Coloeus dauuricus

especie de córvido

Coloeus dauuricus é unha especie de ave paseriformes da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.

Coloeus dauuricus
Gralla dáurica

Grupo de adultos en Pequín
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Coloeus
Especie: C. dauuricus
Nome binomial
Coloeus dauuricus
(Pallas, 1776)
Área de distribución mundial de Coloeus dauuricus.
Área de distribución mundial de Coloeus dauuricus.

Área de distribución mundial de Coloeus dauuricus.
Sinonimia
  • Corvus dauuricus Pallas, 1776 [2][3]
Coloeus daauricus. Lámina na obra de Coenraad Jacob Temminck e Hermann Schlegel Fauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións de Philipp Franz von Siebold (que editou o texto).
Ovos de Coloeus dauuricus.

Propia do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China), está estreitamente relacionada coa outra especie do xénero, a gralla cereixeira (Coloeus monedula).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas.[2][3]

Nota taxonómica editar

Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[4][5][6]

Etimoloxía editar

Para o xénero, véxase Coloeus

O epíteto específico, dauuricus, alude á antiga rexión na do imperio Ruso Dauria (en ruso Даурия, Dauriya), nome derivado do etnónimo dos nativos, os daures, e hoxe chamada Transbaikalia (en ruso Забайкалье, Zabaikalie), que é como se coñece á rexión montañosa localizada 'ao leste de', ou 'máis alá de' (trans) o lago Baikal.[7]

Distribución e hábitat editar

Distribúese polo sueste de Siberia, o sur de Mongolia e gran parte da China. No norte da súa área de distribución migra cara ao sur durante o inverno. Esta ave é unha rara visitante durante o inverno en Corea e o Xapón, e unha vagabunda en Taiwán. Ademais, hai rexistros de avistamentos en Europa Occidental.

Habita en bosques abertos, vales fluviais, e montes e montañas.

Comportamento editar

É unha especie sociábel que se encontra frecuentemente en grupos, en asociación con outros córvidos.

Alimentación editar

Aliméntase de sementes, insectos, froitos, ovos e preas.

Outras grallas editar

A outra especie do xénero Coloeus é Coloeus monedula, a gralla cereixeirea, de ampla distribución, desde o Norte de África até Siberia occidental, pasando por case toda Europa, Irán e o noroeste da India. Ambas as grallas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus.

Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[8]

Notas editar

  1. BirdLife International (2016): Corvus dauuricus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1.
  2. 2,0 2,1 Corvus dauuricus Pallas, 1776 no GBIF.
  3. 3,0 3,1 Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) no ITIS.
  4. Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (3): 840–862. PMID 17920300. doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016. 
  5. Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-67-2. 
  6. Gill, F.; Donsker, D. (eds.). "Crows, mudnesters & birds-of-paradise". IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015. 
  7. daurian jackdaw en Yourdictionary.
  8. Penas Patiño et al. 1991, p. 284.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar