Colección Benito Soto
A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.
Colección Benito Soto | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1948 |
Fundador(es) | Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres |
Nomeado en referencia a | Benito Soto |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O proxecto
editarNaceu como proxecto para editar os libros de poesía deses autores, convidando aos seus coñecidos a facer o mesmo, tanto en lingua galega como en castelán.
Álvarez Negreira era o máis novo do grupo, pero o que tiña maior entusiasmo, polo que foi designado director nun inicio. As obras imprimíanse en Gráficas Torres, a imprenta do pai de Sabino Torres, polo que foi nomeado editor. As dúas primeiras publicacións editáronse a comezos de 1949: Madrigal, do propio Álvarez Negreira, e Fabulario novo, de Cuña Novás. Entón pediron a colaboración de Celso Emilio Ferreiro, nese momento un poeta xa consagrado que participaba na vida intelectual pontevedresa. Trala súa chegada, Sabino Torres (en certa medida o mecenas do grupo), designouno director, pasando Álvarez Negreira á secretaría. Con todo, a efectos reais seguiu facendo as funcións de dirección, poñéndose en contacto cos autores e seleccionando os textos.
Libros editados
editar- Madrigal (Emilio Álvarez Negreira, 1948)
- Como el río (Sabino Torres, 1948)
- Poemas de ti e de min (Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, 1949)
- Musa Alemá (Celso Emilio Ferreiro en colaboración con Antonio Blanco Freijeiro, 1949)
- Triscos (Luís Pimentel, 1950)
- Muiñeiro de brétemas (Manuel María, 1950)
- Fabulario novo (Manuel Cuña Novás, 1952)
- Dona do corpo delgado (Álvaro Cunqueiro, 1950)
- Gárgolas (Tomás Barros, 1950)
- Anxo de terra (Ricardo Carballo Calero, 1950)
- Cantos de cotovía (Eliseo Alonso, 1950)
- El dios de los precipicios (José Ruibal Argibay, 1950)
- Cantigas da noite moza (Augusto Casas, 1950)
- Follas de un arbre senlleiro (Manuel Fabeiro, 1951)
- As canciós d'ise amor que se diz olvido (Juan Pérez Creus, 1951)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fernández pérez-Sanjulián, Carme (dir.) (2014- ). "Edición en Galiza durante a etapa franquista". Universidade da Coruña. ISSN 2605-4116. Consultado o 22/9/2018.
- "A RAG lembra en Pontevedra a primeira colección que publicou en galego tras a guerra civil" 24/11/2019.