Conversas antigas arquivadas:
desde 2008

Imaxes nos montes do InvernadeiroEditar

Boas Mgl.branco, non concordo coa eliminación da imaxe do abruño no artigo do Invernadeiro..., un abruño é igual aí que noutro lado, non é preciso que todas as fotos sexan dese lugar, cando o que se pretende é ilustrar esa especie... Home, se alguén fai unha foto de calidade semellante desa árbore nese lugar entón si, é mellor poñela, pero noutro caso penso que é mellor poñer unha foto que é acaída para o artigo que non poñer ningunha..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 22:05 (UTC)

Pois eu estou de acordo co borrado; o artigo é sobre o Invernadoiro, non sobre o abruño, polo que as imaxes deben ser sobre o espazo natural. --Estevo(aei)fálame aquí 28 de maio de 2020 ás 23:16 (UTC)
Se a imaxe fose unha vista xeral, ou algo polo estilo, está claro que debe ser do sitio, pero se a imaxe é para ilustrar unha especie que se atopa nese espazo, e noutros outros, e ten as mesmas características en todos eles, non é necesario que a foto sexa dese sitio. A maiores, se a foto é dun primeiro plano no que o fondo da foto non é significativo, o caso está máis claro aínda. As características dun abruño son as mesmas nese monte que posiblemente en toda a súa área de distribución, polo tanto, eu penso que non ten sentido eliminala, o único que se consegue con iso é empobrecer o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 07:08 (UTC)
Ola @Elisardojm e @Estevoaei. Vaia, cando a retirei non repara demasiado niso que comentas Elisardo (simplemente, centreime en incluír imaxes informativas do parque). De todos modos, creo que é mellor retirala: explícome. Se non houbese fotos abondo para o parque, non lle vería moito problema en mantela. Mais, rebusquei e conseguín un número razoable de fotos que creo que o caracterizan, polo menos de todos os seus hábitats de interese. Logo, os abruños non son unha especie de interese de conservación do parque [podédelo comprobar buscando a info do Macizo Central (Código ZEC ES1130002)]. E, por último, agora non sei dicir onde, pero isto creo que se comentara nalgunhas conversas e foise decidindo de non incluír imaxes cando non pertenzan ao espazo natural (IMHO, p.ex. córrese o risco de incluír imaxes doutra subespecie ou incluso especie do mesmo xénero por identificala só cunha fotografía). Imos falando :) Mgl.branco (conversa) 29 de maio de 2020 ás 11:14 (UTC)
Ben, se hai fotos abondo para ilustrar o artigo é posible que non faga falta, veremos como queda. Conversas sobre este tema houbo varias e ó final a cousa non está clara polo que penso que debemos usar o sentido común. Se é preciso poñer unha foto dunha especie nun artigo pódese poñer, esa especie vai ser igual nese monte que no monte do lado. Se é unha subespecie, na maioría dos casos, hai que ser moi espelido para diferenciala, polo tanto debemos seguir usando o sentido común, se se ven iguais (se se identifica que a especie é a que debe ser, claro) e o fondo da imaxe cadra co hábitat do lugar, entendo que non hai maior problema en usala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 13:20 (UTC)

Re:FradesEditar

Ola. Estiven mirando agora a páxina e non sei se o podo explicar ben. A ver. Eu só pretendís actualizar o dato na gráfica de demografía para igualalo coa táboa, pero tiven que atender a outro asunto e tardei en actualizar a páxina un par de minutos. Nese intre debiches ti facer esa edición, de tal xeito que ao actualizar eu, borrouse o teu. Eu é a única explicación que lle atopo porque no historial aparecemos os dous cun minuto de diferenza. Lamento as molestias e xa che digo que a reversión foi involuntaria. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 20 de agosto de 2020 ás 09:12 (UTC)

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembroEditar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Fotos de placas altimétricasEditar

Boas, mira, atopei que fixeches varias fotos de casas de concello da provincia da Coruña, como agora xa temos foto de todas esas casas, agora estamos buscando fotos das placas altimétricas :) Fixen a páxina Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia da Coruña, se che cadra de pasar por algún deses concellos, e che apetece facerlle unha foto á placa para aumentar a galería, xenial, se non, pois tamén :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2020 ás 22:58 (UTC)

  1. Ola @Elisardojm, por suposto, hei mirar de me acordar cando ande coa cámara! De feito estou subindo á commons moitas fotos que teño gardadas no "caixón de xastre" e igual aínda teño algunha. Por cousas do choio etc, ando bastante e miro de levar a cámara comigo :) Mgl.branco (conversa) 17 de setembro de 2020 ás 18:25 (UTC)
Xenial! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2020 ás 20:19 (UTC)