Abrir o menú principal

O Condado de Carnota (en latín, Commisso de Carnota) foi a forma de organización territorial medieval (cando menos desde o século X ata o XIV) do territorio situado entre os ríos Tambre e Xallas, que abranguía os actuais concellos de Carnota, Muros, Outes e boa parte de Mazaricos. A súa sede administrativa situábase no Castelo de San Xurxo, situado no Monte Pindo, mentres que a nivel relixioso dependía do arciprestado de Entins.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.