel sedimentou e acumulouse sobre a superficie do fondo do mar, para, en ocasións, ser cuberto pola area que movían as correntes. Queda coas dúas comas.
  • "comezaron as declaracións dos acusados e das testemuñas e, se se cumpre o calendario previsto pola Audiencia da Coruña." Este texto está incompleto.
    • É certo. Quedou a frase incompleta. Terei que buscar nos meus archivos. Por agora queda así.
  • "a marea non vai chegar ás Rías Bajas" Este texto dito por Rajoy, ao traducilo, se se quere marcar que dixo a toponimia deturpada, tería que marcarse a toponimia sen cursiva?
    •   Feito! Como Rajoy dixo esta frase en castelán, eu traducinno, e quedoume o das Rías Bajas.
  • Cambiei "disfraz" por "disfrace" nunha cita sen poder consultar o orixinal, na idea de que foi un erro de transcrición". Unhanova (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 11:52 (UTC)Responder
    • De acordo co cambio. O libro Nunca Máis. A voz da cidadanía está escrito en galego pero inclúe unha recompilación de manifestos, textos e comunicados en galego, castelán e portugués. O texto de Saramago vén en portugués e di, textualmente, "a mentira sem disfarce".

Grazas polas observacións. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 17:08 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Prestige. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 07:05 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Prestige. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 21:32 (UTC)Responder

Temos imaxe libre do prestige editar

 
imaxe libre.

Hai unha imaxe libre do pretige, tomada na rúa e polo tanto 100% dispoñible. --193.144.61.240 15 de outubro de 2018 ás 11:38 (UTC)Responder

Non me parece que teña a calidade abondo con respecto ó tema e ó contido de calidade do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 11:41 (UTC)Responder
Desde logo non parece a máis axeitada para o artigo. --AMPERIO (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 11:45 (UTC)Responder
Non é unha imaxe apropiada para este artigo. A reversión é máis que correcta. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2018 ás 12:04 (UTC)Responder
+1 Mgl.branco (conversa) 16 de outubro de 2018 ás 11:40 (UTC)Responder
Wikipedia é unha enciclopedia libre, ¿dende cando nos poñemos estupendos pedindo calidade? Hai que adaptarse ao que hai. ¿Se a foto estivese tirada en ikea tería máis calidade? Sería irrelevante. A imaxe á a que hai. Por outra banda non ten senso falar da calidade do artigo cando se pon no artigo unha cita de Ana Botella. --188.87.64.206 15 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)Responder
  • Esa fotografía non vale para ilustrar un artigo coma este. A cuestión é moi simple, e mesmo esta conversa non ten moito sentido. Entende que a reversión que che fixeron (e que tentaches desfacer) foi correcta. Tamén che pediría, ip, que manteñas os modos e te dirixas con respecto aos demais usuarios. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2018 ás 16:02 (UTC)Responder
¿E por que non vale para ilustrar este artigo? Non hai ningunha foto. Non ten senso dicir que non vale cando non hai outra como alternativa para escoler ou comparar. ¿Dende cando non haber nada é mellor que pouco? Se engadir contidos é unha falta de respecto debera estudarse mellor as valoracións que fas. A mín o que me parece unha falta de respecto é quitar contidos sen discusión previa. --188.87.64.206 15 de outubro de 2018 ás 22:21 (UTC)Responder
A imaxe que escolleras non representa moito do que foi o Prestige. Unha imaxe do afundimento ou algunha como as que xa hai no propio artigo (p.ex. Limpeza_de_rochas_en_Lira.jpg ou Historias_del_Chapapote_07.jpg) representan mellor o que si foi e son mellores candidatas para ser a imaxe destacada. Na miña opinión, colocar esa imaxe do bar non é informativo e é coma quen publicitar ese comercio en particular. Mgl.branco (conversa) 16 de outubro de 2018 ás 11:40 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Prestige. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de febreiro de 2020 ás 19:44 (UTC)Responder

Volver á páxina "Prestige".